A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) organizou o acto de presentación da tempada 2018/19 o pasado sábado 15 de setembro, que contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.
A Liga Galega masculina dará comezo o sábado 29 de abril. Pola súa parte, a Liga Galega feminina fará o propio o 27 de outubro. Ambas competicións prolongarase ata o 14 de abril, dando paso á Copa Galega e do Campionato Ibérico, que esta vez se disputará fóra de territorio galego, pendente da elección da sede.
Esta edición da Liga contará cun total de 21 equipos: 14 masculinos (máximo histórico) e 7 femininos.
No verán, a selección enfróntase ao seu maior reto ata agora: os III World Games, que se celebrarán no mes de xullo en Irlanda.
Crecen os proxectos de fútbol gaélico base en todo o territorio.
A xornada completouse cun torneo internacional de fútbol gaélico feminino, que contou coa presenza das actuais campioas de Europa a nivel de clubes, así como a da Concelleira de Deportes de Santiago de Compostela, Noa Morales.