Queres probar o fútbol gaélico e non sabes moi ben como facer? Tranquilo, nós botámoste un cable!
Monta o teu propio clube ou sección!
Montar un clube de fútbol gaélico non é complexo. Nesta páxina explicámosche todo o que tes que facer paso a paso, que podemos resumir en:
- Xuntar ás persoas interesadas e comezar a adestrar
- Dar de alta o clube na Administración
- Poñerse a xogar!
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico ofrece o seu apoio para arrincar o proxecto dun equipo masculino, feminino ou ambos! Podedes porvos en contacto con nós a través do correo comite.galego@gaelicogalego.gal, deixando un contacto de email e/ou de teléfono, e poderemos botar unha man en:
- Tutela e formación inicial cun adestramento semanal durante 8-12 semanas (o interesado deberá xestionar ou buscar un lugar medianamente apto para o adestramento, que en último caso pode ser un parque, etc.).
- Divulgación do proxecto nas nosas redes sociais.
- Organización e invitación para un ou varios torneos e/ou partidos amigables para favorecer a mellora técnica do novo equipo e a consolidación da sección para a súa incorporación á Liga Galega de Fútbol Gaélico.
Coñece ós nosos clubes
Podes porte en contanto cun dos nosos clubes: estarán encantados de que te achegues por algún dos seus adestramentos!