Click here for English version

Inicialmente previstos para xuño de 2020, a terceira edición dos Euro Gaelic Games celebrarase durante os días 15 e 16 de xullo de 2022 nas localidades de Pontevedra e Poio. Recollendo a antorcha de Lorient 2018, e logo de ser pospostos durante dous anos por mor da pandemia da COVID-19, Galicia volve ao fútbol gaélico de máximo nivel.

A sede

Debido ao alto interese de participación no torneo, con case 25 equipos inscritos, o campionato desputarase en dobre sede Pontevedra-Poio, concretamente nas instalacións de A Xunqueira, Monteporreiro e A Seca. Ambas instalacións contan con ata tres campos de herba sintética de última xeración recén renovados e con suficiente aforo para acoller ás 400 persoas estimadas que participarán participantes do torneo.

A Xunqueira (Manuel Barreiro) – Pontevedra

Monteporreiro – Pontevedra

A Seca – Poio

Formato de competición

O formato de competición decidido polo Comité Europeo para esta edición dos Euro Gaelic Games difire en modalidade masculina e feminina, debido ao número de equipos inscritos.

En mulleres, os equipos estarán inicialmente divididos en dous grupos de 5 equipos. Os mellores equipos avanzarán cara a fase final “Cup”, mentres que os que queden relegados farano á fase final “Shield” e “Plate” (fases de consolación).

En homes, a competición está composta en dous nivéis diferenzados: Championship (orientada aos equipos máis competitivos e de máximo nivel), e Development (para aqueles equipos menos potentes ou que queiran presentar xogadores actualmente en desenvolvemento). Ambas evolucionarán a unha fase final e “Cup” e “Shield”, similar á competición feminina.

Horarios e resultados

Con ata 25 equipos participantes, esta terceira edición do Europeo de seleccións é a máis grande ata a data.

Podes consultar os horarios por competición e campo pinchando aquí.

Participantes

Os nosos

Aos mandos da nosa selección repiten Pablo da Silva -feminina- e Alexandre Sanmartín “Jano” -masculina-, que se atopan en fase de preparación cos pre-seleccionados. Galicia contará con catro equipos: dous en Championship e dous Development (masculino e feminino), que estarán compostos con ata 15 seleccionados cada un.

Lista de convocados das seleccións galegas

¿Queres saber máis da historia da nosa selección?

Máis información

Canal Youtube (live stream)

Icon
Euro 22 Competition Charter

Competition rules.

Icon
Euro 22 Dossier

Complete Euro 2022 dossier.