
Datos do club
- Nome: Ourense Gaels (nome do equipo: Auriense F.G.)
- Localidade: Ourense (Ourense)
- Fundación: 2014
- Tempada debut: 2014/15
- Equipos: Masculino e feminino
Contacto
- Email: auriensefg@gmail.com
- Web: auriensefg.wordpress.com
- Facebook: @auriensefg
- Instagram: @auriense.fg
- Twitter: @AurienseFG
Adestramentos e partidos
Campo: Pistas Polideportivas Campus de Ourense
Adestramentos (a partir de novembro 2020, confirmar co clube)
Martes: 21:30 – 23:00
Mércores: 20:30 – 22:00
Venres: 21:30 – 23:00
Partidos (horario habitual, pode variar)
Domingo 16:00
NOTA: Pendente a reanudación das competicións a causa da COVID-19.
Historia
Auriense FG é o clube de fútbol gaélico representativo da cidade de Ourense. Foi fundado no ano 2014 e conta con equipos na categoría feminina e masculina. Dende o ano 2016 conta cunha Escola Deportiva Universitaria.
Auriense FG naceu en 2014 por mor da iniciativa dun grupo de xogadoras e xogadores de Afiadoras, clube da liga mixta que xunto con Auriense FG conforma a asociación Ourense Gaels, encargada de promover o fútbol gaélico na cidade, así como todo tipo de eventos deportivos relacionados con este deporte.
O primeiro equipo en liza foi o feminino, que comezou a competir con tan só catro xogadoras, co paso do tempo fóronse unindo máis rapazas o proxecto, cabe destacar que foi o primeiro clube que comezou a súa andadura co equipo feminino. O punto culminante foi a creación do equipo masculino un ano despois, na tempada 2015-2016.
Actualmente o clube segue a medrar e conta cunha Escola Deportiva Universitaria ca que se pretende dar a coñecer ás rapazas e rapaces da cidade o fútbol gaélico e os seus valores.
Palmarés
Palmarés feminino
Liga Galega | 4º posto (2018) 5º posto (2019) 6º posto (2016, 2017) 7º posto (2015) |
Copa Galega | 3º posto (2015*, 2019) 4º posto (2018) 5º posto (2016, 2017) *Combinado Auriense+Mecas |
Copa Asociación | Cuartos final (2016) |
Palmarés masculino
Liga Galega | 4º posto (2019) 5º posto prim. div. (2018) Subcampión seg. div. (2017) 6º posto seg. div. (2016) |
Copa Galega | 3º posto (2019) 4º posto (2017) 5º posto (2016) 6º posto (2015) 7º posto (2018) |
Copa Asociación | Oitavos final (2016) |
