Galicia prepara o seu maior reto internacional

Entre os días 13 e 17 de xullo de 2026, a cidade irlandesa de Waterford converterase no epicentro mundial dos deportes gaélicos coa celebración dos World Games 2026, a competición internacional máis importante do calendario para os países e territorios onde o fútbol gaélico continúa medrando máis alá de Irlanda.

O evento reunirá arredor de 2.000 deportistas procedentes dos cinco continentes, converténdose nunha auténtica celebración do deporte e da cultura gaélica a nivel global.

A maior parte da competición disputarase nas instalacións da South East Technological University (SETU Waterford – Carriganore), mentras que as finais celebraranse no histórico Walsh Park, un dos estadios máis emblemáticos dos deportes gaélicos en Irlanda.

Galicia volverá formar parte desta gran cita internacional e poderá presumir de ser unha das poucas seleccións que participaron en todas as edicións dos World Games celebradas ata o momento.

A expedición galega estará formada por 62 persoas entre xogadores, xogadoras e corpos técnicos, consolidándose como unha das delegacións internacionais máis numerosas da competición e unha mostra da fortaleza que acadou o fútbol gaélico galego durante a última década.

Este crecemento non só se reflicte nos resultados deportivos. O traballo desenvolvido polos clubs, pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico e por iniciativas como Gaélico Escolas permitiu que cada vez máis persoas descubran e practiquen este deporte en Galicia, convertendo o noso país nunha referencia internacional fóra de Irlanda.

Convocatorias

Galicia acudirá aos World Games con dous equipos masculinos e dous equipos femininos, unha mostra da profundidade e do nivel competitivo que existe actualmente no fútbol gaélico galego.

Os corpos técnicos afrontan esta competición con ambición e sen poñerse límites. A experiencia acumulada en anteriores edicións, xunto ao crecemento constante da competición galega, permiten mirar cara a Waterford coa confianza de que Galicia pode competir contra calquera rival.

Selección masculina

Corpo técnico

  • David de la Torre

Selección feminina

Corpo técnico

  • Pablo da Silva
  • Juan Fernández

A competición

As nosas seleccións competirán na categoría “International”. As dúas Galicia A farano na primeira división, mentras que as Galicia B competirán en segunda división. O formato de competición será:

Masculino División 1

Dous grupos de 5 equipos. O gañador de cada grupo avanzará directamente a semifináis. O 2º e 3º clasificados xogarán entre eles un “cuartos de final” polos postos restantes nas semifináis. O 4º e 5º avanzarán ás semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo A. Calendario e resultados.

Masculino División 2

Dous grupos de 6 equipos. O gañador de cada grupo avanzará directamente a semifináis. O 2º e 3º clasificados xogarán entre eles un “cuartos de final” polos postos restantes nas semifináis. O 4º avanzará ás semifináis Shield. O 5º e 6º xogarán entre eles uns “cuartos de final” polos outros postos das semifináis.

Galicia competirá no grupo A. Calendario e resultados.

Feminino División 1

Dous grupos, grupo A con 5 equipos e grupo B con 4 equipos. 1º e 2º do grupo A, e 1º do grupo B, avanzan a semifináis. 3º grupo A vs 2º grupo B como cuartos de final. 4º e 5º grupo A e 3º e 4º de grupo B xogarán as semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo B. Calendario e resultados.

Feminino División 2

Dous grupos, grupo A con 4 equipos e grupo B con 5 equipos. 1º e 2º do grupo B, e 1º do grupo A, avanzan a semifináis. 3º grupo B vs 2º grupo A como cuartos de final. 4º e 5º grupo B e 3º e 4º de grupo A xogarán as semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo B. Calendario e resultados.

Enlace oficial: https://www.foireann.ie/world-games/fixtures

O reto máis importante: facer posible a viaxe

Se competir nos World Games é un reto deportivo de primeiro nivel, facelo posible tamén supón un importante desafío económico.

A expedición galega estará formada por 64 persoas e o obxectivo da Asociación Galega de Fútbol Gaélico é claro: que ningunha persoa quede atrás por motivos económicos e que as seleccións galegas poidan competir nas mellores condicións posibles fronte a algúns dos mellores equipos do mundo.

Colaboradores principáis

As nosas seleccións contaron co apoio de diferentes entidades á hora de financiar a viaxe.

PuntoGal leva 8 anos apoiando ao fútbol gaélico galego, principalmente á selección galega (na que se estrea como patrocinado principal) e no proxecto das Gaélico Escolas
A AGFG alcanzou un acordo coa Deputación da Coruña para promocionar a nosa imaxe, cultura e turismo en Irlanda, facendo de embaixadores da provincia da Coruña.
A Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, colabora no desprazamento das nosas seleccións a Irlanda.
A marca de roupa Acontravento equipa ás nosas seleccións.
A Federación Galega de Fútbol é o paraugas sobre o que se acolle o fútbol gaélico en Galicia, ofrecendo axuda loxística.

Os concellos de Santiago de Compostela, Porriño, O Pino, Lalín, Boqueixón e Trazo ofreceron as súas instalacións para que as nosas seleccións se puideran preparar para o reto dos World Games 2026.

Crowdfunding World Games 2026

A AGFG puxo en marcha unha campaña de financiamento colectivo aberta a toda a comunidade do fútbol gaélico e á sociedade galega en xeral. A campaña permaneceu activa entre o 4 de xuño e o 10 de xullo, que grazas á colaboración da marca galega Acontravento, contou con diferentes recompensas relacionadas coa roupa oficial da selección. Finalmente acadouse o apoio de máis de 200 persoas acadando o obxectivo de recadar 10.000 euros.

Ademais das modalidades con recompensa, tamén existe a posibilidade de realizar unha doazón aberta, destinada integramente a apoiar a participación das seleccións galegas: https://donate.stripe.com/8x23cu2KI9B68UG1zSbV600

Porque ás veces a mellor recompensa é simplemente axudar a que Galicia siga tendo presenza propia nos grandes escenarios internacionais.

Empresas Amigas

Xunto ao crowdfunding, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico mativo aberta a iniciativa Empresas Amigas, unha proposta destinada a empresas, comercios, autónomos, asociacións e entidades que queiran apoiar a participación da Selección Galega nos World Games. Esta iniciativa buscou construír unha ampla rede de colaboración arredor dun proxecto que representa valores como o traballo colectivo, a igualdade, a inclusión, o compromiso co deporte de base e a promoción da lingua e da cultura galega.