O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup sub-17 de Fútbol Gaélico

Este sábado 4 de xullo chegou a Galicia a primeira edición da Celtic Cup sub-17, un campionato de recente creación que promete darlle visibilidade ás novas promesas do fútbol gaélico e “seguir impulsando o crecemento deste deporte”, segundo indican desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG). Xove acolle a cita deportiva. Participan equipos de catro territorios, entre deles, Galicia que exerce de anfitroa.

Trátase da primeira competición desta categoría de base en territorio galego

Apenas uns meses atrás, o 14 de marzo, celebrábase a IV Celtic Cup en Santiago de Compostela, considerada xa un torneo internacional de primeiro nivel para a categoría absoluta. A capital galega era o escenario elixido inicialmente para acoller esta competición U17, pero houbo que mudar o plan. O evento terminará por levarse a cabo no municipio lucense de Xove, perto das Rías Altas. Unha alerta por altas temperaturas explica o súbito cambio. Compostela podería chegar aos 38 ºC segundo os datos da AEMET. A nova localización permitirá o xogo, cun clima suavizado pola brisa costeira e con máximas arredor dos 23 ºC grados. 

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) manifestou o seu agradecemento ao concello de Xove e á Unión Deportiva Xove Lago “pola cesión das instalacións e toda a predisposición en acoller o torneo con tan pouca antelación”, a conciencia do desafío loxístico que suporía este troco de última hora.

Esta competición é un paso máis na evolución da base do fútbol gaélico galego de base que se está levando a cabo desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) a través das Gaélico Escolas PuntoGal. Algún dos futbolistas integrantes dos combinados galegos xogou a Copa Galega cadete deste ano e incluso do pasado, polo que a celebración desta Celtic Cup U17 é un paso lóxico na evolución deste traballo a prol do asentamento dunhas categorías inferiores que dean continuidade nas novas xeracións. A través do traballo realizado nas Gaélico Escolas PuntoGal exista unha remuda desta modalidade deportiva en Galicia e incluso pódese aspirar a un incremento de licencias.

Equipos provenientes de Galicia, Francia, Alemaña e Irlanda conforman unha lista de participantes que sirve de referente internacional

Xunto ás Seleccións Galegas, participarán no torneo os combinados de Francia e Alemaña e os tradicionais clubs irlandeses: St Michael’s GAC, Naomh Pádraig GAC, St Sylvester’s, Kilmacud Crokes, Skerries Harps e Na Piarsaigh Doiretrasna. Desta forma, confórmase un campionato con proxección internacional.

O evento consiste en dúas competición separadas. A Celtic Cup U17 xogarase simultaneamente en dous terreos de xogo, un de herba artificial e outro natural.

No torneo masculino participarán un total de nove conxuntos, divididos en tres grupos de tres equipos. Bateranse por saír da fase de grupos e pasar a semifinais, á que só poden chegar dous equipos. Os dous mellores segundos xogarán unha sorte de “repesca”, cuxo gañador sería o 4º semifinalista.

O torneo feminino é similar, reducindo o cadro de conxuntos a un total de seis. Xogarán dous grupos de tres equipos, de entre os que dous equipos alcanzarán a semifinal para terminar decidido a un gañador. Ao seren menos integrantes os presentes na fase de grupos, non se celebrarán máis encontros.

COMPETICIÓN MASCULINA (ver resultados)

GRUPO A

  • Francia
  • Skerries Harps
  • Galicia A

GRUPO B

  • St Sylvester’s A
  • St Michael’s GAC
  • Galicia B

GRUPO C

  • St Sylvester’s B
  • Na Piarsaigh Doiretrasna
  • Alemaña

Campións: St Sylvester’s A

COMPETICIÓN FEMININA (ver resultados)

GRUPO A

  • Kilmacud Crokes
  • Alemaña
  • Galicia A

GRUPO B

  • Naomh Pádraig GAC
  • Galicia B
  • Francia

Campioas: Kilmacud Crokes

Máis información no especial Celtic Cup sub-17 2026.