- Trazo, Sarria, Toén e Boqueixón son os concellos nos que se celebran os diferentes torneos
- As categorías de base U-12 e U-15 son as que compiten nesta cita das Gaélico Escolas Punto Gal
- Os partidos celébranse en pavillóns en formato 5 contra 5 en canchas de fútbol sala
Catro concellos de Galicia acollen os Torneos de Nadal Punto Gal de fútbol gaélico. Esta cita empeza se converter nun clásico destas datas dentro da programación de actividades das Gaélico Escolas Punto Gal. A participación nestas catro competicións de base estímase en 250 rapazas e rapaces.
No canto dos habituais campos de fútbol, nestes Torneos de Nadal Punto Gal, os partidos teñen lugar en pavillóns nun terreo de xogo de fútbol sala e xógase en equipos de cinco contra cinco.
O 12 de decembro Trazo acollía unha competición para a categoría U-12. O Torneo disputouse no CPI Viaño Pequeno (Trazo), participando tamén o CEIP Pumar (Urdilde). Xuntáronse tres equipos por centro escolar. A competición dividiuse en dous grupos. Os primeiros de cada grupo avanzaron ao partido final. O triunfo foi para un dos equipos de Trazo por un punto.
Sarria tivo tamén o seu Torneo de Nadal Punto Gal de fútbol gaélico. Foi o 18 de decembro para xogadoras e xogadores U-15. En terras lucenses a competición tivo lugar no IES Xograr (Sarria), participando o equipo dese centro, o Fingoi (Lugo) e o CPI Dr López Suárez (Friol). Fingoi presentou tres equipos (Fingoi Furritos, Fingoi Los Pichichis e Friol Gaels), Sarria e Friol, dous cada un (Sarria Botafogos, Sarria Brrr, Friol Harps e Friol Gaels).
Neste Torneo de Nadal formouse un grupo de tres equipos, outro de catro e os dous primeiros pasaron a semifinais. Os conxuntos gañadores accederon á final. Resultou vencedor o Sarria Brrrr que venceu na final ao Friol Gaels.
Quenda de Toén o 21 de decembro
Esta fin de semana, o sábado 21, Toén será escenario desde as 12:00 dun dos Torneos de Nadal Punto Gal, nesta ocasión para as categorías U-12 & U-15. A competición terá lugar a partir das 12:00 horas no Campo do Ameiral de Alongos e contará co habitual Terceiro Tempo para que a rapazada confraternice. Será un partido de U-15 con dous equipos mixtos de seis futbolistas, e outro de U-12 con dous equipos de entre seis e sete deportistas. Nestes equipos haberá xogadoras e xogadores das Gaélico Escolas do Ourense Gaels, en concreto do CEIP Saco de Arce de Toén (Esquíos FG) e do CEIP de Seixalbo de Ourense (Mouchos FG).
Lugo, un éxito
En Lugo é o primeiro ano de traballo das Gaelico Escolas Punto Gal e desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) cualifican de “éxito o feito de poder facer xa un torneo destas características”. Salientan desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) “á implicación dos centros escolares, e tamén a Deporte Galego que en Lugo especialmente comprometido”.
Boqueixon pecha os torneos en xaneiro
Xa en xaneiro terá lugar a última das citas, será en Boqueixón para a categoría U-12 Será no CEIP Antonio Orza Couto, e participan tamén o CEIP Camiño de Santiago (O Pino)
O aumento de deportistas ao fútbol gaélico fixo que na comarca de Compostela se realicen dous Torneos de Nadal Punto Gal. Antes xuntábanse Boqueixón, Trazo e Urdilde. Coa incorporación do Pino e o aumento de futbolistas fai que se leven a cabo dous torneos por separado.