Crónica da xornada 26

Dorna FG – Mecos FG

O sábado desputábase o encontro adiado entre dous dos favoritos para o ascenso a primeira división masculina. En embargo, o partido careceu da intensidade que a priori se lle esperaba, xa que o equipo do Grove chegaba coa tranquilidade de ter asegurado o primeiro posto na liga, mentres que o Dorna deberá xogar a vindeira semana o partido de promoción contra Pontevedra. Algunhas baixas sensibles no conxunto visitante permitiron ao equipo da Illa de Arousa acadar unha cómoda victoria por  1-16 (19) a 1-04 (7).

 

Fillas de Breogán – Keltoi Vigo

Partido correspondente á xornada 15, adiado polo forte temporal que asediou o noso país eses días. Partido cómodo para as coruñesas, que pretenden pechar o seu segundo ano invicto consecutivo. O resultado final foi de 14-22 (64) a 0-05 (5).

 

Pontevedra – Herdeir@s de Dhais

Derradeiros partidos de liga para ambos clubes, onde a sorte foi dispar. O partido feminino, tras unha igualada primeira parte, caeu a favor das locais por un 6-17 (35) a 1-09 (12). Pola súa contra, os de Lalín dominaron por completo o partido masculino ante un Pontevedra repleto de baixas, seguramente pensando no partido de promoción da próxima fin de semana, acabando cun resultado de 0-07 (7) a 14-19 (61).