World Games 2019

No verán de 2019 celebrarase a terceira edición dos GAA World Games, o maior evento internactional de deportes gaélicos, que reune a xogadores de todas as partes do mundo. Celebrarase dende o 29 de xullo ata o 2 de agosto en Waterford, Irlanda. Como non, as seleccións galegas de fútbol gaélico, masculina e feminina, estarán presentes.

NOTA

Esta páxina irase actualizando a medida que se vaian coñecendo detalles do evento. Non perdas ollo!

Os nosos

Aos mandos da nosa selección repiten Pablo da Silva e Santiago Rodríguez -feminina- e Alexandre Sanmartín “Jano” e Alberto Méndez -masculina-. Tras unha primeira preconvocatoria a finais de 2018, os técnicos escolleron xa as 13 xogadoras e 13 xogadores que representarán a Galicia nos World Games:

Convocatorias Galicia World Games 2019

A expedición iniciará a súa viaxe o venres 26 de xullo, voando dende Oporto ata Dublín, onde realizarán unha última parada preparatoria antes de desprazarse ata Waterford para asistir á cerimonia de apertura o 28 de xullo.

¿Queres saber máis da historia da nosa selección?

Os riváis

Actualmente a GAA está en plena fase de inscrición de equipos. Deberemos esperar ata a primaveira para coñecer os posibles riváis da nosa selección, aínda que xa están confirmados vellos coñecidos coma Francia, Alemaña ou Arxentina.

A sede

O campionato desputarase no WIT Arena, un complexo deportivo ubicado no Waterford Institute of Tecnology (7R2C+H5 Woodstown, Condado de Waterford, Irlanda).

Trátase dun enorme complexo que conta con ata seis campos de herba, que servirán de escenario para esta terceira edición dos Xogos Mundiáis Gaélicos. Recordemos que, a maiores de fútbol gaélico, tamén se xogarán competicións doutros deportes gaélicos como Hurling e Camogie.