Novo corpo técnico e pre-convocatorias

Arranca a era post-mundial de Irlanda

O pasado agosto, as nosas seleccións acudiron aos segundos GAA World Games, os xogos mundiais de deportes gaélicos. Estes tiveron lugar en Irlanda, a cuna do noso deporte, con motivo do centenario da independencia de dito país. Sete días moi intensos onde as nosas seleccións tiveron un papel destacado, acadando os títulos Shield e Plate nas categorías feminina e masculina, respectivamente. O cadro masculino quedaría ás portas de desputar a final do campionato nun ateigado Croke Park, o templo dos deportes gaélicos e un dos soños de calqueira deportista.

Tras o campionato, os seleccionadores femininos, Jerry Holmes e Carlos Torres, presentaron a súa renuncia a continuar no seu posto, por incompatibilidades cos seus traballos. A semana pasada, demos a coñecer nas redes sociais ao novo corpo técnico feminino, formada por un tándem que aporta frescura e novas ideas e que, de seguro, nos dará máis dunha alegría. Eles son Pablo da Silva e Santi Rodríguez, adestradores dos combinados femininos de Estrela Vermelha e Herdeiras de Dhais, respectivamente. Noraboa e benvidos a ambos!

Pre-convocatorias para o amigable contra Francia

O próximo 18 de marzo celebrarase en territorio galego un dobre amigable (masculino e feminino) contra a potente selección de Francia, que acadou o segundo posto no pasado mundial. A semana pasada o seleccionador masculino, Alexandre Sanmartín “Jano”, deu a coñecer a súa preconvocatoria. Pola súa parte, os novos seleccionadores femininos deron a súa primeira lista onte, ampla e con idea de probar a varias xogadoras. Durante o Nadal está previsto un primeiro adestramento de contacto. A partir de xaneiro, a idea está en facer como mínimo un adestramento semanal ata o xogo contra Francia.

As pre-convocatorias, abertas a novas incorporacións, son as seguintes: