Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

●     Dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas participarán en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario desta modalidade deportiva

●     Do 13 ao 17 de xullo xuntaranse uns 2.000 deportistas de cinco continentes no que será unha enorme celebración do deporte e da cultura gaélica

●     A expedición galega estará conformada por 64 persoas entre xogadores, xogadoras e corpos técnicos, consolidándose como unha das delegacións internacionais máis numerosas da cita.

●     A AGFG puxo en marcha un Crowdfunding para custear o desprazamento e tamén conseguiu o apoio de institucións como Turismo de Galicia, Deporte Galego, Real Federación Galega de Fútbol, e diferentes empresas entre as que cómpre destacar a PuntoGal. Ademais vaise facer promoción da provincia da Coruña da man da Deputación.

Galicia, 11 de xullo de 2026.- Galicia competirá nos World Games 2026 de fútbol gaélico. A competición terá lugar do luns 13 ao venres 17 de xullo na localidade irlandesa de Waterford. Catro seleccións galegas (dúas femininas, e dúas masculinas) estarán loitando con equipos chegados de cinco continentes. Galicia é unha das poucas seleccións que estiveron en todas as edicións desta competición o que dá conta da importancia da modalidade no noso territorio e da proxección internacional das nosas seleccións.

Arredor de 2.000 deportistas tomarán parte nestes World Games 2026 que convertirán Waterford no epicentro do fútbol gaélico e da cultura gaélica no ámbito internacional.

Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) envía unha delegación composta por 64 integrantes entre futbolistas e corpos técnicos. Viaxan 14 futbolistas por equipo, 2 reservas, 4 técnicos e 2 persoas do staff. Será unha das máis numerosas dando conta da fortaleza que o fútbol gaélico ten acadado no noso territorio na última década. Esta disciplina medrou en resultados deportivos e practicantes. O traballo realizado desde as Gaélico Escolas PuntoGal achegou o fútbol gaélico a novas xeracións garantindo unha remuda xeracional nesta disciplina e o posicionamento de Galicia como un referente do fútbol gaélico fóra de Irlanda.

Baixo o nome Galicia A competirán uns futbolistas e coa denominación Galicia B outros. En ambos os dous casos búscase acadar a mellor clasificación posible, pero o enfoque dos equipos B, tanto no caso masculino, coma no feminino, estará máis orientado á formación, primando unha mestura de perfís de deportistas veteráns e outros máis novos que constitúan unha aposta de futuro.

As seleccións galegas partirán de Santiago de Compostela o sábado 11 cara a Dublín, onde farán noite. Xa o domingo, trasladaranse a Waterford e o luns comezarán os Worlds Games 2026. A maior parte da competición disputarase nas instalacións da South East Technological University (SETU Waterford – Carriganore), mentres que as finais celebraranse no histórico Walsh Park, un dos estadios máis emblemáticos dos deportes gaélicos en Irlanda.

Estas son as convocatorias dos equipos masculinos e femininos.

SELECCIÓN MASCULINA GALEGA

GALICIA A

Corpo técnico

  • David de la Torre

Xogadores

  1. Mateo Fernández (Estrela Vermelha)
  2. Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha)
  3. Gábor Pazos (Estrela Vermelha)
  4. Adrián Ambrosio (Keltoi GAC)
  5. Borja González (Keltoi GAC)
  6. Pablo Bermejo (Keltoi GAC)
  7. Víctor Mera (Estrela Vermelha)
  8. Iago Couso (Estrela Vermelha)
  9. Brais García (Keltoi GAC)
  10. Ismael Méndez (Turonia GFG)
  11. Adriano Quiroga (Estrela Vermelha)
  12. Samuel Lagoa (Estrela Vermelha)
  13. Santi Rodríguez (Auriense)
  14. Roi Mira (Estrela Vermelha)
image.jpeg

GALICIA B

Corpo técnico

  • David de la Torre

Xogadores

  1. Quim Fabrés (Keltoi GAC)
  2. Raúl Barreiro (Keltoi GAC)
  3. Diego Rama (Estrela Vermelha)
  4. Lois García (Keltoi GAC)
  5. Pablo Durán (Turonia GFG)
  6. Adrián Rey (Estrela Vermelha)
  7. Martín Giao (
  8. David Dios (Keltoi GAC)
  9. Bruno López (Fillos de Breogán)
  10. Noé Asensio (Turonia GFG)
  11. Julio Docampo (Keltoi GAC)
  12. Ismael Pereira (Keltoi GAC)
  13. Cristian Costas (Turonia GFG)
  14. Alexandre Louzao  (Estrela Vermelha) 
image.jpeg

SELECCIÓN FEMININA GALEGA

GALICIA A

Corpo técnico

  • Pablo da Silva
  • Juan Fernández

Xogadoras

  1. Silvia Álvarez (Turonia GFG)
  2. Loreto Alonso (Grovias)
  3. Ánxela Estévez (Estrela Vermelha)
  4. Vicky Estévez (Auriense)
  5. Iria Labandeira (Auriense)
  6. Eva Lago (Fillas de Breogán)
  7. Sara López (Fillas de Breogán)
  8. Laura Nercellas (Estrela Vermelha)
  9. Vanesa Puente (Fillas de Breogán)
  10. Alba Rodríguez (Auriense)
  11. Emma Rojas (Estrela Vermelha)
  12. Leti Zapata (Fillas de Breogán)
  13. Antonella Larrascq (Turonia GFG)
  14. Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha)
image.jpeg

GALICIA B

Corpo técnico

  • Pablo da Silva
  • Juan Fernández

Xogadoras

  1. Caridad de Santiago (Grovias)
  2. Antía Iglesias (Lavandeiras de San Simón)
  3. Rocío Aldrey (Estrela Vermelha)
  4. Noa Alonso-Macías (Grovias)
  5. Cloe Amor (Auriense)
  6. María Arias (Auriense)
  7. María Estrada (Grovias)
  8. Lucía Fernández (Auriense)
  9. Alex Figueroa (Turonia GFG)
  10. Sara Lomba (Grovias)
  11. Nicolle Lugo (Auriense)
  12. Aldara Montero (Fillas de Breogán)
  13. Uxía Otero (Estrela Vermelha)
  14. Lourdes Rey (Estrela Vermelha)
image.jpeg

Así será o sistema de competición dos World Games

As nosas seleccións competirán na categoría “International”. As dúas Galicia A farano na primeira división, mentres que os combinados Galicia B competirán na segunda división. Os World Games estrutúranse en termos competitivos do seguinte xeito:

Masculino División 1

Consta de dous grupos de 5 equipos. O gañador de cada grupo avanzará directamente a semifináis. O 2º e 3º clasificados xogarán entre eles un partido de cuartos de final polos postos restantes nas semifináis. O 4º e 5º avanzarán ás semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo A. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/masculino

Masculino División 2

Haberá dous grupos de 6 equipos. O gañador de cada grupo avanzará directamente a semifináis. O 2º e 3º clasificados xogarán entre eles un encontro de cuartos de final polos postos restantes nas semifináis. O 4º avanzará ás semifináis Shield. O 5º e 6º xogarán entre eles uns “cuartos de final” polos outros postos das semifináis.

Galicia competirá no grupo A. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/masculino/

Feminino División 1

Os conxuntos participantes repártense en dous grupos, grupo A con 5 equipos e grupo B con 4 equipos. 1º e 2º do grupo A, e 1º do grupo B, avanzan a semifináis. 3º grupo A vs 2º grupo B como cuartos de final. 4º e 5º grupo A e 3º e 4º de grupo B xogarán as semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo B. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/feminino/

Feminino División 2

Nesta categoría haberá dous grupos, grupo A con 4 equipos e grupo B con 5 equipos. 1º e 2º do grupo B, e 1º do grupo A, avanzan a semifináis. 3º grupo B vs 2º grupo A como cuartos de final. 4º e 5º grupo B e 3º e 4º de grupo A xogarán as semifináis Shield.

Galicia competirá no grupo B. Consulta nesta ligazón o calendario e resultados, segundo se vaian producindo: https://gaelicogalego.gal/seleccion/especiais/world-games-2026/feminino/

Un crowdfunding para custear o desprazamento

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) puxo en marcha a iniciativa . Crowdfunding World Games 2026 para recadar cartos que permitiran custear o desprazamento das 64 persoas que integran a delegación galega. Acudir á competición supón un importante desafío económico.

Grazas á colaboración da marca galega Acontravento, a campaña contou con diferentes recompensas relacionadas coa roupa oficial da selección galega de fútbol gaélico.

A resposta da comunidade do gaélico galego a esta proposta foi significativa, chegando a acadarse unha cifra próxima aos 14.000 euros sumando o programa de empresas amigas.

Esta iniciativa busca construír unha ampla rede de colaboración arredor dun proxecto que representa valores como o traballo colectivo, a igualdade, a inclusión, o compromiso co deporte de base e a promoción da lingua e da cultura galega.

Ademais cóntase co apoio de institucións como Turismo de Galicia, Deporte Galego e a Real Federación Galega de Fútbol, así como da firma PuntoGal. Neste desprazamento, a expedición galega fará promoción da provincia da Coruña da man da Deputación.