A explosión do gaélico feminino
Tras os éxitos colleitados en Irlanda, os seleccionadores femininos, Jerry Holmes e Carlos Torres, presentaron a súa renuncia a continuar no seu posto, por incompatibilidades cos seus traballos. O novo corpo técnico estaría formado por un Pablo da Silva e Santi Rodríguez, adestradores dos combinados femininos de Estrela Vermelha e Herdeiras de Dhais, respectivamente. Eles dous máis o adestrador masculino, Alexandre Sanmartín “Jano”, iniciarían a preparación do primeiro campionato europeo de seleccións en agosto de 2018, e con outro obxectivo no horizonte: o caramelo dos III Xogos Mundiais de 2019 e a hipotética celebración do II campionato europeo na nosa terra.

Novo corpo técnico e pre-convocatorias contra Francia.
2017: Amigable Galicia – Francia
A primeira parada foi un dobre amigableo 18 de marzo de 2017 contra Francia, actual subcampiona masculina, e que se impuxo a ambos combinados galegos no anterior Mundial. Tratariase dun partido histórico para o fútbol gaélico mundial, non só pola entidade de ambos conxuntos, senón por tratarse do primeiro partido de fútbol gaélico televisado en directo (TVG2) fóra de terras irlandesas. O emociante partido feminino acabou nun empate total, 5-13 (28) a 5-13 (28), mentres que os galegos, nunha tarde nefasta onde todo saiu mal, caeron por 2-11 (17) a 7-29 (50). En todo caso, os nosos darían boa conta das leccións aprendidas.
2018: EuroGames
O verán de 2017 sería o primeiro en moitos anos no que a selección descansou activamente, pero comezaría a tempada de forma intensa para preparar o seguinte gran desafío: os EuroGames de Lorient 2018, un proxecto que nacería co fin de promocionar o fútbol gaélico entre europeos non-irlandeses. Enmarcado dentro do Festival Intercéltico de Lorient, esta edición celebraríase o fin de semana do 11 e 12 de agosto de 2018 e participarían tamén os combinados de Francia, Alemaña, Occitania e Bredaña, como organizadores. Os seleccionadores apostaron por un cambio na preparación do torneo, adaptando en certa maneira o que aprenderon dos franceses, baseada en xornadas de concentración durante a tempada, e unha preparación exhaustiva nas derradeiras semanas. Mala decisión non debeu ser, xa que ambos combinados superaron invictos a fase de liguilla, e competindo ambas finais ata o último suspiro. Ao final, os rapaces quedaron subcampións ante Francia (15 a 10, demostrando a mellor con respecto ao amigable de 2017), mentres que as rapazas acadaron o título, tamén ante Francia, tras imporse 28 a 24 na prórroga.

2019: III World Games
Tras os éxitos acadados no 2018 en Bretaña, as seleccións afrontan os seu seguinte gran evento: a terceira edición dos GAA World Games, o maior evento internactional de deportes gaélicos, que se celebraría dende o 29 de xullo ata o 2 de agosto en Waterford, Irlanda.
Torneos preparativos
Durante a tempada 2018/19, a selección afronta diferentes amigables de cara a preparar a cita. O 9 de marzo, aprobeitando a celebración da segunda edición do Torneo Garañón, organizado por Irmandinhos A Estrada, a selección feminina desputou un partido amigable contra o equipo irlandés Kilglass Gaels.
Unha semana despóis, o 16 de marzo, ambos combinados desprazáronse a Madrid para participar no prestixioso torneo internacional que cada ano por estas datas organiza o club de fútbol gaélico Madrid Harps. Trátase dun torneo de carácter amistoso pero cun gran nivel competitivo. Foi, precisamente, a elevada e contrastada calidade dos equipos que participan na copa dos “Harps” o que motivou aos preparadores galegos a inscribirse, porque o obxectivo principal das nosas seleccións en Madrid non era outro que o de coller minutos e experiencia competitiva no camiño preparatorio dos GAA World Games.
No torneo, que se celebrou no campo de rugby de Hortaleza, participaron 10 equipos. No apartado feminino Galicia encadrouse nun grupo único de 4 escadras xunto con Shamrocks (Madrid), Leprechauns (Madrid) e St Jude’s GAA (Bournemouth, Inglaterra). No eido masculino participaron 6 conxuntos divididos en 2 grupos de 3 equipos, onde Galicia quedou enmarcada no grupo B xunto con Madrid Harps GAA “B” e Wandsworth (Londres), mentres que no grupo A participan Harps GAA “A”, Zurich Inneoin GAA e St Judes.
Finalmente a selección galega feminina corouse campioa do torneo tras vencer a Madrid 3-13 (22) a 0-05 (5), mentras que a masculina quedou subcampioa tras caer ante precisamente os madrileños por 0-05 (5) a 0-03 (3).
Waterford
Tras estes compromisos amigables, os seleccionados voltaron á rutina das competicións ata o seu remate o 1 de xuño, data na que se celebrou a Final do Campionato Ibérico en Barcelona. Unha vez rematadas as competicións, os preseleccionados afrontaron dous meses de duro adestramento para chegar na mellor forma posible a Waterford. Ambos combinados partirían o 26 de xullo para terras irlandesas.
Na competición masculina a Selección caeu en oitavos de final. Na fase de grupos, Galicia quedarían encadrados con Asia, San Francisco GAA e os imbatibles New York GAA, que se xogaría a dobre volta. Os galegos venceron de forma contundente a asiáticos e californianos. O primeiro partido contra os neoiorquinos caería claramente do lado americano, mentres que o segundo, se ben foi parar tamén para os estadounidenses, estivo igualado durante a maior parte do partido. Superada a fase de grupos coma segunda de grupo, o sistema de competición estableceu que a nosa selección debería xogar unha fase preliminar aos cuartos de final, que nos encadraría contra unha vella coñecida: Francia. Nun partido longuísimo, calificado por varios espectadores coma o mellor partido do torneo, decidiuse na segunda parte da prórroga a favor dos franceses por 16 a 14. Galicia quedaba, polo tanto, eliminada no partido máis competido e coa sensación de que, de ter superado o encontro, podía terse chegado a semifináis.
Pola súa parte, a Selección feminina sí acadou o obxectivo das semifináis. As galegas superaron a fase de grupos coma segundas de grupo, impóndose claramente ás seleccións de Bretaña e USA GAA, mentras caían pola mínima en ambos encontros contra Toronto GAA. Nos cuartos de final, Canada GAA non foron rival para as nosas, que venceron por 13 a 2. Na semifinal esperaban as rocosas rapazas de New York GAA, que demostraron estar a outro nivel impóndose 22 a 7. Galicia remataba, polo tanto, ás portas da final de Croke Park e alzándose co 3º posto.

Especiáis
Especial amigable Galicia – Francia (2017)
Detalle das convocatorias e resultados do 2017-2018
Ficha técnica
Galicia – Francia
18 de marzo de 2017, Campo da Universidade, Ourense (Ourense).
- Resultado feminino: Galicia 5-13 (28) / 5-13 (28) Francia
- Resultado masculino: Galicia 2-11 (17) / 7-29 (50) Francia
Galicia (F): Carmen Fernández “Kamy”, Inés Carballo [porteiras], Lorena Pereiro, Lucía Mella, Patricia García, Nuria Tilve [defensas], Andrea Campos, Ánxela Estévez, Cristina Magariños [medio-defensas], Carme Reboreda, Laura Paz, María Crespo [medios], Alba Rodríguez, Eva Lago, María Rodríguez “R2”, Vanesa Calviño [medio-dianteiras], Laura Nercellas, María García “Mery” [dianteiras]
Galicia (M): David de la Torre “Cebolo”, Jacobo Dorribo [porteiros], Alberto Méndez, Álex Seijas, Julio Brandido, Pablo Bermejo [defensas], David Fuentes “Kanario”, Gonzalo Cerviño, Juan Mejuto, Iago Couso [medio-defensas], Diego Diéguez, Manuel Suárez, Mario Iglesias [medios], Adriano Quiroga, Daniel Santalla, Marcos Gañete “Corba” [medio-dianteiros], Juan Fariñas, Rubén Leborán [dianteiros]

I EuroGames
Agosto de 2018, Stade du Monsoir, Lorient (Bretaña)
Tras os éxitos internacionais dos dous primeiros GAA World Games de 2015 e 2016, iníciase en Europa un novo proxecto para difundir o fútbol gaélico entre non-irlandeses: o Gaelic Euro ou EuroGames.
Na competición masculina a Selección rematou subcampiona cos seguintes resultados:
- Fase liguilla: Galicia 1-11 (14) / 0-04 (4) Gascuña
- Fase liguilla: Galicia 4-04 (16) / 0-09 (9) Francia
- Fase liguilla: Galicia 11-11 (44) / 1-02 (5) Alemaña
- Fase liguilla: Galicia 1-06 (9) / 2-03 (9) Bretaña
- Final: Galicia 2-04 (10) / 1-12 (15) Francia
Na competición feminina a Selección Galega foi campiona tras os seguintes encontros:
- Fase liguilla: Galicia 4-06 (18) / 0-07 (7) Francia
- Fase liguilla: Galicia 7-12 (33) / 0-02 (2) Alemaña
- Fase liguilla: Galicia 5-10 (25) / 1-02 (5) Bretaña
- Final: Galicia 4-16 (28) / 3-15 (24) Francia (tras prórroga)
Convocatoria feminina (detalle): Leticia Zapata [porteira], Lucía Mella, Ánxela María Estévez (2ªC), Paula Paz, Lorena Pereiro [defensas], Sonia Sobral, Laura Paz (C), Carme Reboreda [medio-defensas], Alba Rodríguez, María García, Nazaret Touceiro [medio-dianteiras], Laura Nercellas, Uxía Castro, Vanesa Calviño [dianteiras], Pablo Da Silva, Santi Rodríguez, María José Bodaño [corpo técnico]
Convocatoria masculina (detalle): Jose Antonio Barbeito “Mancu” [porteiro], Julián Otero, Brais Prieto, Jacobo Dorrio, Sergio Salgado “Juve” [medio-defensas], Pablo Bermejo (C), David Fuentes “Kanario”, Pablo Fraiz “Panzu” [medio-centros], Daniel Santalla, Alejandro Costoya, Adriano Quiroga [medio-dianteiros], Iago Couso, Rubén Leborán, Víctor Santos [dianteiros], Alexandre Sanmartín “Jano” [corpo técnico]

Preparación World Games
Torneo Garañón
09 de marzo de 2019, Campo Novo, A Estrada (Pontevedra)
Resultado feminino: Galicia (D) / (V) Kilglass Gaels

Torneo Internacional de Madrid
16 de marzo de 2019, Campo de rugby de Hortaleza (Madrid).
Final feminina: Madrid Harpettes 0-05 (5) / 3-13 (22) Galicia
Final masculina: Madrid Harps 0-05 (5) / 0-03 (3) Galicia

III World Games
29 de xullo a 2 de agosto de 2019, WIT Arena, Waterford (Irlanda)
Na competición feminina a Selección Galega acadou as semifináis tras os seguintes encontros:
- Fase de grupos: Galicia 6-03 (21) / 0-00 (0) Bretaña
- Fase de grupos: Galicia 5-05 (20) / 1-02 (5) USA GAA
- Fase de grupos: Galicia 1-04 (7) / 2-03 (8) Toronto GAA
- Fase de grupos: Galicia 3-06 (15) / 0-00 (0) Bretaña
- Fase de grupos: Galicia 2-07 (13) / 0-02 (2) USA GAA
- Fase de grupos: Galicia 2-03 (9) / 2-04 (10) Toronto GAA
- Cuartos de final: Galicia 1-10 (13) / 0-02 (2) Canada GAA
- Semifinal: Galicia 1-04 (7) / 4-10 (22) New York GAA
Convocatoria (detalle): Silvia Álvarez [porteira], Alba Fontán, Ánxela Mª Estévez (C), Lucía Mella [defensas], Lorena Pereiro, Alba Rodríguez (2ªC), Eva Porto [medios], Laura Nercellas, Carme Reboreda, Nazaret Touceiro [medio-dianteiras], Uxía Castro, Mª Dolores Vila “Loles” [dianteiras], Pablo Da Silva, Santi Rodríguez, María José Bodaño [corpo técnico]
Na competición masculina a Selección caeu na previa de cuartos de final (equivalente a oitavos de final) cos seguintes resultados:
- Fase de grupos: Galicia 5-10 (25) / 0-01 (1) Asia
- Fase de grupos: Galicia 0-02 (2) / 2-07 (13) New York GAA
- Fase de grupos: Galicia 1-09 (12) / 0-00 (0) San Francisco GAA
- Fase de grupos: Galicia 5-13 (28) / 0-01 (1) Asia
- Fase de grupos: Galicia 0-03 (3) / 2-08 (14) New York GAA
- Fase de grupos: Galicia (V) / (D) San Francisco GAA
- Pre-cuartos de final: Galicia 3-05 (14) / 2-10 (16) Francia (tras prórroga)
Convocatoria (detalle): Jose Antonio Barbeito “Mancu” [porteiro], Álex Domínguez, Daniel Castro “Yupe” (C), Pablo Bermejo (2ºC) [defensas], Pablo Fraiz “Panzu”, Jacobo Dorrio, Adriano Quiroga [medio-defensas], Alejandro Costoya, Daniel Santalla, Tomás Teijeiro [medios], Víctor Santos, Iago Couso, Julián Otero [dianteiros], Alexandre Sanmartín “Jano”, Alberto Méndez, David Felpete [corpo técnico]
