Circuito de torneos
Tempada 2023/24
Co comezo da tempada 2023/24, as seleccións galegas pechan o 2023 participando no torneo internacional que organiza anualmente Madrid Harps. Os rapaces gañan a Shield (5º posto) tras empatar contra Armagh Harps (4-4), perder contra o Madrid Red (3-8) e imporse a Skernies (6-4), mentras que as rapazas acadan o subcampionato ao caer na final contra St. Eunan’s (4-7), logo de facer pleno na fase de grupos contra Cuchulainn Gaels (11-3), Madrid Black (6-1) e gañas nas seminináis a Madrid White (15-1).
O 2024 representará un descanso nos compromisos do verán, ao non haber nin Europeo nin Mundial de seleccións. Igualmente, a selección repite algúns compromisos do ano pasado.
O sintético da Universidade de Ourense albergou o 24 de febreiro a segunda edición da Celtic Cup, un torneo no que participan como convidados equipos da patria do fútbol gaélico, Irlanda, e que aspira a converterse nun referente no eido europeo. Dous equipos da contorna de Dublín visitaban a cidade das Burgas. Por unha banda St. Sylvesters, clube de Malahide fundado en 1903 e que viviu a súa época dourada nos noventa conquistando dúas edicións do All-Ireland de clubes, viaxaba con equipos Junior masculino e feminino. A maiores, o equipo feminino de Kilmacud Crokes, clube fundado en 1959 no sur de Dublín, e que ten a honra de ser o clube con máis xogadores/as de toda Irlanda (preto de 5700 entre xogadoras/es e membros), repite visita. A Selección Galega masculina conquistou o trofeo que xa acariñara o ano pasado ao imporse a St. Sylvesters por 30-27 logo de remontar un 10-15 no descanso. Pola súa parte, a edición feminina constaba dun triangular que as enfrontaría primeiro ás rapazas de St. Sylvesters (9-10 para as dublinesas) e logo contra Kilmacud (13-8). O primeiro encontro comezou de cara para as Irmandiñas, que anotaron nos primeiros minutos, pero segundo avanzou o encontro o acerto no tiro a paus menguou. Malia o arreón final, as galegas perderon pola mínima (9-10). Malia todo, o título foi para o equipo de Malahide ao gañar o derradeiro 8-3 contra Kilmacud.
Unha semana máis tarde, as seleccións galegas regresaban do 16.º Gaelic Football Invitational Tournament na Haia como subcampioas. Galicia meteu aos dous equipos nas súas respectivas finais. O cansazo acumulado ao longo de todo o torneo fixo que nos partidos definitivos Galicia caera derrotada, aínda que deu a cara aos seus rivais. Como premio extra para a expedición galega, a xogadora do Turonia de Gondomar, Antonella Larrascq Álvarez, foi elixida MVP. O equipo masculino caía na final fronte a Kilconly (Galway) por 6-10 logo de desfondarse contra St. Brendan´s (Dublín) nas sefimináis nun partido que se decidiu na prórroga. Antes, na fase de grupos, impúxose 10-9 contra os anfitrións e caeu 9-12 contra Kilconly. Pola súa banda, a selección feminina arrancaba cun sólido 10-5 contra Wanderers (Galway), caía contra Erin’s Isle (6-9) e Mountbellew-Moylough (6-7). Unha abultada victoria contra as anfitrioas por 30-9 levaba ás nosas á final por goal average, onde voltaría caer contra Mountbellew-Moylough por 9-15.

Tempada 2024/25
A planificación da tempada 2024/25 é similar á da tempada anterior. A selección participará nos torneos internacionáis de Madrid e da Haia, ademáis de organizar a III Celtic Cup, a máis grande ata a data. Como guinda do pastel, en verán viaxará a Irlanda para facer un tour por Dublín na que competirá, por primeira vez, na modalidade nativa deste deporte: 15 contra 15.
A primeira cita dase en Madrid no mes de novembro, na que sería a terceira participación dos nosos no prestixioso torneo organizado polos Madrid Harps. Os nosos acudían a esta cita con dous equipos por categoría coa fin de ir preparando ás seguintes xeracións, unha cun enfoque máis competitivo e outra co obxectivo de ir dando rodaxe aos máis novos. As seleccións galegas femininas deixaron patente a súa superioridade no terreo de xogo ao chegar ambas as dúas á gran final, deixando claro o seu peso no panorama internacional. A selección masculina caía derrotada por un punto na final diante do Armagh Harps por 4 a 5.
Xa en 2025, as Seleccións Galegas feminina e masculina regresan do 17.º Gaelic Football Invitational Tournament, no que acudían como subcampións do ano anterior. Nesta ocasión, o conxunto feminino alzouse co ansiado título impóndose de forma clara a todas as súas riváis, destacando a súa victoria na final contra Kilconly (que derrotaran ás nosas o ano anterior) por 29 a 5. Pola súa parte, a selección masculina quedou desta volta ás portas de clasificarse para a final ao caer cos á postre campións Robert Emmets por 4 a 12. Como premio extra para a expedición galega, a xogadora do Estrela Vermelha, Emma Rojas, foi elixida MVP.
A semana seguinte, o 8 de marzo, a terceira edición da Celtic Cup da un salto de xigante respecto das dúas anteriores, xa que pasa de ser un partido ou triangular a contar con ata 7 equipos convidados. Desta volta, a Celtic Cup xa toma forma de torneo a toda escala. O escenario, o campo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, contando como campo auxiliar o situado no Campus Sur da USC. O torneo feminino conta con 6 equipos: Galicia A, Galicia B, Round Towers (Londres), selección de Bretaña, St Eunans (Donegal) e Kilmacud Crokes (Dublín), mentres que o torneo masculino conta con 5 equipos: Galicia A, Galicia B, St Brendans (Londres), St Sylvesters (Dublín), selección de Iberia. As dúas Galicia A acadaron o subcampionato, caendo contra Kilmacud Crokes e St Sylesters.
Ficha técnica
Torneo internacional de Madrid
11 de novembro de 2023, Derry Centre of Excellence, Owenbeg (Irlanda)
A selección feminina acadou o subcampionato tras os seguintes encontros:
- Fase de grupos: Galicia 1-08 (11) / 0-03 (3) Cuchulainn Gaels
- Fase de grupos: Galicia 0-06 (6) / 0-01 (1) Madrid Black
- Semifináis: Galicia 2-09 (15) / 0-01 (1) Madrid White
- Final: Galicia 4-04 (4) / 1-04 (7) St. Eunan’s
A selección masculina acadou o campionato Shield tras os seguintes encontros:
- Fase de grupos: Galicia 0-04 (4) / 0-04 (4) Armagh Harps
- Fase de grupos: Galicia 0-03 (4) / 0-08 (8) Madrid Red
- Final Shield: Galicia 0-06 (6) / 0-04 (4) Skernies
Convocatoria feminina: Silvia Álvarez, Tamara Mulaosmanovic, Laura Gutiérrez, Eva Lago, Vanesa Puente, Alba Rodríguez, Ánxela Estévez, Leticia Zapata, Lourdes Rey, Loreto Alonso, Antonella Larrasq, Sara Sánchez, Antía Iglesias, María Silveira, Pablo Da Silva (adestrador).
Championship masculino: David de la Torre, Daniel Conde, Borja González, Adrián Ambrosio, Javier Cagiao, Daniel Santalla, Iago Couso, Santi Rodríguez, Lucas Vázquez, Andrés Novoa, Gábor Pazos, David Varela, David Dios, Víctor Santos, Dani Vaamonde, Damián Castro, Alexandre Sanmartí

II Celtic Cup
24 de febreiro de 2024, Campo de Rugby da Universidade, Ourense
Maculino
- Galicia 3-21 (30) / 4-15 (27) St. Sylvesters
Convocatoria: David de la Torre, Adrián Rey, Ismael Mendez, Daniel Conde, Ismael Pereira, Pablo Bermejo, Borja González, Santiago Rodríguez, Adrián Ambrosio, Iago Couso, Adriano Quiroga, Javier González, Victor Santos, Andrés Novoa, Daniel Santalla, Daniel Vaamonde, Gábor Pazos, Pablo Mascareñas
Feminino
- Galicia 0-09 (9) / 1-07 (10) St. Sylvesters
- Galicia 1-05 (8) / 0-03 (3) Kilmacud Crokes
Convocatoria: Silvia Álvarez, Jenny González, Vanesa Puente, María Silveira, Ánxela Estévez, Eva Lago, Támara Mulaomanovic, Sara Sánchez, Laura Nercellas, Atonella Larrascq, Loreto Alonso, Leticia Zapata, Antía Iglesias, Alexandra Figueroa, Sara Lopez, Lourdes Rey, Emma Rojas

16th Hague International Tournament
2 de marzo de 2024, Zuider Park e WRC Te Werve, A Haia (Paises Baixos)
Feminino
- Fase de grupos: Galicia 1-07 (10) / 1-02 (5) Wanderers (Dublín)
- Fase de grupos: Galicia 1-03 (6) / 0-09 (9) Erin’s Isle (Dublín)
- Fase de grupos: Galicia 0-06 (6) / 0-07 (7) Mountbellew-Moylough (Galway)
- Fase de grupos: Galicia 6-12 (30) / 0-09 (9) Den Haag (A Haia)
- Final: Galicia 1-06 (9) / 4-03 (15) Mountbellew-Moylough (Galway)
Convocatoria: David de la Torre, Daniel Conde, Gábor Pazos, Javier González Cagiao, Pablo Mascareñas, Andrés Novoa, Adrián Ambrosio, Víctor Martínez, Damián Castro, Iago Couso, Iago Casales, Santiago Rodríguez, Adriano Quiroga, Adrián Rey
Masculino
- Fase de grupos: Galicia 1-07 (10) / 2-03 (9) Den Haag (A Haia)
- Fase de grupos: Galicia 1-06 (9) / 2-06 (12) Kilconly (Galway)
- Semifináis (prórroga): Galicia 4-06 (18) / 2-09 (15) St. Brendan´s (Dublín)
- Final: Galicia 0-06 (6) / 2-04 (10) Kilconly (Galway)
Convocatoria: Silvia Álvarez, María Silveira, Zara Álvarez, Uxía Otero, Ánxela Estévez, Laura Nercellas, Carme Reboreda, Sara Sánchez, Atonella Larrascq, Alexandra, Emma Rojas, Alba Rodríguez

Torneo internacional de Madrid
16 de novembro de 2024, Madrid
Feminino
- Fase de grupos: Galicia A 4-05 (17) VS Clan na Gael 0-02 (2)
- Fase de grupos: Galicia A (v) VS Madrid Harps
- Fase de grupos: Galicia B 2-07 (13) VS Madrid Harps 1-03 (6)
- Fase de grupos: Galicia B (v) VS Clan na Gael
- Fase de grupos: Galicia A (v) VS Galicia B
- Final: Galicia A VS Galicia B
Convocatoria: Alba Rodríguez, Aldara Montero, Alexandra Figueroa, Antía Botana, Antía Iglesias, Antonella Larrascq, Ánxela Estévez, Cayetana Rey, Emma Rojas, Eva Lago, Iria Labandeira, Leticia Zapata, María Arias, Lourdes Rey, María Victoria Benavides, Olalla Alonso, Sara López, Sara Sánchez, Silvia Álvarez, Uxía Otero, Pablo Da Silva (adestrador)
Masculino
- Fase de grupos: Galicia A 2-05 (11) VS Glenfin 1-02 (5)
- Fase de grupos: Galicia A VS East Belfast (v+2)
- Fase de grupos: Galicia A (v+1) VS Madrid Harps Red
- Fase de grupos: Galicia B 0-03 (3) VS Madrid Harps Black 3-06 (15)
- Fase de grupos: Galicia B 0-02 (2) VS Armagh Harps 2-05 (11)
- Final: Galicia A 0-05 (5) VS Armagh Harps 0-06 (6)
Convocatoria: Alexandre Louzao, Antonio Lago, Borja González, Bruno López, Daniel Bechler, Daniel Conde, Daniel Vaamonde, David Chaves, David De La Torre, David Dios, Gabor Pazos, Gabriel Martínez, Iago Couso, Iker Nine, Ismael Méndez, Ismael Pereira, Marcos Chaves, Mateo Fernández, Noé Asensio, Samuel Lagoa, Sintayehu García, Tomás Lagoa, Alexandre Sanmartín (adesyrador)

17th Hague International Tournament
1 de marzo de 2025, Zuider Park e WRC Te Werve, A Haia (Paises Baixos)
Feminino
- Fase de grupos: Galicia (16) VS Balymun Kickhams (3)
- Fase de grupos: Galicia (23) VS Den Haag (1)
- Fase de grupos: Galicia (31) VS Kilconly (12)
- Fase de grupos: Galicia (31) VS Stars of Erin (0)
- Semifináis: Galicia (12) VS St Kierans (8)
- Final: Galicia (29) VS Kilconly (5)
Convocatoria: Laura Guitiérrez, María Silveira, Ánxela Estévez, Carme Reboreda, Alba Rodríguez, Antía Iglesias, Emma Rojas, Alexandra Figueroa, Leticia Zapata, Uxía Otero, Iria Labandeira, María Caseiro
Masculino
- Fase de grupos: Galicia (7) VS Law Society of Ireland (2)
- Fase de grupos: Galicia (11) VS Den Haag B (0)
- Fase de grupos: Galicia (5) VS Stars of Erin (5)
- Fase de grupos: Galicia (4) VS Robert Emmets (12)
Convocatoria: Mateo Fernández, David de la Torre, Samuel Lagoa, Gabor Pazos, Iago Couso, Pablo Mascareñas, Adriano Quiroga, David Dios, Víctor Mera, Ismael Méndez, Sintayehu García, David Chaves, Noé Asensio, Andrés Novoa

III Celtic Cup
8 de marzo de 2025, Santa Isabel e USC, Santiago de Compostela
Masculino
- Grupo: Galicia A 1-11 (14) VS 0-01 (1) Galicia B
- Grupo: Galicia B 1-03 (6) VS 1-03 (6) Iberia
- Grupo: St Sylvesters 3-06 (15) VS 0-03 (3) St Brendans
- Grupo: Galicia A 2-07 (13) VS 0-03 (3) Iberia
- Grupo: Galicia B 0-01 (1) VS 6-11 (29) St Sylvesters
- Grupo: Galicia A 1-06 (9) VS 0-05 (5) St Brendans
- Grupo: St Sylvesters 3-11 (20) VS 0-00 (0) Iberia
- Grupo: St Brendans 5-05 (20) VS 1-04 (7) Galicia B
- Grupo: Galicia A 0-01 (1) VS 0-05 (5) St Sylvesters
- Grupo: Iberia 0-04 (4) VS 0-05 (5) St Brendans
- Final: Galicia A 1-07 (10) VS 0-11 (11) St Sylvesters
Convocatoria A: Mateo Fernández, Pablo Mascareñas, Gábor Pazos, Bruno López, Daniel Vaamonde, Adrián Ambrosio, Ismael Méndez, Victor Santos, Iago Couso, Adriano Quiroga, Ismael Pereira, Samuel Lagoa, Víctor Mera (MVP), Julio Docampo e Millán Brea.
pendiente evolución: Dani Conde
Convocatoria B: David de la Torre, Joaquim Fabres, Noé Asensio, Edgar Cruz, Iker Calvo, David Chaves, Sintayehu García, Tomás Lagoa, Antonio Lago, Alexandre Louzao, Iker Nine, Andrés Novoa, Darío Eyre, Miguel Gómez, David Dios, Daniel, Simón
Feminino
- Grupo A: Galicia A 7-14 (35) VS 0-00 (0) Bretaña
- Grupo A: Kilmacud 5-08 (23) VS 0-02 (2) Bretaña
- Grupo A: Kilmacud 3-08 (17) VS 3-05 (14) Galicia A
- Grupo B: Towers 2-06 (12) VS 1-03 (6) Galicia B
- Grupo B: St Eunans 5-06 (21) VS 1-03 (6) Galicia B
- Grupo B: Towers 1-04 (7) VS 4-07 (25) St Eunans
- 5º/6º posto: Bretaña 2-4 (10) VS 2-05 (11) Galicia B
- Semifinal: Kilmacud 2-06 (12) VS 1-07 (10) Towers
- Semifinal: St Eunans 2-05 (11) VS 2-06 (12) Galicia A
- Final: Galicia A 2-02 (8) VS 0-09 (9) Kilmacud
Convocatoria A: Alba Rodríguez, Iria Labandeira, Ánxela Estévez, Emma Rojas (MVP), Lourdes Rey, Tamara Mulaosmanovic, Laura Nercellas, Eva Lago, Sara López, Vanesa Puente, Leticia Zapata, Antonella Larrascq, Silvia Álvarez
Convocatoria B: Antía Botana, María Arias, Nicole Lugo, Lucía Fernández, María Silveira, Laura Gutierrez, Rocio Aldrey, Uxía Otero, Aldara Montero, Jenny González, Iria Quiroga, Antía Iglesias, Alexandra Figueroa, Lidia Diaz, Loreto Alonso, María Estrada
