O próximo día 18 de marzo de 2017 terá lugar en Ourense o amigable entre as seleccións galega e francesa de fútbol gaélico. Será un dobre enfrontamento entre as seleccións masculinas e femininas.
Atoparás toda a información no seguinte dossier (versión galega / versión fancesa).
Introdución
O crecemento do número de equipos e clubes que practican o deporte rei irlandés, en conxunto co alto nivel dos seus xogadores e xogadoras fixo posible a creación da Selección Galega de Fútbol Gaélico a cal representa a nosa comunidade fora dela.
En agosto de 2016, os nosos seleccionados desprazáronse ata Dublín para disputar os segundos Xogos Mundiais dos deportes gaélicos. Por segundo ano consecutivo, Galicia estaba representada a nivel mundial, competindo contra seleccións cuxas ligas nacionais levan máis de 50 anos de historia.
Precisamente neses pasados Xogos Mundiais a nosa selección enfrontouse a Selección Francesa. Encontros nos que quedou demostrado o gran nivel que ambas seleccións posúen.
Os nosos
Actualmente os seleccionadores galegos, Alexandre Sanmartín “Jano” -masculina-, Santiago Rodríguez e Pablo da Silva -feminina- publicaron unha lista de 24 rapaces e 34 rapazas. Desa pre-convocatoria saíron as 32 rapazas e rapaces que disputarán o encontro do próximo 18 de marzo.
¿Queres saber máis da historia da nosa selección?
O rival
A selección francesa é un dos combinados máis potentes no ámbito das seleccións nacionais a nivel mundial. Este feito quedou demostrado nos pasados Xogos Mundiais celebrados en Irlanda en 2016, especialmente no caso masculino xa que acadaron o subcampionato. Acadaron o pase á final no derradeiro partido da segunda fase, precisamente ante o combinado galego, rematando por un axustado 7-9, polo que este partido terá certo sabor de revancha para os nosos.
O encontro feminino tampouco estará exento de morbo. Logo de caer eliminadas por pouco na primeira fase do Mundial, ambas accederían ao denominado campionato Shield, que decidiría o 5º posto do Mundial. Tanto Galicia como Francia lograron abrise camiño ata a final, onde as nosas se impuxeron por un tamén axustado 12-11.
O 18 de marzo espéranse dous partidos de alto nivel competitivo entre dúas das mellores seleccións nacionais do mundo que se coñecen moi ben.
O campo
Os partidos desputaranse no Campo de Rugby da Universidade de Ourense (Campus As Lagoas, 32004, Ourense).
Situado na saída sur da cidade das Burgas, e empregado habitualmente para a práctica de fútbol e rugby, neste campo tamén é habitual ver fútbol gaélico, xa que é o lugar de adestramento do equipo da cidade, o Auriense F.G., onde tamén desputan os seus partidos como locais. Cunha base de céspede artificial, conta cun tamaño de 95m x 65m.
Os partidos terán lugar o sábado 18 de marzo a partir das 17h da tarde.
Terceiro tempo
A cea terá lugar na Asociación Aixiña (Rúa Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense). Logo da cea continuarase a festa por diversos locais da cidade. Contamos cun servizo de bus que nos trasladará dende a residencia Universitaria ata Aixiña e logo traerános de volta a zona de festa.
O Aloxamento para todos os que desexen pernoctar en Ourense (previa solicitude) será na Residencia Universitaria As Burgas, no mesmo Campus Universitario de As Lagoas; Avenida Alfonso Rodriguez Castelao 26, 32004 Ourense.
Horarios
Organización
A organización do evento corre a cargo da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, así como o clube Auriense F.G. como anfitrión. Agardamos que entre todas as persoas participantes fagamos deste día a gran festa do Fútbol Gaélico onde estean presentes a deportividade, o compañeirismo e os valores deste marabilloso deporte.
Grazas pola vosa asistencia e unha aperta da familia do Auriense F.G. e do fútbol gaélico galego.
Poderedes descargar un pequeno dossier ca información anteriomente comentada, tanto en galego coma francés:
Que din os protagonistas?
Os protagonistas falan: impresións e reflexións dos xogadores e corpo técnico:
- Impresións d@s porteir@s galeg@s
- Impresións d@s defensas galeg@s
- Impresións d@s centrocampistas galeg@s
- Impresións d@s dianter@s galeg@s
- Impresións d@s capitán/as e corpo técnico galego
- Impresións do corpo técnico francés
Retransmisión en directo e fotos
Non podes asistir ao partido? Non te preocupes! Poderás seguilo en directo a través da TVG2, na televisión ou a través da súa web:
http://www.crtvg.es/deportes/directo/
Para aqueles que non o puideron ver, poderedes ver o partido na plataforma online da TVG:
- Feminino: http://www.crtvg.es/deportes/futbol-gaelico-feminino-galicia-francia-amigable
- Masculino: http://www.crtvg.es/deportes/futbol-gaelico-masculino-galicia-francia-amigable
Podedes ver as fotos do evento na seguinte galería:
Resultado
Resultado feminino: Galicia 5-13 (28) / 5-13 (28) Francia
Resultado masculino: Galicia 2-11 (17) / 7-29 (50) Francia
Prensa
Artigos pre-partido
- La Selección Francesa de fútbol gaélico jugará un amistoso en el Universitario, La Voz de Galicia, 25 febreiro 2017
- Ourense acogerá un amistoso entre Galicia y Francia, Faro de Vigo, 25 febreiro 2017
- Fútbol gaélico de nivel con los Galicia-Francia, La Región, 25 febreiro 2017
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico medirase á de Francia o 18 de marzo en Ourense, 21 Noticias, 27 febreiro 2017
- Galicia, desquite con Francia, Galicia Confidencial, 1 marzo 2017
- Evento na Deputación de Ourense
Artigos post-partido
- Oye, ¿qué es esto del fútbol gaélico?, La Región, 19 marzo 2017
- Cara y cruz para Galicia en el amistoso contra Francia, Faro de Vigo, 19 marzo 2017
- Galicia celebra o auxe do fútbol gaélico con dous partidos históricos ante Francia, Praza Pública, 19 marzo 2017
- Galicia e Francia deixan unha espectacular xornada de Futbol Gaélico en Ourense, Ourense Deportivo, 19 marzo 2017
- Elas empataron, eles perderon e o gran gañador foi o fútbol gaélico, Diario da Universidade de Vigo, 20 marzo 2017
- Os amigables entre as seleccións galega e francesa de fútbol gaélico, xuntaron a afeccionados de toda Galicia, O Sil, 20 marzo 2017