Galicia – Francia

O próximo día 18 de marzo de 2017 terá lugar en Ourense o amigable entre as seleccións galega e francesa de fútbol gaélico. Será un dobre enfrontamento entre as seleccións masculinas e femininas.

Atoparás toda a información no seguinte dossier (versión galega / versión fancesa).

 

Introdución

O crecemento do número de equipos e clubes que practican o deporte rei irlandés, en conxunto co alto nivel dos seus xogadores e xogadoras fixo posible a creación da Selección Galega de Fútbol Gaélico a cal representa a nosa comunidade fora dela.

En agosto de 2016, os nosos seleccionados desprazáronse ata Dublín para disputar os segundos Xogos Mundiais dos deportes gaélicos. Por segundo ano consecutivo, Galicia estaba representada a nivel mundial, competindo contra seleccións cuxas ligas nacionais levan máis de 50 anos de historia.

Precisamente neses pasados Xogos Mundiais a nosa selección enfrontouse a Selección Francesa. Encontros nos que quedou demostrado o gran nivel que ambas seleccións posúen.

 

Os nosos

Actualmente os seleccionadores galegos, Alexandre Sanmartín “Jano” -masculina-, Santiago Rodríguez e Pablo da Silva -feminina- publicaron unha lista de 24 rapaces e 34 rapazas. Desa pre-convocatoria saíron as 32 rapazas e rapaces que disputarán o encontro do próximo 18 de marzo.

¿Queres saber máis da historia da nosa selección?


 

O rival

A selección francesa é un dos combinados máis potentes no ámbito das seleccións nacionais a nivel mundial. Este feito quedou demostrado nos pasados Xogos Mundiais celebrados en Irlanda en 2016, especialmente no caso masculino xa que acadaron o subcampionato. Acadaron o pase á final no derradeiro partido da segunda fase, precisamente ante o combinado galego, rematando por un axustado 7-9, polo que este partido terá certo sabor de revancha para os nosos.

O encontro feminino tampouco estará exento de morbo. Logo de caer eliminadas por pouco na primeira fase do Mundial, ambas accederían ao denominado campionato Shield, que decidiría o 5º posto do Mundial. Tanto Galicia como Francia lograron abrise camiño ata a final, onde as nosas se impuxeron por un tamén axustado 12-11.

O 18 de marzo espéranse dous partidos de alto nivel competitivo entre dúas das mellores seleccións nacionais do mundo que se coñecen moi ben.

 

O campo

Os partidos desputaranse no Campo de Rugby da Universidade de Ourense (Campus As Lagoas, 32004, Ourense).

Situado na saída sur da cidade das Burgas, e empregado habitualmente para a práctica de fútbol e rugby, neste campo tamén é habitual ver fútbol gaélico, xa que é o lugar de adestramento do equipo da cidade, o Auriense F.G., onde tamén desputan os seus partidos como locais. Cunha base de céspede artificial, conta cun tamaño de 95m x 65m.

Os partidos terán lugar o sábado 18 de marzo a partir das 17h da tarde.

 

Terceiro tempo

A cea terá lugar na Asociación Aixiña (Rúa Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense). Logo da cea continuarase a festa por diversos locais da cidade. Contamos cun servizo de bus que nos trasladará dende a residencia Universitaria ata Aixiña e logo traerános de volta a zona de festa.

O Aloxamento para todos os que desexen pernoctar en Ourense (previa solicitude) será na Residencia Universitaria As Burgas, no mesmo Campus Universitario de As Lagoas; Avenida Alfonso Rodriguez Castelao 26, 32004 Ourense.

 

Horarios

 

Organización

A organización do evento corre a cargo da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, así como o clube Auriense F.G. como anfitrión. Agardamos que entre todas as persoas participantes fagamos deste día a gran festa do Fútbol Gaélico onde estean presentes a deportividade, o compañeirismo e os valores deste marabilloso deporte.

Grazas pola vosa asistencia e unha aperta da familia do Auriense F.G. e do fútbol gaélico galego.

Poderedes descargar un pequeno dossier ca información anteriomente comentada, tanto en galego coma francés:

 

 

Que din os protagonistas?

Os protagonistas falan: impresións e reflexións dos xogadores e corpo técnico:

 

Retransmisión en directo e fotos

Non podes asistir ao partido? Non te preocupes! Poderás seguilo en directo a través da TVG2, na televisión ou a través da súa web:

http://www.crtvg.es/deportes/directo/

Para aqueles que non o puideron ver, poderedes ver o partido na plataforma online da TVG:

Podedes ver as fotos do evento na seguinte galería:

Galería de fotos

Prensa

Artigos pre-partido

Artigos post-partido

IMG_6738