Inicialmente previstos para xuño de 2020, a terceira edición dos Euro Gaelic Games celebrarase durante os días 15 e 16 de xullo de 2022 nas localidades de Pontevedra e Poio. Recollendo a antorcha de Lorient 2018, e logo de ser pospostos durante dous anos por mor da pandemia da COVID-19, Galicia volve ao fútbol gaélico de máximo nivel.

A sede

Debido ao alto interese de participación no torneo, con case 30 equipos pre-inscritos, o campionato desputarase en dobre sede Pontevedra-Poio, concretamente nas instalacións de A Xunqueira e A Seca. Ambas instalacións contan con ata tres campos de herba sintética de última xeración recén renovados e con suficiente aforo para acoller ás 400 persoas estimadas que participarán participantes do torneo.

Formato de competición

O formato de competición decidido polo Comité Europeo para esta edición dos Euro Gaelic Games está composto en dous nivéis: a competición Championship (orientada aos equipos máis competitivos e de máximo nivel), e a competición Development (para aqueles equipos menos potentes ou que queiran presentar xogadores actualmente en desenvolvemento), ambos en modalidade feminina e masculina.

Participantes

Actualmente contamos con 30 equipos pre-inscritos, contando con equipos de Alemaña, Francia, Italia, Benelux e Bretaña.

Os nosos

Aos mandos da nosa selección repiten Pablo da Silva e Santiago Rodríguez -feminina- e Alexandre Sanmartín “Jano”, que se atopan en fase de preparación cos pre-seleccionados. Galicia contará con catro equipos: dous en Championship e dous Development (masculino e feminino), que estarán compostos con ata 15 seleccionados cada un.

¿Queres saber máis da historia da nosa selección?

Máis información