Un total de 120 futbolistas tomaron parte a pasada fin de semana na Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal na súa edición de 2026, en 2025 foran 100. A competición, organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), tivo lugar no campo do Forte en Boqueixón. Os equipos vencedores acudirán ao Campionato Europeo cadete (coñecido como o Fèile) representando a Galicia. A cita está fixada para o 2 de maio en Maastritch e viaxarán o Estrela Supernova A (para a categoría feminina) e o Lugh (na categoría masculina).
Nesta Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal 2026 houbo representación de clubs das catro provincias galegas. Ano tras ano o número de participantes nas competicións ligadas ao fútbol gaélico medra. Nesta edición deste torneo de base acadouse ademais que houbese unha competición exclusivamente feminina en categoría sub-15, e dúas mixtas. No 2025 disputarase a competición nas categorías sub-15 e sub-12 mixtas, polo que tamén por esa banda a Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal dá un paso máis adiante.
Esta disciplina conta neste momento con 164 fichas federativas de menores de 16 anos, un 30% máis que a tempada pasada. Esta cantidade supón un récord da serie histórica tanto de fichas de menores, coma de fútbol gaélico en xeral (489). Estas cifras dan conta dun aumento da canteira do fútbol gaélico en Galicia que desde a AGFG relacionan coa planificación e traballos feitos desde as Gaélico Escolas PuntoGal.
Os equipos participantes nesta Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal 2026 chegaron de Gaélico Escolas afincadas nas catro provincias galegas. O Forte e O Pino, son da Coruña, o Lugh de Friol (Lugo), O Resío é de Vigo (provincia de Pontevedra) e Os Esquíos chegaron desde Toén, en Ourense). Estes equipos xorden de actividades deportivas das Gaélico Escolas PuntoGal desenvoltas nos seguintes centros de ensino:
- CPI Dr Lopez Suarez (Friol)
- IES Camiño de Santiago (O Pino)
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixon)
- CEIP Virxe do Rocio (Vigo)
- CEIP Seixalvo (Ourense)
- CEIP Saco e Arce (Toén)
Estrela Supernova e Lugh estarán no Fèile de Maastritch
Esta competición copeira, organizadora pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), é un chanzo no ámbito galego de cara a decidir a representación de Galicia no Campionato Europeo cadete de Fútbol Gaélico que se denomina Fèile. A cita será o 2 de maio en Maastritch.
O Estrela Supernova A (conformado con futbolistas da comarca de Compostela) será o representante galego feminino e o conxunto lucense do Lugh de Friol será o representante masculino. Ambos os dous vencedores desta Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal 2026 teñen xa a súa mirada posta na competición continental onde poderán dar conta do seu nivel ante futbolistas de diferentes partes de Europa.
A este novo Fèile os equipos galegos acoden a defender o título de campións de Europa para a nosa comunidade. En 2025 alzara o título en Amsterdam, nunha competición mixta, o combinado Estrela Supernova, composto polo campión da Copa, O Pino (que foi 3o este ano), e reforzado con futbolistas do Forte e do Lugh. Daquela o conxunto galego impúxose nunha competición na que participaron unha ducia de equipos chegados de diferentes puntos de Europa. Ademais da disputa da Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal, houbo unha sesión matinal con rapaces da categoría sub-11 que posteriormente disputaron un partido de exhibición. Xuntáronse para esta actividade futbolistas chegados de Vigo, Toén, Boqueixón e A Coruña.
Clasificacións e resultados – Copa Galega das Gaélico Escolas PuntoGal 2026
CATEGORÍA SUB-13 MIXTA
CLASIFICACIÓN
- O Forte (Boqueixón) 4 puntos
- O Resío (Vigo) 2 puntos
- Os Esquíos (Toén) 0 puntos
RESULTADOS
- Esquíos 2 (0-02) vs O Forte 32 (7-11)
- Forte 13 (2-07) vs O Resío 1 (2-05)
- O Resío 39 (10-09 vs Esquíos 2 (0-02)
- FINAL: O Forte 26 (6-08) vs O Resío 11 (1-08)
CATEGORÍA SUB-15 FEMININA
RESULTADOS
FASE PREVIA
- Estrela Supernova A (comarca de Compostela) 26 (6-08) vs Estrela Supernova B (comarca de Compostela) 3 (0-03)
- Estrela Supernova A (comarca de Compostela) 21 (5-06) vs Lugh 9 (Friol) (2-03)
- Estrela Supernova B 8 (2-02) vs O Resío (Vigo) 17 (4-05)
- 3o – 4o POSTO: Lugh 15 (4-03) vs Estrela Supernova B 6 (1-03)
- FINAL: Estrela Supernova A 30 (8-06) vs O Resío 5 (1-02)
CLASIFICACIÓN
- Estrela Supernova A
- O Resío
- Lugh
- Estrela Supernova B

CATEGORÍA SUB-15 MIXTA
CLASIFICACIÓN POR GRUPOS
- O Forte (Boqueixón) 4 puntos
- O Resío (Vigo) 2 puntos
- Lugh B (Friol) 0 puntos
1 Lugh A (Friol) 4 puntos
2 O Pino (O Pino) 2 puntos
3 Os Esquíos (Toén) 0 puntos
RESULTADOS GRUPO A SUB-15 MIXTA
- Lugh B – Os Esquíos 0 (0-0) vs O Resío 37 (8-13)
- Lugh B – Os Esquíos 6 (0-06) vs O Forte 22 (3-13)
- O Resío 13 (3-04) vs Esquíos 2 (0-02)
RESULTADOS GRUPO B SUB-15 MIXTA
- Lugh A 23 (5-08) vs O Pino 17 (4-05)
- O Pino 26 (6-08) vs Esquíos 7 (1-04)
- Lugh A 26 (7-05) vs Esquíos 2 (0-02)
SEMIFINAIS
- O Forte 16 (3-07) vs O Pino 9 (0-09)
- Lugh A 34 (8-10) vs O Resío 15 (4-03)
FINAL SUB-15 MIXTA
O Forte 10 (2-04) vs Friol A 20 (3-11)
CLASIFICACIÓN FINAL SUB-15 MIXTA
- Lugh A
- O Forte
- O Resío / O Pino
- Lugh B / Os Esquíos





