As Seleccións Galegas de Fútbol Gaélico poñen rumbo á Haia

  • Galicia foi convidada por segundo ano consecutivo ao torneo internacional Gaelic Football Invitational Tournament.
  • Os combinados masculino e feminino competirán con equipos chegados de Irlanda, concretamente de Dublín e de Galway, aos que se suman os anfitrións do Den Haag de Países Baixos.

As Seleccións Galegas masculina e a feminina de fútbol gaélico participan esta fin de semana no torneo internacional da Haia ao que Galicia foi convidada por segundo ano consecutivo. A cita é o vindeiro sábado 2 de marzo na citada cidade de Países Baixos. A expedición galega, conformada por preto de 30 persoas, viaxa o venres.

O Gaelic Football Invitational Tournament leva disputadas xa 16 edicións. Na de 2023 e nesta de 2024 a organización contou coas Seleccións Galegas masculina e feminina que viaxan da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O Den Haag da Haia é o equipo anfitrión, de feito ese é o nome da cidade en neerlandés. A competición terá lugar na cancha do Zuider Park e na do WRC Te Werve. Na primeira dispútanse os partidos femininos e na segunda os masculinos.

O ano pasado a Selección Galega masculina foi o equipo revelación do torneo, chegando incluso a disputar a final, na que non remataron por alzar o trofeo. O equipo feminino de Galicia non correu a mesma sorte e quedou fóra da final. Ambos os dous conxuntos acudían daquela ao torneo pensando nel como unha preparación de cara ao Mundial. “Deportivamente a nosa participación en 2023 foi un éxito”, indica Ángel Negrete, presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico.

Once equipos participan na Gaelic Football Invitational Tournament 

A lista de equipos participantes neste 16.º Gaelic Football Invitational Tournament ascende a 11 é a seguinte:

Conxuntos femininos:

  • Den Haag (Haia, anfitrións)
  • Wanderers (Dublín)
  • Erin’s Isle (Dublín)
  • Mountbellew-Moylough (Galway)
  • Selección Galega (Galicia)

Conxuntos masculinos:

  • Den Haag A (Haia, anfitrións)
  • Den Haag B (Haia, anfitrións)
  • Glinsk (Galway)
  • Kilconly (Galway)
  • St. Brendan’s (Dublín)
  • Selección Galega (Galicia)

A convocatoria do técnico Pablo Da Silva, seleccionador da Irmandiña feminina que conta con Juan Larrasq como segundo adestrador, está composta por unha ducia de xogadoras de clubs como: Turonia GFG, Estrela Vermelha, Ourense Gaels e Dublin GAA.

Na lista hai deportistas de Ourense, Gondomar, Compostela e incluso unha xogadora orixinaria do Uruguai. Trátase de Silvia Rita Álvarez, do Turonia GFG de Gondomar. A singularidade aumenta ao coñecer que non é a única da familia que fai parte da convocatoria. A súa filla, Atonella Larrascq Álvarez, e o pai desta, Juan Larrascq (segundo adestrador), tamén defenderán a elástica de Galicia na Haia. 

O compostelán afincando en Lugo Alexandre Sanmartín é o adestrador da Selección Galega masculina e citou para este torneo internacional da Haia a 14 xogadores que achegan cinco clubs: Estrela Vermelha, Fillos de Breoán, Keltoi e Ourense Gaels. Hai xogadores de Lalín, Pontevea, Ourense, Compostela, A Coruña, Boqueixón, Vigo, Ponteareas e A Estrada. 

Horarios dos partidos

Os partidos na competición feminina contan con dous tempos de 12,5 minutos cada un. Ao final da competición tipo liga (todos contra todos), primeiras e segundas clasificadas disputarán a final do torneo.

LGFA – Zuider Park – Campo 5

HORAEQUIPO 1EQUIPO 2
9:00Den HaagWanderers
9:30Erin´s IsleMountbelew / Moylough
10:00GaliciaWanderers
10:30Mountbelew / MoyloughDen Haag
11:00GaliciaErin´s Isle
11:30Parada
12:00GaliciaMountbelew / Moylough
12:30Erin´s IsleWanderers
13:00Den HaagGalicia
13:30Mountbelew / MoyloughWanderers
14:00Erin´s IsleDen Haag
14:30Parada
15:001.º

A competición masculina organízase en dous grupos. No grupo A están: Den Haag A, Galicia e Kilconly; no grupo B está Den Haag B, Glinsk e St. Brendan´s. Xogarase unha liga de tres en cada grupo con partidos de dous tempos de 15 minutos cada un. 

Na parte final da competición os dous primeiros de grupo loitarán por acceder á final, mentres que os terceiros dirimirán quen queda coa 5.ª e 6.ª praza.

GAA – WRC Te Werve

HORAEQUIPO 1EQUIPO 2
9:00Den Haag AGalicia
9:40Den Haag BGlinsk
10:20GaliciaKilconly
11:00GlinskSt. Brendan´s 
11:40KilconlyDen Haag A
12:20Den Haag BSt. Brendan´s 
13:00Parada
13:403.º Grupo AGrupo A 2.º
14:201.º Grupo AGrupo B 2.º
15:001.º Grupo BGrupo A 2.º
15:40Parada
16:00Gañador semifinal 1Gañador semifinal 2

Convocatoria da Selección Galega feminina

Nome / Club / Procedencia 

  1. Silvia Rita Álvarez Álvarez / TURONIA GFG / Gondomar (orixinal Uruguai) 
  2. María Silveira Loureiro / ESTRELA VERMELHA / Compostela 
  3. Zara Álvarez Álvarez / TURONIA GFG / Gondomar 
  4. Uxía Otero Fernández / ESTRELA VERMELHA / Boqueixón 
  5. Ánxela María Estévez Salguero / ESTRELA VERMELHA / Compostela (orixinal Ourense)
  6. Laura Nercellas García / ESTRELA VERMELHA / Lalín 
  7. Carme Reboreda / DUBLIN GAA / Vigo (emigrada en Dublín) 
  8. Sara Sánchez / TURONIA GFG / Gondomar 
  9. Atonella Larrascq Álvarez / TURONIA GFG / Gondomar
  10. Alexandra Figueroa Vázquez / TURONIA GFG / Gondomar 
  11. Emma Rojas Amosa / ESTRELA VERMELHA / Boqueixón  
  12. Alba Rodríguez Fernández / OURENSE GAELS / Ourense 
  • Pablo Da Silva (seleccionador) Compostela (orixinario Goián)
  • Juan Larrasq (segundo seleccionador) Gondomar (orixinal Uruguai)

Convocatoria da Selección Galega masculina

Nome / Club / Procedencia 

  1. David de la Torre Domínguez / ESTRELA VERMELHA / Compostela 
  2. Daniel Conde Prieto / KELTOI / Lalín 
  3. Gábor Pazos Oltai / ESTRELA VERMELHA / Compostela (Pontevea) 
  4. Javier González Cagiao / FILLOS DE BREOGÁN / A Coruña 
  5. Pablo Mascareñas Pazos / ESTRELA VERMELHA / Compostela 
  6. Andrés Novoa Pérez / OURENSE GAELS / Ourense 
  7. Adrián Ambrosio Millos / KELTOI / Vigo 
  8. Víctor Martínez Domínguez / KELTOI / Vigo 
  9. Damián Castro Barreiro / ESTRELA VERMELHA / Boqueixón 
  10. Iago Couso Pazó / ESTRELA VERMELHA / Vigo 
  11. Iago Casales Argibay / KELTOI / Ponteareas
  12. Santiago Rodríguez Granja / KELTOI / Lalín 
  13. Adriano Quiroga Casiñeiro / ESTRELA VERMELHA / Compostela 
  14. Adrián Rey Paz / ESTRELA VERMELHA / A Estrada 
  • Alexandre Sanmartín (seleccionador) Compostela