Publicados os calendarios das diferentes divisións para a competición de Liga Galega de Fútbol Gaélico 2017/18. Esta tempada a competición feminina será de ida e volta, ca participación de 8 equipos femininos; a liga masculina, pola súa banda, conta con 11 equipos que desputarán unha única liga con ida normal e volta partida.
A liga dará comezo o 23 de setembro. Haberá un parón dende mediados de decembro ata principios de xaneiro por mor das vacacións de nadal.
Os equipos participantes deste ano son:
Liga feminina
- Fillas de Breogán
- Pontevedra
- Herdeiras de Dhais
- Irmandinhas
- Estrela Vermelha
- Auriense
- Ártabras
- Keltoi
Liga masculina
- Irmandinhos
- Fillos de Breogán
- Estrela Vermelha
- Herdeiros de Dhais
- Auriense
- Ártabros
- Dorna
- Keltoi
- Cambados
- Braithreachas
- Terras do Eume
A competición fica da seguinte forma:
- Liga feminina: 1a VOLTA FEM (mod)
- Liga masculina: 1a VOLTA MAS (mod)