Quen somos?
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal nos garante de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Que é o que facemos?
O traballo que realizamos resúmese nos puntos seguintes:
- Organización anual das competicións galegas de fútbol gaélico (Liga, Copa, etc.), tanto en modalidade feminina como masculina.
- Xestión da Selección Galega de Fútbol Gaélico, tanto feminina como masculina. Ambas seleccións participaron e acadaron posicións de podio nos I e II Xogos Mundiais Gaélicos, nos anos 2015 (Abu Dhabi) e 2016 (Dublín) respectivamente.
- Organización de eventos deportivos asociados ao fútbol gaélico e outros formatos de competición: eventos de difusión do deporte, formación continua de adestradores, árbitros, etc.
- Promoción do deporte en Galicia en varios estratos: impartición de actividades formativas de base, promoción do deporte feminino e difusión dos valores deportivos.
Que é o fútbol gaélico?
Date unha volta por esta páxina e explicámosche todo!
Descubre aos nosos clubes
Amosámosche un mapa do fútbol gaélico galego.
Non existe un na túa comarca? Pois crea un ti mesmo! É moi sinxelo, explicámosche todo aquí.
Corpo de goberno
Xunta directiva
- Presidente: Ángel Negrete Tuñas
- Secretaria: María Victoria Benavides Rodríguez
- Tesoureiro: David Fernández Lago
Comités
- Comunicación: Miguel Ángel Otero Soliño
- Competición: María Victoria Benavides Rodríguez
- Arbitraxe: Pablo Miragaya Lopez
- Adestradores: Pablo Da Silva Rocha
- Seleccións Galegas: Alexandre Sanmartín Costa
- Deporte base: David Fernández Lago
- Football Officer: Marcos Gañete Picáns