Suspensión cautelar da Liga

Sentimos ter que anunciar que a Liga Galega de fútbol gaélico tense que suspender de forma indefinida.

A obrigatoriedade, promovida pola modificación da Lei do Deporte Galego, de dispor dun seguro de accidentes deportivo para todas as competicións deportivas, calquera que fose o seu ámbito, está a complicar o inicio da Liga. Este é un problema que non afecta só ao noso deporte, pero o seu pouco coñecemento público está a dificultar a resolución deste problema.

Sentimos profundamente os problemas que isto está a ocasionar tanto aos clubes afiliados á Asociación como aos siareiros. Estamos traballando duramente para atopar unha solución o antes posible e retomar a normalidade, pero, dende a responsabilidade, vémonos forzados a tomar esta medida.

Atentamente
Asociación Galega de Fútbol Gaélico