
Introdución
A Celtic Cup é un torneo internacional de fútbol gaélico de primeiro nivel, que reúne aos equipos celtas de toda Europa para celebrar a rica herdanza e a presenza global do fútbol gaélico.
Neste 2026 estreamos a primeira edición para categoría sub-17 (U17), que terá lugar o 4 de xullo en Xove (Lugo). O torneo ten como obxectivo o fortalecemento dos vínculos entre as comunidades de fútbol gaélico de todo o continente, destacando tamén a continua expansión do fútbol gaélico Galicia e ofrece unha plataforma única para internacionais de alto nivel de competencia.
O torneo
A Celic Cup contará con competición masculina e feminina. A masculina estará composta por nove equipos, mentres que a feminina contará con seis, asegurando un día completo de competitividade e partidos emocionantes. Durante a sesión matinal xogarase a fase de grupos, que na competición masculina estará composta por 3 grupos de 3 equipos e na feminina 2 de 3. A tarde quedará reservada para as fases fináis.
O torneo se xogará íntegramente nas instalacións municipáis do Concello de Xove, que conta con dous campos de fútbol, un de céspede natural e outro de artificial. O inicio está fixado para as 10 de mañán, estendéndose ata as 6 da tarde, hora na que finalizarán as fináis masculinas e feminina.
Horarios e resultados:
Máis información: dossier (inglés).




