Durante o 11 e 12 de agosto celebraranse a primeira edición dos EuroGames, os xogos gaélicos europeos, en Lorient (Bretaña). A este torneo acudirán as seleccións galegas de fútbol gaélico, masculina e feminina.
Introdución
O crecemento do número de equipos e clubes que practican o deporte rei irlandés, en conxunto co alto nivel dos seus xogadores e xogadoras fixo posible a creación da Selección Galega de Fútbol Gaélico a cal representa a nosa comunidade fora dela.
Nos anos 2015 e 2016, os nosos seleccionados desprazáronse ata Abu Dhabi e Dublín respectivamente para disputar as dúas primeiras edicións dos Xogos Mundiais dos deportes gaélicos. Nesas dúas históricas citas, Galicia estaba representada a nivel mundial, competindo contra seleccións cuxas ligas nacionais levan máis de 50 anos de historia.
Seguindo a estela do éxito destas citas, o 2018 celebrarase o primeiro campionato europeo de seleccións, encadrado no marco do Festival Intercéltico de Lorient.
Os nosos
Os seleccionadores galegos, Alexandre Sanmartín “Jano” -masculina-, Santiago Rodríguez e Pablo da Silva -feminina-, tras observar a evolución dos seus pupilos durante todo o ano, pecharon as convocatorias definitivas de 13 membros que viaxarán á Bretaña. A expedición iniciará o venres 10 de agosto a súa viaxe dende A Coruña, realizando paradas en Compostela e Vigo, ata chegar ao aeroporto de Oporto. Dende alí voarán a Nantes, onde se trasladarán ao fin á cidade de Lorient.
¿Queres saber máis da historia da nosa selección?
Os rivais
Bretaña
A selección máis antiga do continente ten a honra de exercer de anfitriona nesta primeira edición do campionato europeo. Trátase dunha vella coñecida, pois precisamente foi o rival no debut da nosa selección alá polo 2012 en Narón, con victoria incluída. Os camiños dos bretóns e galegos volveron cruzarse multitude de veces, en 2013 e 2015 con sendos amigables en Lorient, e o primeiro partido oficial no mundial de Dublin de 2016.
Convocatoria feminina
Charlotte Besson (Vannes); Maude Loquais (Vannes), Adèle Dannoot (Vannes), Stéphanie Crozet (Paris/Rennes); Célia Firmin (Rennes), Lisa Hamon (Rennes), Elena Benoist (Rennes); Sarah Bowman (Nantes), Julie Jezegou (Brest); Manon Mauvais (Nantes), Flore Ménard (Lorient); Melinda Aguilar (Vannes), Morgane LeBoulc’h (Rennes), Marine Herbert (Nantes)
Convocatoria masculina
Jean Jacques Chesnais (Rennes); Jean Thomelin (Liffré), Sylvain Roinard (Quimper), Martial Chesnais (Rennes); Camille Dreillard (Nantes), Yoann Dissez (Rennes), Ronan Hervé (Lorient); Antoine Durmann (Vannes), Arnaud Vitrai (Nantes), Romain Balanant (Rennes); Charles Antoine Josso (Lorient), Nicolas Gouin (Nantes); Ludovic Lumineau (Guérande), Damien Le Clec’h (Guérande).
Francia
A selección francesa debutou no ano 2014 nun partido amigable contra Italia. Aínda que é lixeiramente máis nova que a nosa, os enfrontamentos entre galegos e franceses son xa un clásico. Tanto rapaces como rapazas se viron as caras en Dublín 2016, con sorte dispar (os franceses se clasificaron para a final Senior apeando aos galegos, mentres que as galegas gañaron ás galas na final Shield). Sen embargo, na memoria queda o dobre amigable disputado en Ourense o 18 de maio de 2017, cun empate no feminino e ampla victoria gala no masculino.
Convocatoria feminina
Léa Viret (Paris), Estelle Roche (Rennes); Samantha Delorme (Paris), Julia Le Coq (Rennes), Pauline Paracchini (Clermont); Claire Bonnal (Rennes), Flora Duquesne (Rennes), Claire Vigier (Paris); Angélique Lechevallier (Nantes), Marion Le Couls (Rennes), Camille Auguste (Rennes); Lydie Fageon (Clermont), Julie Coquelle (Rennes), Marianne Siloret (Rennes)
Convocatoria masculina
Jean Tisserand (Paris); Yoann Kersuzan (Liffré), Joris Besson (Clermont), Pol Ewen Rault (Nantes); Baptiste Lezin (Bordeaux), Léo Blanchamps (Paris), Gwenole Leost (Rennes), Mickaël Bonnet (Clermont); Lilian Hirigoyen (Paris), Guillaume Bontemps (Clermont); Antoine Botrel (Liffré), P Guéret, Nathanael Liné (Rennes)
Alemaña
Tras moitos anos de bo traballo a nivel de clubes, o seu combinado nacional bota a andar no ano 2016, debutando directamente no mundial de Dublín. Na segunda fase, os nosos rapaces venceron cómodamente mentres que os combinados femininos non se cruzaron as caras. Sen embargo, tras dous anos de traballo, de seguro que virán a por todas.
Gascuña
Os primeiros EuroGames terán a honra de ver debutar á última incorporación ao mundo dos combinados nacionais europeos, a selección de Gascuña, que participará só na modalidade masculina. Inscrita orixinalmente como Occitania, están formados por xogadores da zona sur de Francia e resulta o combinado máis enigmático ao non ter datos de xogos anteriores.
Convocaroria masculina
Grégory Garrault (Niort); Damien Benay (Niort), Nicolas Tissier (Bordeaux), Romain Faranda (Toulouse); Jean-Noël Prouteau (Niort), Yohan Groizeleau (Bordeaux); Pierre Lemasle (Niort), Thomas Silva (Toulouse); Guillaume Gouffrant (Bordeaux), Nicolas Belani (Bordeaux), Christophe Ferré (Bordeaux); François Philippe (Niort), Joël J (Toulouse)
A sede
O campionato desputarase no campo anexo ao Stade du Monsoir (Rue du Tour des Portes, 56100 Lorient, Francia).
O estadio principal tamén é coñecizo como Stade-Yves Allainmat, e nel xoga habitualmente o equipo de fútbol FC Lorient. Foi inaugurado en 1959 cunha capacidade orixinal para 6000 espectadores, que se incrementou tras sendas remodelacións nos anos 1998 e 2010.
Os campos anexos, onde se disputarán os partidos de fútbol gaélico, contan un con herba artificial e o outro con natural.
Resultados
O torneo comezou o sábado 11 ás 10h, e contou cunha primeira fase de grupos, onde todas as seleccións competían entre sí nunha liguilla dunha soa volta. Os dous primeiros clasificaranse para xogar a final do campionato, que terá lugar o domingo: ás 13h a masculina e ás 15h a feminina.
Competición feminina
Fase de grupos
Equipo | Ptos | XG | XE | XP | Dif. | |
---|---|---|---|---|---|---|
1ª |
Galicia
|
6 | 3 | 0 | 0 | 62 |
2ª |
France
|
4 | 2 | 0 | 1 | 34 |
3ª |
Brittany
|
2 | 1 | 0 | 2 | -10 |
4ª |
Germany
|
0 | 0 | 0 | 3 | -86 |
11/08/2018
Final
12/08/2018
Competición masculina
Fase de grupos
Equipo | Ptos | XG | XE | XP | Dif. | |
---|---|---|---|---|---|---|
1º |
Galicia
|
7 | 3 | 1 | 0 | 56 |
2º |
France
|
6 | 3 | 0 | 1 | 34 |
3º |
Brittany
|
5 | 2 | 1 | 1 | 36 |
4º |
Gascony
|
2 | 1 | 0 | 3 | 1 |
5º |
Germany
|
0 | 0 | 0 | 4 | -127 |
11/08/2018
Final
12/08/2018
Galería de imaxes
Que din os protagonistas?
Os protagonistas falan: impresións e reflexións dos xogadores e corpo técnico:
Patrocinadores
Queres axudar? Ponte en contacto connosco!
Prensa
- Las selecciones gallegas iniciaron en Lalín su preparación para el Europeo, La Voz de Galicia, 20 xuño 2018
- Galicia se concentra en el Cortizo, Faro de Vigo, 20 xuño 2018
- A selección galega competirá no Euro2018 de fútbol gaélico, Sermos Galiza, 21 xuño 2018
- El Estrela Vermelha, presente en el Europeo de Lorient, Compostela 24 Horas, 21 xuño 2018
- Galicia desembarca no Intercéltico de Lorient encabezada por Uxía, Rodrígo Romaní e as seleccións de fútbol gaélico, Praza Pública, 1 agosto 2018
- As irmandiñas do fútbol gaélico, Sermos Galiza, 3 agoso 2018
- Galicia, a polo seu primeiro campionato europeo de fútbol gaélico, Galicia Confidencial, 7 agosto 2018
- Galicia debuta este sábado no europeo de fútbol gaélico en Lorient, Praza Pública, 8 agosto 2018
- Cita continental para a selección de fútbol gaélico, El Correo Gallego, 8 agosto 2018
- Galicia compite nos EuroGames de fútbol gaélico, en Lorient, Televisión de Galicia, 9 agosto 2018
- Galicia fai historia: finalista no primeiro Europeo de fútbol gaélico, Galicia Confidencial, 11 agosto 2018
- Unhas seleccións galegas invictas desputarán a final do Euro2018 de fútbol gaélico, Sermos Galiza, 11 agosto 2018
- A Selección Galega masculina de fútbol gaélico, subcampioa de Europa, Galicia Confidencial, 12 agosto 2018
- Fito: a Selección Galega feminina, primeira campioa de Europa de fútbol gaélico, Galicia Confidencial, 12 agosto 2018
- A selección galega feminina, campioa de Europa de fútbol gaélico, Sermos Galiza, 12 agosto 2018
- A selección galega feminina, campioa de Europa de fútbol gaélico, Televisión de Galicia, 12 agosto 2018
- Galicia, campeona de Europa, La Opinión de A Coruña, 13 agosto 2018
- A selección feminina de fútbol gaélico olla “con ganas” o Mundial após gañar o Europeo, Sermos Galiza, 13 agosto 2018
- Entrevista a Pablo Da Silva (min. 23), Galicia en Goles, 13 agosto 2018
- Falamos coas campioas de Europa de fútbol gaélico, Televisión de Galicia, 17 agosto 2018