Competicións 2016/17

Na tempada 2016/17 desputaranse as seguintes competicións a nivel galego: Liga Galega e Copa Galega (formato ibérico). O campionato ibérico volverá a desputarse co formato do 2016.

 

Liga Galega

Podes consultar o calendario e resultados completo da Liga 2016/17.

Liga feminina

Formato de liga: Primeira volta todas contra todas. A segunda volta partirase en dúas “divisións”: as 5 primeiras competirán polos postos 1º-5º e as restantes 4 polos postos 6º-9º.

Pos Equipo Ptos XG XE XP Dif.
Liga A
Fillas de Breogán Fillas de Breogán 24 12 0 0 328
Pontevedra Pontevedra 19 10 0 2 97
Herdeiras de Dhais 14 7 0 5 67
Irmandinhas Irmandinhas 13 7 0 5 19
Estrela Vermelha Estrela Vermelha 8 4 0 8 -13
Liga B
Auriense Auriense 12 6 0 5 31
Ártabras Ártabras de Oleiros 6 3 0 8 -179
Mecas Mecas 5 3 0 8 -49
Keltoi 0 0 0 11 -301

 

Liga masculina (1ª división)

Formato de liga: Ida e volta.

Pos Equipo Ptos XG XE XP Dif.
Irmandinhas Irmandinhos 16 8 0 2 212
Fillas de Breogán Fillas de Breogán 16 8 0 2 123
Estrela Vermelha Estrela Vermelha 14 7 0 3 145
Herdeiros de Dhais 10 5 0 5 37
Pontevedra Pontevedra 3 2 0 8 -225
Ártabras Ártabros de Oleiros 0 0 0 10 -292

 

Liga masculina (2ª división)

Formato de liga: Ida e volta.

Pos Equipo Ptos XG XE XP Dif.
Mecas Mecos 20 10 0 2 157
Auriense Auriense 18 9 0 3 117
Dorna 18 9 0 3 171
Keltoi 13 7 0 5 21
Cambados 8 4 0 8 -108
Braithreachas 7 4 0 8 -85
Terras do Eume 0 0 0 12 -273

 

Copa Galega

Copa en “formato sede”. Todos os xogos se desputan na mesma sede, cunha duración reducida para poder xogar todo o torneo no mesmo día, co mesmo número de xogadores que na liga regular. Despútase o 6 de maio de 2017 en A Estrada, organizado por Irmandinhos A Estrada.

Consta de dúas fases:

  • Fase de grupos: División dos equipos en grupos (2 no feminino ao ser 7 equipos, 3 no masculino ao ser 9). Os dous primeiros de cada grupo avanzan a semifinais.
  • Desempates para clasificación final: Os equipos non clasificados a semifinales desputan unha serie de xogos de desempate, xa que ao final do día a clasificación debe ser totalmente ordeada.
  • Eliminatoria: Semifinais, 3º/4º posto e final.

Para máis información, podedes consultar a páxina da Copa.

 

Campionato ibérico

O campionato ibérico desputarase co mesmo formato que no ano 2016, realizándose unha serie de campionatos “rexionais” que clasificarán para a final ibérica (pendente de data definitiva). O reparto de clubes por rexión que participarán na final é o seguinte:

  • Galicia: 4 equipos femininos e 3 equipos masculinos
  • Centro-Este: 2 equipos femininos e 2 equipos masculinos
  • Sur: 1 equipo masculino

Os equipos galegos clasificados para a final ibérica serán aqueles que acaden as maiores puntuacións segundo os resultados obtidos en Liga e Copa:

  • Liga Galega feminina: 1º (25 puntos), 2º (20 puntos), 3º (16 puntos), 4º (13 puntos), 5º (11 puntos), 6º (10 puntos), 7º (9 puntos), 8º (8 puntos), 9º (7 puntos).
  • Liga Galega maculina (1ª división): 1º (25 puntos), 2º (20 puntos), 3º (16 puntos), 4º (13 puntos), 5º (11 puntos), 6º (10 puntos).
  • Liga Galega masculina (2ª división): 1º (12 puntos), 2º (10 puntos), 3º (9 puntos), 4º (8 puntos), 5º (7 puntos), 6º (6 puntos), e 7º (5 puntos).
  • Copa Galega: 1º (25 puntos), 2º (20 puntos), 3º (16 puntos), 4º (13 puntos), 5º (11 puntos), 6º (10 puntos), 7º (9 puntos), 8º (8 puntos), 9º (7 puntos), 10º (6 puntos), 11º e posteriores (5 puntos)

 

Outras competicións organizadas polos clubes

Como xa é habitual, en agosto de 2017 desputarase a IV Copa Galega de fútbol gaélico praia, organizada por Mecos F.G. na praia da Lanzada, en O Grove. Máis información na súa páxina de Facebook.