II Celtic Cup
24 de febreiro de 2024, Campo de Rugby da Universidade, Ourense
O sintético da Universidade de Ourense albergou a segunda edición da Celtic Cup, un torneo no que participan como convidados equipos da patria do fútbol gaélico, Irlanda, e que aspira a converterse nun referente no eido europeo.
Dous equipos da contorna de Dublín visitaban a cidade das Burgas. Por unha banda St. Sylvesters, clube de Malahide fundado en 1903 e que viviu a súa época dourada nos noventa conquistando dúas edicións do All-Ireland de clubes, viaxaba con equipos Junior masculino e feminino. A maiores, o equipo feminino de Kilmacud Crokes, clube fundado en 1959 no sur de Dublín, e que ten a honra de ser o clube con máis xogadores/as de toda Irlanda (preto de 5700 entre xogadoras/es e membros), repite visita.
Maculino
- Galicia 3-21 (30) / 4-15 (27) St. Sylvesters
Convocatoria: David de la Torre, Adrián Rey, Ismael Mendez, Daniel Conde, Ismael Pereira, Pablo Bermejo, Borja González, Santiago Rodríguez, Adrián Ambrosio, Iago Couso, Adriano Quiroga, Javier González, Victor Santos, Andrés Novoa, Daniel Santalla, Daniel Vaamonde, Gábor Pazos, Pablo Mascareñas
Feminino
- Galicia 0-09 (9) / 1-07 (10) St. Sylvesters
- Galicia 1-05 (8) / 0-03 (3) Kilmacud Crokes
Convocatoria: Silvia Álvarez, Jenny González, Vanesa Puente, María Silveira, Ánxela Estévez, Eva Lago, Támara Mulaomanovic, Sara Sánchez, Laura Nercellas, Atonella Larrascq, Loreto Alonso, Leticia Zapata, Antía Iglesias, Alexandra Figueroa, Sara Lopez, Lourdes Rey, Emma Rojas
Hague International Tournament
2 de marzo de 2024, Zuider Park e WRC Te Werve, A Haia (Paises Baixos)
As Seleccións Galegas feminina e masculina regresan do 16.º Gaelic Football Invitational Tournament como subcampioas. Galicia meteu aos dous equipos nas súas respectivas finais. O cansazo acumulado ao longo de todo o torneo fixo que nos partidos definitivos Galicia caera derrotada, aínda que deu a cara aos seus rivais. Como premio extra para a expedición galega, a xogadora do Turonia de Gondomar, Antonella Larrascq Álvarez, foi elixida MVP.
Feminino
- Fase de grupos: Galicia 1-07 (10) / 1-02 (5) Wanderers (Dublín)
- Fase de grupos: Galicia 1-03 (6) / 0-09 (9) Erin’s Isle (Dublín)
- Fase de grupos: Galicia 0-06 (6) / 0-07 (7) Mountbellew-Moylough (Galway)
- Fase de grupos: Galicia 6-12 (30) / 0-09 (9) Den Haag (A Haia)
- Final: Galicia 1-06 (9) / 4-03 (15) Mountbellew-Moylough (Galway)
Convocatoria: David de la Torre, Daniel Conde, Gábor Pazos, Javier González Cagiao, Pablo Mascareñas, Andrés Novoa, Adrián Ambrosio, Víctor Martínez, Damián Castro, Iago Couso, Iago Casales, Santiago Rodríguez, Adriano Quiroga, Adrián Rey
Masculino
- Fase de grupos: Galicia 1-07 (10) / 2-03 (9) Den Haag (A Haia)
- Fase de grupos: Galicia 1-06 (9) / 2-06 (12) Kilconly (Galway)
- Semifináis (prórroga): Galicia 4-06 (18) / 2-09 (15) St. Brendan´s (Dublín)
- Final: Galicia 0-06 (6) / 2-04 (10) Kilconly (Galway)
Convocatoria: Silvia Álvarez, María Silveira, Zara Álvarez, Uxía Otero, Ánxela Estévez, Laura Nercellas, Carme Reboreda, Sara Sánchez, Atonella Larrascq, Alexandra, Emma Rojas, Alba Rodríguez