Dunha pandemia ao maior evento de Europa

Coa resaca dos III World Games, un dos maiores retos do gáelico galego emerxía no horizonte: a organización da terceira edición dos Euro Gaelic Games. A antorcha destes xogos viaxaría dende Lorienta ata Pontevedra no verán de 2020. Sen embargo, poucos meses antes a vida de todo o mundo sufriría un parón a causa da pandemia da COVID-19 que asolagou ao mundo en marzo de 2020.

2022: Por fin os EuroGames de Pontevedra

Dous anos despóis da data inicial, o torneo finalmente tivo lugar en Pontevedra e Poio os días 15 e 16 de xullo de 2022. Esta edición crecería exponencialmente respecto á de 2018, pasando de 9 equipos a 25 que sumarían máis de 400 deportistas, supondo o maior reto organizativo ata a data para a nosa Asociación. Debido ao interese suscitado, o campionato contaría cunha categoría Sénior (máximo nivel) e unha Development (de desenvolvemento). Galicia contaría con ata 4 equipos participantes, un por categoría.

A selección feminina Sénior non podería repetir título e deberíase conformar co subcampionato. Acabaría primeira dun grupo composto por Luxemburgo, Francia Dev., Bretaña e Alemaña. Nas semifináis derrotaría a unha das grandes favoritas, Benelux, para medirse a Francia na final, reeditando a final do Euro ’18. Lamentablemente, desta vez a sorte caeu do lado francés levándose o partido por 15 a 10. Pola súa parte, Galicia Development quedaría terceira do grupo conformado por Francia, Benelux, Iberia e GGE Team, avanzando cara a fase final Shield. Nos cuartos de final imporíanse a Alemaña, nas semifináis a Bretaña e, por último na final a Francia Development por 10 a 6, conquistando o título Shield.

Na competición masculina, a selección Sénior chegaría ata as semifináis. Acabaría terceira no grupo único, quedando detrás de Luxemburgo (clasificado directamente para a final) e Francia, e por diante de Bretaña, Iberia e Benelux. Nas semifináis enfrontaríanse de novo a Francia (á postre subcampioa), ante a que caerían 7 a 3, quedando en terceiro posto. Na categoría de desenvolvemento, a selección abaría primeira tanto na primera fase de grupo (por diante de Occitania e Alemaña) como na segunda fase de grupos (por diante de Gascoña e Italia). Nas semifináis imporíase ao GGE Team, vencendo na final a Francia Development por 14 a 9, consumando o dobrete das seleccións galegas en categoría Development.

A selección galega acadou o triunfo na categoría Development

2023: Torneos preparativos para os xogos mundiáis

O ano 2023 estaría marcado, de novo, polos World Games, que se celebrarán entre o 24 e 28 de xullo. Será unha cita histórica, non só por preverse a maior participación ata a data (estimados 90 equipos), senón por celebrarse en Derry, Irlanda do Norte. Antes da viaxe, o ano comezaría con forza, xa que nos meses de febreiro e marzo concentraríase boa parte da preparación das seleccións para o gran reto mundialista de xullo.

O Manuel Anxo Cortizo (Lalín) foi testigo o 25 de febreiro da primeira edición da Celtic Cup, torneo internacional que busca por un lado seguir afondado na proxección internacional que xa ten o fútbol gaélico galego, e por outro servir de preparación para os combinados galegos de cara a súa participación nos Xogos Mundiais. A selección feminina recibía a Kilmacud Crokes, clube fundado en 1959 no sur de Dublín, e que ten a honra de ser o clube con máis xogadores/as de toda Irlanda (preto de 5700 entre xogadoras/es e membros). Pola súa banda, a selección masculina participaría nun triangular xunto con Madrid Harps (actuáis campións de clubes de Europa, acadado o pasado outubro na Coruña) e C.L.G. Ghleann Fhinne, club fundado no centro do Condado de Donegal en 1975. Nesta zona e onde mellor se preservou o idioma gaélico e onde, actualmente, mais se fala, identificándose a esta zona de forma popular como un “Gaeltacht”.

Sen apenas descanso, a fin de semana seguinte, o sábado 4 de marzo, a selección viaxaba á decimoquinta edición dun dos torneos convidacionáis máis importantes do continente, o Hague International Tournament, no que habitualmente só participan equipos das illas (principalmente irlandeses, pero ocasionalmente tamén equipos afincados no Reino Unido), pero que nesta ocasión a selección galega tivo a honra de ser convidado especial.

2023: IV World Games

Cuarta edición tralas de 2015 (Abu Dhabi, Emirator Árabes), 2016 (Dublín, Irlanda) e 2019 (Waterford, Irlanda) e máis grande ata a data, con ata 100 equipos e 2000 xogadores repartidos en varias categorías e códigos (fútbol, hurling, etc.). Seguindo a estela do Europeo de Pontevedra-Poio, as seleccións galegas repiten participación en modalidade Championship e Intermediate (ex-Development), tanto no masculino como feminino.

O desempeño das seleccións galegas no campionato foi notable. As seleccións Championship acabaron quintas logo de caer, ambas, contra Australia nos cuartos de final, en sendos partidos que serán recordados por moito tempo ao por contra as cordas ata o final a dous equipos con moitísimas máis tradición que nós neste deporte. A selección masculina Intermediate acadou pola súa banda o subcampionato Shield, levando a prata para a casa, mentras que a feminina Intermediate acabaría igualmente quinta na súa categoría.

Especiáis

Resumo resultados e convocatorias Euro Gaelic Games 2022

Especial Euro Gaelic Games 2022

Especial I Celtic Cup

Especial 15th Hague International Tournament

Especial World Games Derry ’23

Ficha técnica

Euro Gaelic Football Cup ’22

15 e 16 de xullo de 2022, A Xunqueira (Pontevedra), Monteporreiro (Pontevedra) e A Seca (Poio)

Os anos 2020 e 2021 supuxeron un parón xeral na actividade da selección por mor da pandemia da COVID-19. Tras o mundial de 2019 en Waterford, o seguinte compromiso da selección foi o europeo de Pndevedra-Poio 2022. Ao competir como locatarios, o gaélico galego redobrou a súa presenza presentando equipos en categoría Championship e Development, tanto no masculino como no feminino.

Ver resultados completos do torneo.

A selección feminina Championship acadou o segundo posto tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Ch. 5-07 (22) / 0-02 (2) Francia Dev.
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 8-12 (36) / 0-00 (0) Alemaña
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 7-06 (27) / 0-03 (3) Luxemburgo
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 4-08 (20) / 1-00 (3) Bretaña
  • Semifinal: Galicia Ch. 1-10 (13) / 0-05 (5) Benelux
  • Final: Galicia Ch. 1-07 (10) / 3-06 (15) Francia Ch.

Convocatoria: Silvia Álvarez, Alba Blanco [porteiras], Alba Fontán, Lucía Mella, Míriam Rodríguez, Lorena Pereiro [defensas], Ánxela Estévez, Laura Nercellas, Carme Reboreda, Antonella Larrasq, Loreto Alonso [medios], Alba Rodríguez, Leticia Zapata, Raquel Gómez [dianteiras]

Corpo técnico: Pablo Da Silva

A selección masculina Championship acadou o terceiro posto tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Ch. 5-12 (27) / 0-02 (2) Benelux
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 2-01 (7) / 3-07 (16) Francia Ch.
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 0-03 (3) / 3-01 (10) Luxemburgo
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 3-14 (23) / 1-02 (5) Iberia
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 3-03 (12) / 1-05 (8) Bretaña
  • Semifinal: Galicia Ch. 0-03 (3) / 0-07 (7) Francia Ch.

Convocatoria: David de la Torre [porteiro], David Castro, Daniel Conde, Adrián Millos [defensas], Adrián Rey, Adriano Quiroga, Adrián Dios, Pablo Bermejo, Tomás Lagoa, Alexandre Louzao, Daniel Vaamonde, Javier G. Cagiao [medios], Iago Couso, Jacobo Dorribo, Santi Rodríguez [dianteiros]

Corpo técnico: Alexandre Sanmartín “Jano”

A selección feminina Development acadou o campionato Development tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Dev. 1-03 (6) / 1-00 (3) GGE Team
  • Fase de grupos: Galicia Dev. 0-00 (00) / 8-12 (36) Francia Ch.
  • Fase de grupos: Galicia Dev. 0-03 (3) / 1-05 (8) Benelux
  • Fase de grupos: Galicia Dev. 2-02 (8) / 0-05 (5) Iberia
  • Cuartos final Development: Galicia Dev. 3-09 (18) / 0-02 (2) Alemaña
  • Semifinal Development: Galicia Dev. 0-04 (4) / 0-02 (2) Bretaña
  • Final Development: Galicia Dev. 1-07 (10) / 1-03 (6) Francia Dev.

Convocatoria: Laura Gutiérrez, María Benavides [porteiras], Olalla Alonso, Lourdes Rey, Ana Costas, Vanesa Puente [defensas], Jenny González, Antía Botana, Antía Iglesias, Tamara Mulaosmanovic, Athenia Álvarez, Rocío Aldrey [medios], Iria Quiroga, Verónica Iñarrea, Leticia Carrera [dianteiras]

Corpo técnico: Pablo Da Silva

A selección masculina Development acadou o camipionato Development tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos A: Galicia Dev. 6-06 (24) / 0-04 (4) Alemaña
  • Fase de grupos A: Galicia Dev. 6-05 (23) / 1-02 (5) Occitania
  • Fase de grupos B: Galicia Dev. 2-04 (10) / 1-06 (9) Gascoña
  • Fase de grupos B: Galicia Dev. 5-04 (19) / 0-01 (1) Italia
  • Semifinal Development: Galicia Dev. 1-07 (10) / 0-04 (4) GGE Team
  • Final Development: Galicia Dev. 3-05 (14) / 1-06 (9) Francia Dev.

Convocatoria: Pablo Couto [porteiro], Eduardo Fernández, Borja González, Bruno López, Alejandro D. Fuentes, Julio Brandido, Gabor Pazos [defensas], Pablo Mascareñas, Daniel Rey, Lucas Vázquez, Miguel García, Edgar Cruz [medios], Millán Brea, Andrés Fernández, David Dios [dianteiros]

Corpo técnico: Alberto Méndez

Detalle convocatorias

Galicia dobre campioa Development europea

I Celtic Cup

25 de febreiro de 2023, Manuel Anxo Cortizo, Lalín

Feminino

  • Galicia 3-13 (22) / 4-13 (25) Kilmacud Crokes

Convocatoria: Silvia Álvarez, Antía Iglesias, Claudia Piñeiro, Laura Nercellas, Ánxela Estévez, Alba Rodríguez, Lourdes Rey, Vanesa Puente, Loreto Alonso, Jenny González, Tamara Mulaosmanovic, Leticia Zapata, Iria Labandeira, Antonella Larrasq, Alba Fontán

Masculino

  • Galicia 4-08 (20) / 0-08 (8) Madrid Harps
  • Galicia 1-06 (9) / 1-11 (14) C.L.G. Ghleann Fhinne

Convocatoria: David de la Torre, Borja González, Daniel Conde, Tomás Lagoa, Pablo Bermejo, Adrián Rey, Adrián Ambrosio, Adriano Quiroga, Bruno López, Daniel Santalla, Santi Rodríguez, Iago Couso, David Dios, Lucas Vázquez, Ismael Pereira, Alexandre Louzao, Javier Cagiao

Antonella proba a portería

15th Hague International Tournament

4 de marzo de 2023, Droogleever Fortuynweg, A Haia (Paises Baixos)

Feminino

  • Fase de grupos: Galicia 3-04 (13) / 4-02 (14) Law Society (Dublín)
  • Fase de grupos: Galicia 3-04 (13) / 1-01 (4) Den Haag (A Haia)
  • Fase de grupos: Galicia 3-06 (15) / 1-03 (6) St. Fininans (Dublín)
  • Fase de grupos: Galicia 0-03 (3) / 3-03 (12) Douglas (Cork)
  • Fase de grupos: Galicia 2-07 (13) / 1-01 (4) Croi Ro Naofa (Dublín)

Convocatoria: Loreto Alonso, María Silveira, Ánxela Estévez, Lourdes Rey, Alba Rodríguez, María Benavides, Alba Fontán, Jenny González, Iria Buxán, Antonella Larrasq, Leticia Zapata, Antía Iglesias, Athenia Álvarez, Loayra Gómez, Olalla Alonso

Masculino

  • Fase de grupos: Galicia 3-04 (13) / 1-05 (8) Den Haag (A Haia)
  • Fase de grupos: Galicia 1-05 (8) / 1-04 (7) Clontarf (Dublín)
  • Fase de grupos: Galicia 3-04 (13) / 1-05 (8) Law Society (Dublín)
  • Fase de grupos: Galicia 0-05 (5) / 1-08 (11) Glinsk (Galway)

Convocatoria: Adrián Ambrosio, Adrián Rey, Borja González, Bruno López, David de la Torre, Dani Conde, Iago Couso, Ismael Pereira, Javier Cagiao, Lucas Vázquez, Pablo Bermejo, Tomás Lagoa, Santi Rodríguez

Adrián Rey avanza entre os riváis

IV World Games

24 a 28 de xullo de 2023, Derry Centre of Excellence, Owenbeg (Irlanda)

Cuarta edición tralas de 2015 (Abu Dhabi, Emirator Árabes), 2016 (Dublín, Irlanda) e 2019 (Waterford, Irlanda) e máis grande ata a data, con ata 100 equipos e 2000 xogadores repartidos en varias categorías e códigos (fútbol, hurling, etc.). Seguindo a estela do Europeo de Pontevedra-Poio, as seleccións galegas repiten participación en modalidade Championship e Intermediate (ex-Development), tanto no masculino como feminino.

A selección feminina Championship acadou o quinto posto tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Ch. 8-07 (31) / 0-00 (0) Camboia
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 2-04 (10) / 0-01 (1) USA Heartland
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 1-04 (7) / 1-02 (5) Quebec
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 0-02 (2) / 2-07 (13) Francia Ch.
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 8-08 (32) / 0-01 (1) GGE Team
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 1-03 (6) / 1-02 (5) Benelux
  • Cuartos de final: Galicia Ch. 2-02 (8) / 0-10 (10) Australia (prórroga)

A selección masculina Championship acadou o quinto posto tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Ch. 1-09 (12) / 3-02 (11) Canadá
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 0-04 (4) / 0-07 (7) Grat Britain S.M.
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 1-10 (13) / 0-01 (1) Arxentina
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 0-03 (3) / 0-05 (5) Francia Ch.
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 1-06 (9) / 0-06 (6) Bretaña
  • Fase de grupos: Galicia Ch. 0-04 (4) / 1-00 (3) USA Charlotte
  • Semifinal: Galicia Ch. 1-05 (8) / 1-07 (10) Australia

A selección feminina Development acadou o quinto posto Shield tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Int. 1-02 (5) / 0-01 (1) Occitania
  • Fase de grupos: Galicia Int. 0-04 (4) / 1-01 (4) Iberia
  • Fase de grupos: Galicia Int. 1-00 (3) / 1-02 (5) Bretaña
  • Fase de grupos: Galicia Int. 0-00 (0) / 6-07 (25) Australia
  • Fase de grupos: Galicia Int. 4-04 (16) / 0-01 (1) Central-East Europe
  • Cuartos final Shield: Galicia Int. 3-03 (12) / 4-03 (12) USA Heartland

A selección masculina Development acadou o subcampionato Shield tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia Int. 0-01 (1) / 0-08 (8) Francia Int.
  • Fase de grupos: Galicia Int. 0-07 (7) / 0-04 (4) Iberia
  • Fase de grupos: Galicia Int. 0-01 (1) / 4-08 (20) Australia
  • Fase de grupos: Galicia Int. 0-07 (7) / 1-01 (4) Ottawa
  • Fase de grupos: Galicia Int. 1-03 (6) / 4-09 (21) USA San Francisco
  • Semifinal Shield: Galicia Int. 1-08 (11) / 0-07 (7) USA Charlotte
  • Final Shield: Galicia Int. 0-05 (5) / 2-09 (15) Ottawa


Convocatorias (detalle)

Championship feminino: Laura Nercellas (Herdeiras de Dhais), Silvia Alvarez (Turonia GFG), Loreto Alonso (Estrela Vermelha), Eva Lago (Fillas de Breogán), Antonella Larrascq (Turonia GFG), Vanesa Puente (Fillas de Breogán), Leticia Zapata (Fillas de Breogán), Alba Rodriguez (Auriense), Anxela Estevez (Estrela Vermelha), Iria Labandeira (Auriense), Carme Reboreda (Dublín GAA), Lucía Mella (Estrela Vermelha), Alba Fontán (Fillas de Breogán).

Championship masculino: Dani Conde (Herdeiros de Dhais), Santi Rodriguez (Herdeiros de Dhais), David de la Torre (Estrela Vermelha), Javier Cagiao (Fillos de Breogán), Borja González (Keltoi GAC), Adriano Quiroga (Estrela Vermelha), Pablo Bermejo (Keltoi GAC), Daniel Santalla (Herdeiros de Dhais), Pablo Mascareñas (Estrela Vermeha), Adrian Rey (Irmandinhos), Iago Couso (Estrela Vermelha), Adrian Ambrosio (Keltoi GAC), Ismael Pereira (Keltoi GAC).

Intermediate feminino: Antía Iglesias (Independiente FC), Rocio Aldrey (Estrela Vermelha), Claudia Piñeiro (Herdeiras de Dhais), Jenny Gonzalez (Fillas de Breogán), Elba Baldomir (Estrela Vermelha), María Silveira (Estrela Vermelha), Olalla Alonso (Independiente FC), Sara Sanchez (Turonia GFG), Athenia Alvarez (París GAA), María Lourdes Rey (Estrela Vermelha), Laura Gutierrez (Estrela Vermelha), Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha), Raquel Gómez (Turonia GFG).

Intermediate masculino: Julio Docampo (Keltoi GAC), Gabor Pazos (Estrela Vermelha), Bruno Lopez (Fillos de Breogán), David Varela (Keltoi GAC), Andres Novoa (Auriense), Diego Rama (Estrela Vermelha), Tomás Lagoa (Estrela Vermelha), Joaquim Fabrés (Auriense), Alexandre Louzao (Keltoi GAC), David Dios (Keltoi GAC), Sergio Serantes (Fillos de Breogán), Millan Brea (Auriense), Lucas Vazquez (Auriense).

Corpo técnico feminino: Pablo Da Silva, Juan Larrasq

Corpo técnico masculino: Alexandre Sanmartín “Jano”, Alberto Méndez

O clásico europeo: Galicia-Francia