Galicia-Francia: Horarios definitivos

Temos o pracer de anunciar os horarios definitivos para os partidos do vindeiro sábado 18 de marzo, Galicia-Francia! Ás 17h dará comezo o encontro feminino mentres que ás 18:30h,fará o propio o masculino. Os partidos terán lugar, como xa viñamos anunciando, nas instalacións do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A entrada será de balde.

Trátanse dun enfrontamento onde se verán a cara dúas das mellores seleccións do mundo, xa que no pasado mundial de Dublín, en agosto de 2016, a selección francesa masculina apeou a Galicia da final (2ª e 3ª respectivamente), mentres que a selección galega feminina superou a Francia na final Shield (5ª e 6ª respectivamente).

Así mesmo, queremos indicar que a Asociación Galega de Fútbol Gaélico acadou un acordo ca Televisión de Galicia, que emitirá o partido en directo, a través da súa canle TVG2.

Podedes consultar toda a información na seguinte páxina adicada ao evento:

http://gaelicogalego.gal/seleccion/galicia-francia/