O sábado 25 de febreiro 2023 terá lugar en Lalín a primeira edición da Celtic Cup. Este torneo nace coa intención de seguir ampliando a proxección internacional do fútbol gaélico galego, ademáis de servir como torneo preparatorio para o gran evento do 2023 a nivel de seleccións: os World Games que se terán lugar en Irlanda en xullo.

Convocatorias

Estes serán os xogadores que defenderán as cores da selección galega neste torneo:

Os riváis

Kilmacud Crokes (Intermediate team)

A selección feminina enfrontarase a un equipo que xa é un clásico dos torneos de fútbol gaélico en Galicia. O club foi fundado en 1959 no sur de Dublín. Trátase do club con mais xogadoras/es de Irlanda, contando con 140 equipos e 5700 xogadoras/es e membros. Nesta ocasión visítanos o seu equipo feminino Intermediate, que viría a ser como o segundo equipo ou equipo B, do club. Dende logo trátase dun nivelazo que poderán gozar as e os seareiros a este deporte o vindeiro sábado.

Convocatoria:

  • Ann-Marie Cahill
  • Alexandra Roe
  • Emer Crowley
  • Simone Cotter
  • Alanah Jones
  • Sally Neavyn
  • Ava Clancy
  • Niamh Maria Walsh
  • Kate Ohogan
  • Kate Mary Byrne

Madrid Harps

A selección masculina xogará pola súa banda un triangular. O primeiro rival son uns vellos coñecidos: os Madrid Harps. Trátase do club máis laureado da rexión Ibérica. Foi fundado en 2003, e o seu equipo gañou 10 dos últimos 15 campionatos Ibéricos e son os actuais campións dos Pan-Euros, o que ven sendo algo así como a Champions League do fútbol gaélico. O equipo está composto por maioría de irlandeses aínda que tamén conta con algún xogador local, tamén dos USA e de Arxentina.

Convocatoria:

  • Barry Cullen
  • Billy Breathnach
  • Brian Farrell
  • Ciaran Fleming
  • Conor McBrearty
  • Fergus Earley
  • Jack Tully
  • Javier Vicente
  • Niall McDermott
  • Oisin King
  • Patrick OBrien
  • Sam Jones
  • Sean Cosgrave
  • Sean Egan
  • Stephen Slattery
  • Simon Harkins

C.L.G. Ghleann Fhinne

Segundo rival da selección masculina. O club fundado no centro do Condado de Donegal en 1975. Aínda que sexa un equipo do rural compite no máximo nivel do seu condado e enfrentarse a menudo con auténticas estrelas do fútbol Gaélico. Nesta zona e onde mellor se preservou o idioma gaélico e onde, actualmente, mais se fala, identificándose a esta zona de forma popular como un “Gaeltacht”. O equipo que nos visita ten varias peculiaridades, entre elas, a que moitos dos seus membros pertencen a unha mesma familia. Isto da unha idea da importancia dos clubs de fútbol gaélico e a función comunitaria que realizan.

Convocatoria:

  • Adam Marley
  • David Carr
  • Darren Marley
  • Jack Marley
  • Jason Marley
  • Kaine McGlynn
  • Niall Doherty
  • Niall McMenamin Campbell
  • Odhrán McGlynn
  • Ronan Carlin
  • Shaun Marley

O campo

Os partidos desputaranse nas renovadas instalacións do Estadio Municipal Manuel Anxo Cortizo (Av. dos Olmos, 2, 36515 Lalín, Pontevedra).

Situado na entrada centro da capital do Deza, é empregado habitualmente para a práctica de fútbol e rugby, neste campo tamén é habitual ver fútbol gaélico, xa que é o lugar de adestramento do equipo da cidade, os Herdeirxs de Dhais, onde tamén desputan os seus partidos como locais. Cunha base de céspede artificial, conta cun tamaño de 100m x 70m.

Horarios

Os partidos terán lugar o sábado 25 de febreiro a partir das 17h da tarde:

  • 16:00: Apertura de portas
  • 17:00: Selección galega feminina VS Kilmacud Crokes (30’/parte)
  • 18:30: Madrid Harps VS C.L.G. Ghleann Fhinne (15’/parte)
  • 19:20: Selección galega masculina VS Madrid Harps (15’/parte)
  • 20:10: Selección galega masculina VS C.L.G. Ghleann Fhinne (15’/parte)
  • 21:00: Entrega de trofeos

Resultados

Partido feminino

Selección galega 3-13 (22) – 4-13 (25) Kilmacud Crokes

Triangular masculino

Madrid Harps 2-03 (9) – 3-08 (17) C.L.G. Ghleann Fhinne

Selección galega 4-08 (20) – 0-08 (8) Madrid Harps

Selección galega 1-06 (9) – 2-11 (14) C.L.G. Ghleann Fhinne

  1. C.L.G. Ghleann Fhinne (4pts)
  2. Selección galega (2pts)
  3. Madrid Harps (0pts)

Retransmisión

Podes revivir a retransmisión do partido no seguinte enlace:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/futbol-gaelico-celtic-cup-6021362

Patrocinadores e colaboradores

Este evento non sería posible sen a axuda dos nosos patrocinadores e colaboradores.

Organiza

Colabora

Patrocina