Inaugúranse os Xogos Mundiáis

2015: I World Games en Abu Dhabi

Grazas a esta historia persoal e deportiva, a Selección acadou o dereito a unha praza na primeira edición dos 2015 GAA World Games Abu Dabi, os primeiros Campionatos Mundiais de fútbol gaélico cos que a Gaelic Athletic Association recoñecía a recente expansión fóra da Irlanda deste deporte nacido nese país no século XIX. A participación galega foi excepcional.

Na competición masculina a Selección rematou subcampiona, sendo derrotada na prórroga da final 0-4 (4) a 1-4 (7) a favor de Arxentina. Pola súa parrte a selección feminina foi terceira tras caer na semifinal contra Oriente Medio e imporse a Sudáfrica.

Preparación para os novos xogos mundiáis

Os combinados galegos xogaron outros amigábeis de novo en Bretaña o 16 de agosto deste 2015 co gallo da I Copa Intercéltica e do Festival Celta de Lorient. As mulleres perderon por 3-10 (19) a 0-9 (9) mais os rapaces gañaron aos bretóns por 0-13 (13) a 3-09 (18).

Cara final de ano, organizouse nas nosas terras un novo amigábel contra unha selección de xogadoras e xogadores irlandeses. O 31 de outubro, o campo das Cancelas de Compostela viu unha dobre derrota dos nosos, as rapazas por 1-03 (6) a 4-15 (27) e os rapaces por un máix axustado 4-10 (22) a 4-17 (29).

O 20 de mario, a raíz do partido amigábel de fútbol británico entre as seleccións masculinas de Galicia e Venezuela, tivo no descanso unha exhibición das nosas seleccións de fútbol gaélico. Dous partidos de 5 minutos (masculino e feminino) fronte aos 40.000 espectadores que se reuniron en Riazos. O día seguinte, tivo lugar en Sada un amigábel contra unha selección de xogadores irlandeses residentes en Andalucía, para preparar os novos Xogos Mundiais que ían ter lugar en agosto. O partido finalizou 12-13 (49) a 2-12 (18) para os nosos rapaces. Unha hora antes, ante a imposibilidade de realizar unha selección de xogadoras andaluzas, as rapazas xogaron un amigábel entre elas.

2016: II World Games en Irlanda

No verán de 2016, un ano máis tarde da primeira e exitosa edición dos GAA World Games, celébrase a segunda edición, esta vez nas terras que viron nacer este deporte e onde son relixión, Irlanda, coincidindo co centenario da súa independencia.

Na competición masculina a Selección rematou no terceiro posto (campión do torneo Plate) . Tras unha brillante primeira fase, gañando contundetemente a Bretaña, empatando contra a potente Sudáfrica e tras unha derrota contra os á postre campións, Nova York, os nosos non foron capaces de clasificarse para a final ao quedar segundos no grupo da segunda fase, superando amplamente a Alemaña e Arxentina pero caendo por 1-04 (7) a 0-09 (9) contra Francia, que acabaría subcampiona. Con isto, Galicia quedaba clasificada para o grupo Plate, onde as victorias contra China, Chicago e San Francisco coronábana como campiona do torneo Plate, equivalente ao 3º posto global.

Pola súa parte, na competición feminina a Selección Galega foi quinta (campiona do torneo Shield). As nosas guerreiras quedaron apeadas na primeira fase logo de gañar folgadamente a Europa 2, pero caer contra Canadá e Nova York, clasificándose para o torneo Shield xunto con Europa 2, Francia e Sudáfrica, que consistiría nunha liguilla e unha posterior final entre os 2 primeiros da mesma. Con dúas victorias, e unha derrota pola mínima contra Francia (7 a 8), a revancha contra as francesas chegaría inmediatamente despóis na final, caendo do lado galego por 12 a 11.

Ficha técnica

I World Games

Marzo de 2015, Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos)

Na competición masculina a Selección rematou subcampiona cos seguintes resultados:

  • Fase de grupos: Galicia 2-04 (10) / 1-02 (5) Sudáfrica
  • Fase de grupos: Galicia 1-03 (6) / 1-07 (10) Arxentina
  • Fase de grupos: Galicia 4-06 (18) /  0-00 (0) Oriente Medio
  • Semifinal: Galicia 2-06 (12) / 0-05 (5) Sudáfrica
  • Final: Galicia 0-04 (4) / 1-04 (7) Arxentina

Na competición feminina a Selección Galega foi terceira tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia 2-03 (9) / 0-02 (2) Sudáfrica
  • Fase de grupos: Galicia 0-00 (0) / 2-06 (12) Canadá
  • Fase de grupos: Galicia 1-01 (4) / 2-03 (9) Oriente Medio
  • Semifinal: Galicia 1-04 (7) / 3-06 (15) Oriente Medio
A selección galega masculina, segunda en 2015
A selección galega masculina, segunda en 2015

Preparación World Games

Bretaña – Galicia

16 de agosto deste 2015, Estadio de Karolay, Lorient (Bretaña)

  • Resultado feminino: Brittany 3-10 (19) / 0-09 (9) Galicia
  • Resultado masculino: Brittany 0-13 (13) / 3-09 (18) Galicia

Galicia (F): Lucía Álvarez, Lucía Bibián, Marta Blanco, Patricia Calviño, Vanesa Calviño, Astrid Constenia, Ana Davila, Ánxela Estévez, Carmen Fernández, Alba Fontán, Patricia García, Ana Gómez, Eva Lago, Cristina Margariños, Laura Paz, Sonia Sobral, Nuria Tilve.

Galicia (M): Javi Alonso, David Fuentes “Kanario”, Marcos Gañete “Corba”, Alex Vidal, Alberto Suárez “Lupo” [Irmandinhos A Estrada]; David de la Torre “Cebo”, Diego Diéguez, Rubén Leborán, Adriano Quiroga [Estrela Vermelha]; Lois González [Auriense]; Cristian Iglesias “Popi”, Daniel Sedano [Keltoi Vigo]; Jacobo Liño “Kobo”, Pablo Loira [Pontevedra FG]; Anxo Meizoso, Aro Oliveira, Julián Pereira, Dani Vázquez [Fillos de Breogán].

Segunda visita a Lorient

Galicia – Ireland Club Selection

31 de outubro de 2015, Campo das Cancelas, Compostela (A Coruña).

  • Resultado feminino: Galicia 1-03 (6) / 4-15 (27) Ireland Club Selection
  • Resultado masculino: Galicia 4-10 (22) / 4-17 (29) Ireland Club Selection
Expectación por ver á selección nas Cancelas

Galicia – Andalucía (Irish Selection)

21 de maio de 2016, Campo Andrés Pena, Sada (A Coruña).

  • Resultado masculino: Galicia 12-13 (49) / 2-12 (18) Andalucía
Exhibición no descanso do Galicia-Venezuela en Riazor
Ante a selección de xogadores irlandeses en Andalucía

II GAA World Games

Agosto de 2016, Dublín (Irlanda)

Na competición masculina a Selección rematou terceira (Plate) cos seguintes resultados:

  • Primeira fase: Galicia 4-05 (17) / 0-03 (3) Bretaña
  • Primeira fase: Galicia 1-03 (6) / 1-03 (6) Sudáfrica
  • Primeira fase: Galicia 0-02 (2) / 0-06 (6) Nova York
  • Segunda fase: Galicia 4-05 (17) / 0-00 (0) Alemania
  • Segunda fase: Galicia 2-04 (10) / 0-02 (2) Argentina
  • Segunda fase: Galicia 1-04 (7) / 0-09 (9) Francia
  • Plate: Galicia (24) / (1) China
  • Plate: Galicia (13) / (10) Chicago
  • Plate: Galicia (23) / (5) San Francisco

Convocatoria: David de la Torre [porteiro], Alberto Méndez, Alejandro Seijas, Daniel Castro “Yupe” [defensas], Javier González, Mario Iglesias, David Fuentes “Kanario” [medio-centros], Pablo Durán, Iago Couso, Marcos Gañete “Corba”, Adriano Quiroga [medio-dianteiros], Rubén Leborán, Aro Oliveira [dianteiros]

Na competición feminina a Selección Galega foi quinta (Shield) tras os seguintes encontros:

  • Primeira fase: Galicia 5-07 (22) / 0-00 (0) Europa 2
  • Primeira fase: Galicia 1-00 (3) / 0-10 (10) Canadá
  • Primeira fase: Galicia 1-02 (5) / 1-04 (7) Nova York
  • Segunda liguilla: Galicia 4-07 (19) / 0-00 (0) Europa 2
  • Segunda liguilla: Galicia 2-01 (7) / 2-02 (8) Francia
  • Segunda liguilla: Galicia 1-04 (7) / 0-01 (1) Sudáfrica
  • Final Shield: Galicia 3-03 (12) / 2-05 (11) Francia

Convocatoria: Mónica González [porteira], Alba Fontán, Ánxela Estévez, Andrea Campos [defensas], Ana Vilar, Candela Vilas, Laura Paz [medio-centros], Athenia Álvarez, Eva Lago, María Crespo, Alba Rodríguez [medio-dianteiros], Lucía Cortizo, María Corrochano [dianteiras]

Expedición de Dublín