Os World Games 2023 terán lugar durante os días 24 e 28 de xullo de 2023 en Derry, Irlanda. Cuarta edición tralas de 2015 (Abu Dhabi, Emirator Árabes), 2016 (Dublín, Irlanda) e 2019 (Waterford, Irlanda) e máis grande ata a data, con ata 100 equipos e 2000 xogadores repartidos en varias categorías e códigos (fútbol, hurling, etc.).
A competición
As nosas seleccións competirán da 1ª división da categoría internacional. Tras unha fase de grupos todos contra todos, a competición dividirase en 3 fase fináis: a fase final Cup (a loita polo título), a fase final Shield (fase de consolación 1) e a fase final Plate (fase de consolación 2).
Podes seguir os resultados en directo a través dos seguintes enlaces:
Resultados competición feminina internacional
Resultados competición masculina internacional
Retransmitiresmos algúns dos partidos que xoguen as nosas seleccións vía a nosa canle de Youtube. Estate atento ás nosas redes sociáis.
Convcatorias
A nosa selección competirá con 4 equipos nesta edición do mundial: dúas seleccións femiinas e dúas masculinas. Ambas seleccións foron encadradas na primeira división da categoría Internacional, o cal fala moi ben do potencial do fútbol gaélico galego.
As persoas que defenderan as nosas cores están compostas por:
Selección Feminina: Laura Nercellas (Herdeiras de Dhais), Antía Iglesias (Independiente FC), Silvia Alvarez (Turonia GFG), Rocio Aldrey (Estrela Vermelha), Loreto Alonso (Estrela Vermelha), Claudia Piñeiro (Herdeiras de Dhais), Jenny Gonzalez (Fillas de Breogán), Elba Baldomir (Estrela Vermelha), María Silveira (Estrela Vermelha), Eva Lago (Fillas de Breogán), Olalla Alonso (Independiente FC), Sara Sanchez (Turonia GFG), Antonella Larrascq (Turonia GFG), Vanesa Puente (Fillas de Breogán), Athenia Alvarez (París GAA), María Lourdes Rey (Estrela Vermelha), Leticia Zapata (Fillas de Breogán), Laura Gutierrez (Estrela Vermelha), Alba Rodriguez (Auriense), Anxela Estevez (Estrela Vermelha), Iria Labandeira (Auriense), Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha), Carme Reboreda (Dublín GAA), Lucía Mella (Estrela Vermelha), Raquel Gómez (Turonia GFG), Alba Fontán (Fillas de Breogán).
Selección Masculina: Dani Conde (Herdeiros de Dhais), Julio Docampo (Keltoi GAC), Santi Rodriguez (Herdeiros de Dhais), Gabor Pazos (Estrela Vermelha), David de la Torre (Estrela Vermelha), Bruno Lopez (Fillos de Breogán), Javier Cagiao (Fillos de Breogán), David Varela (Keltoi GAC), Andres Novoa (Auriense), Borja González (Keltoi GAC), Diego Rama (Estrela Vermelha), Adriano Quiroga (Estrela Vermelha), Tomás Lagoa (Estrela Vermelha), Pablo Bermejo (Keltoi GAC), Joaquim Fabrés (Auriense), Daniel Santalla (Herdeiros de Dhais), Pablo Mascareñas (Estrela Vermeha), Adrian Rey (Irmandinhos), Iago Couso (Estrela Vermelha), Adrian Ambrosio (Keltoi GAC), Alexandre Louzao (Keltoi GAC), David Dios (Keltoi GAC), Sergio Serantes (Fillos de Breogán), Millan Brea (Auriense), Lucas Vazquez (Auriense), Ismael Pereira (Keltoi GAC).
Staff técnico: Pablo da Silva, Alexandre Sanmartin, Alberto Mendez, Juan Larrasq
A sede
O campionato celebrarse principalmente nas instalacións do Derry Centre of Excellence, en Owenbeg, ás aforas de Derry City. Trátanse dunha instalacións deportivas de alto nivel, empregadas habitualmente polo equipo do condado de Derry. Durante as xornadas do luns ao xoves echeránse de acción gaélica.
As fináis das Cup (máximas categorías) terán lugar o venres 28 no Celtic Park de Derry City.