Selección

Historia da selección

Selección Galega en 2012

Selección Galega en 2012

A nosa Selección ten unha pequena historia de esforzos e méritos. A historia comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día, rodeados de eucaliptos e fieitos entre os cales aínda debe estar algún dos balóns, debutou a Selección Galega Masculina cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña por 5-08 (23) a 3-08 (17).

Este primeiro partido e a festa posteriores labraron unha boa amizade cos compañeiros bretóns que derivou ao verán seguinte na visita galega á Bretaña. A ocasión que deseñaron os de Breizh non puido ser mellor: partido o 11 de agosto de 2013 no Stade de Kerolay dentro dos eventos do Festival Intercéltico de Lorient, un dos máis prestixiosos do planeta no seu eido. Tomaron vinganza dos galegos cun resultado de 3-12 (21) a 1-8 (11) mais a experiencia foi única dende o punto de vista deportivo e tamén humano.

No 2014 a Selección Galega non quixo perder a súa rutina e, ao non concretarse partidos no estranxeiro, a AGFG organizou dúas xornadas de fútbol gaélico no noso país. En ambas as dúas houbo por fin competición masculina e tamén feminina. O debut das galegas non puido ser mellor cunha brillante vitoria fronte a Madrid por 13-18 (57) a 2-06 (12) no campo da Baiuca da Estrada o 9 de agosto do 2014. Os homes non desmereceron e tamén gañaron por 11-11 (44) a 2-13 (19).

Aparecía en escena nesas datas Jerry Holmes, un irlandés que traía baixo o brazo un proxecto de tres meses co que desenvolver a Liga Galega e que, polas voltas do destino, hoxe en día prolongou a súa estadía e é o adestrador feminino da Selección Galega. Da súa man chegaron a Galicia o 4 de outubro de 2014 dous combinados de xogadores irlandeses representando ao seu país que, diante de numerosos siareiros no Monte da Vila do Grove, gañaron non sen dificultades aos equipos galegos. As irlandesas gañaron 3-22 (31) a 2-08 (14) mentres que os seus compatriotas tiveron que remontar en varias ocasións para imporse finalmente por un axustado 3-21 (30) a 5-10 (25).

Xogos mundiais de 2015: Abu Dhabi

Selección Galega 2ª en Abu Dhabi

Selección Galega 2ª en Abu Dhabi

Grazas a esta historia persoal e deportiva, a Selección acadou o dereito a unha praza na primeira edición dos 2015 GAA World Games Abu Dabi, os primeiros Campionatos Mundiais de fútbol gaélico cos que a Gaelic Athletic Association recoñecía a recente expansión fóra da Irlanda deste deporte nacido nese país no século XIX. A participación galega foi excepcional.

Na competición masculina a Selección rematou subcampiona cos seguintes resultados:

  • Fase de grupos: Galicia 2-4(10) // Sudáfrica 1-2 (5)
  • Fase de grupos: Galicia 1-3 (6) // Arxentina 1-7 (10)
  • Fase de grupos: Galicia 4-6 (18) // Oriente Medio 0-0 (0)
  • Semifinal: Galicia 2-6 (12) // Sudáfrica 0-5 (5)
  • Final: Galicia 0-4 (4) // Arxentina 1-4 (7)

Na competición feminina a Selección Galega foi terceira tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia 2-3 (9) // Sudáfrica 0-2 (2)
  • Fase de grupos: Galicia 0-0 (0) // Canadá 2-6 (12)
  • Fase de grupos: Galicia 1-1 (4) // Oriente Medio 2-3 (9)
  • Semifinal: Galicia 1-4 (7) // Oriente Medio 3-6 (15)

Xogos mundiais 2016: Irlanda

Selección feminina en Irlanda

Selección feminina en Irlanda

Os combinados galegos xogaron outros amigábeis de novo en Bretaña o 16 de agosto deste 2015 co gallo da I Copa Intercéltica e do Festival Celta de Lorient. As mulleres perderon por 3-10 (19) a 0-9 (9) mais os rapaces gañaron aos bretóns por 0-13 (13) a 3-09 (18).

Na competición masculina a Selección rematou terceira (Plate) cos seguintes resultados:

  • Primeira fase: Galicia 4-05 (17) / 0-03 (3) Bretaña
    Primeira fase: Galicia 1-03 (6) / 1-03 (6) Sudáfrica
    Primeira fase: Galicia 0-02 (2) / 0-06 (6) Nova York
    Segunda fase: Galicia 4-05 (17) / 0-00 (0) Alemania
    Segunda fase: Galicia 2-04 (10) / 0-02 (2) Argentina
    Segunda fase: Galicia 1-04 (7) / 0-09 (9) Francia
    Plate: Galicia (24) / (1) China
    Plate: Galicia (13) / (10) Chicago
    Plate: Galicia (23) / (5) San Francisco

Na competición feminina a Selección Galega foi quinta (Shield) tras os seguintes encontros:

  • Primeira fase: Galicia 5-07 (22) / 0-00 (0) Europa 2
    Primeira fase: Galicia 1-00 (3) / 0-10 (10) Canadá
    Primeira fase: Galicia 1-02 (5) / 1-04 (7) Nova York
    Segunda liguilla: Galicia 4-07 (19) / 0-00 (0) Europa 2
    Segunda liguilla: Galicia 2-01 (7) / 2-02 (8) Francia
    Segunda liguilla: Galicia 1-04 (7) / 0-01 (1) Sudáfrica
    Final Shield: Galicia 3-03 (12) / 2-05 (11) Francia

Obxectivo 2018/19

Santi e Pablo

Tras os éxitos colleitados en Irlanda, os seleccionadores femininos, Jerry Holmes e Carlos Torres, presentaron a súa renuncia a continuar no seu posto, por incompatibilidades cos seus traballos. O novo corpo técnico estaría formado por un Pablo da Silva e Santi Rodríguez, adestradores dos combinados femininos de Estrela Vermelha e Herdeiras de Dhais, respectivamente. Eles dous máis o adestrador masculino, Alexandre Sanmartín “Jano”, iniciarían a preparación dunha hipotética competición europea, a modo de Eurocopa, para o verán do 2018, e en todo caso, a preparación dos próximos Xogos Mundiais de 2019.

A primeira parada foi un dobre amigableo 18 de marzo de 2017 contra Francia, actual subcampiona masculina, e que se impuxo a ambos combinados galegos no anterior Mundial. Tratariase dun partido histórico para o fútbol gaélico mundial, non só pola entidade de ambos conxuntos, senón por tratarse do primeiro partido de fútbol gaélico televisado en directo (TVG2) fóra de terras irlandesas. O emociante partido feminino acabou nun empate total, 5-13 (28) a 5-13 (28), mentres que os galegos, nunha tarde nefasta onde todo saiu mal, caeron por 2-11 (17) a 7-29 (50).