A IV Celtic Cup de Fútbol Gaélico consolida o seu alcance internacional este sábado en Santiago de Compostela

  • O torneo bate récords de participación con 8 equipos masculinos e 5 femininos de Galicia, Inglaterra, Irlanda e Luxemburgo.
  • A cita servirá como preparación clave para a Selección Galega de cara aos Xogos Mundiais de Waterford (Irlanda) do vindeiro mes de xullo.
  • As finais retransmitiranse en directo a través da plataforma agalega.gal da CRTVG.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) organiza este sábado, 14 de marzo, a IV edición da Celtic Cup. A capital galega volverá ser o epicentro internacional deste deporte, acollendo un torneo que non deixa de medrar e que este ano dá un importante salto de calidade tanto no volume de participantes como no nivel da competición.

O evento adquire nesta ocasión unha especial relevancia, xa que se enmarca dentro da preparación da Selección Galega para a súa cita máis importante do ano: os Xogos Mundiais de Fútbol Gaélico (GAA World Games), que se disputarán en xullo na localidade de Waterford, en Irlanda.

Nesta cuarta edición, a categoría masculina contará con 8 equipos divididos en dous grupos de catro. Os dous mellores de cada grupo avanzarán ás semifinais e á gran final, mentres que os terceiros e cuartos clasificados disputarán a competición de consolación, denominada “Shield”. A fase de grupos masculina xogarase durante a mañá no campo de Conxo (A Merced). Os equipos participantes son: Galicia A, Galicia B, Luxembourg, St. Peters, St Brendans, St Judes e Erin Go Bragh (todos eles de Inglaterra, a excepción de Luxemburgo) e St Pats (Dublín).

Pola súa banda, o cadro feminino estará formado finalmente por 5 conxuntos. Disputarase en formato de liguilla (todos contra todos) nas instalacións de Santa Isabel durante toda a xornada. Como colofón á categoría feminina, celebrarase un partido de exhibición que enfrontará á Selección Galega contra un combinado de xogadoras dos equipos visitantes. As fases finais e decisivas de ambas categorías centralizaranse tamén no campo de Santa Isabel pola tarde.

Retransmisión e autoridades convidadas

As finais do torneo poderán seguirse en directo a través da plataforma dixital da CRTVG, agalega.gal. O horario previsto para os encontros decisivos será ás 17:15 horas para a final feminina e ás 18:15 horas para a masculina.

A proxección da Celtic Cup queda tamén patente coa presenza de autoridades internacionais do deporte. Como convidados especiais asistirán ao evento Stephen Lavery, Head of Games Development & Operations do Provincial Council of Britain GAA, e Sean Hopkins, Chairperson da mesma institución. Á finalización do torneo, xogadores, corpos técnicos e directivos celebrarán unha cea de confraternización no Hotel Oca Puerta del Camino.

Un torneo en constante crecemento

A evolución da Celtic Cup é o reflexo do bo estado de saúde do fútbol gaélico na nosa comunidade. O torneo pasou de ser un modesto encontro na súa primeira edición en Lalín (2023), cun triangular masculino e un partido feminino; a medrar en Ourense (2024) cun triangular feminino e un encontro masculino; ata explotar o ano pasado en Compostela con 6 equipos masculinos e 6 femininos.

A AGFG quere agradecer profundamente o apoio de PuntoGal e Acontravento como patrocinadores clave do fútbol gaélico en Galicia. Así mesmo, estende o seu agradecemento á Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e ao Concello de Santiago de Compostela por toda a indispensable axuda loxística e humana prestada para facer realidade este evento.

LISTA DE FUTBOLISTAS CONVOCADOS/AS COS EQUIPOS DE GALICIA

GALICIA FEMININO A

  • XXX Loreto Alonso Fernandez (Grovias Futebol Gaelico)
  • Silvia Rita Alvarez Alvarez (Turonia GFG)
  • Caridad De Santiago Gomez (Grovias Futebol Gaelico)
  • Victoria Estevez Alvarez (Ourense Gaels)
  • Ánxela María Estévez Salguero (Estrela Vermella)
  • Iria Labandeira Belda (Ourense Gaels)
  • Eva Lago Neira (A Coruña Fillos de Breogán)
  • Antonella Larrascq Alvarez (Turonia GFG)
  • Sara Lopez Pita (A Coruña Fillos de Breogán)
  • Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermella)
  • Laura Nercellas García (Estrela Vermella)
  • Vanesa Puente Gil (A Coruña Fillos de Breogán)
  • Maria Lourdes Rey Cascallar (Estrela Vermella)
  • Emma Rojas Amosa (Estrela Vermella)
  • Leticia Ζapata Μedina (A Coruña Fillos de Breogán)

GALICIA FEMININO B

  • Rocio Aldrey Paz (Estrela Vermella)
  • Olalla Alonso Gómez (Lavandeiras de San Simon)
  • Noa Alonso Macias Iglesias (Grovias Futebol Gaelico)
  • María Arias Vázquez (Ourense Gaels)
  • Maria Victoria Benavides Rodriguez (Ourense Gaels)
  • María Estrada Rodríguez (Grovias Futebol Gaelico)
  • Lucia Fernandez Ferrer (Ourense Gaels)
  • Alexandra Figueroa Vázquez (Turonia GFG)
  • Jenny González Álvarez (A Coruña Fillos de Breogán)
  • Laura Gutierrez Vara (Estrela Vermella)
  • Nicolle Oriana Lugo Toro (Ourense Gaels)
  • Aldara Montero Pardavila (A Coruña Fillos de Breogán)
  • Uxia Otero Fernandez (Estrela Vermella)
  • Iria Quiroga Lopez (A Coruña Fillos de Breogán)
  • María Silveira Loureiro (Estrela Vermella)

GALICIA MASCULINO A

  • Adrián Ambrosio Millos (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Raúl Barreiro Pereira (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Pablo Bermejo García (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Iago Couso Pazo (Estrela Vermella) 
  • Mateo Fernández López (Estrela Vermella) 
  • Brais García Pérez (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Samuel Lagoa Blanco 
  • Pablo Mascareñas Pazos (Estrela Vermella) 
  • Víctor Uxío Mera Rubio (Estrela Vermella) 
  • Ismael Pereira Martínez (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Adriano Quiroga Castiñeira (Estrela Vermella) 
  • Santiago Rodríguez Granja (Ourense Gaels) 
  • Víctor Santos Hernando (A Coruña Fillos de Breogán) 
  • Tomás Teijeiro Meany (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Daniel Vaamonde Espasandín (A Coruña Fillos de Breogán)

GALICIA MASCULINO B

  • Noé Asensio Fábregas (Turonia GFG) 
  • David Chaves Rodríguez (C.D. Galicia Bealo) 
  • Cristian Costas Piñeiro (Turonia GFG) 
  • David Dios Ferro (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Joaquim Fabres Torrens (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Miguel García Fernández (Turonia GFG) 
  • Lois García Rodríguez (Estibadores Fútbol Gaélico – Keltoi Vigo) 
  • Martín Giao García (Estrela Vermella) 
  • Antonio González Méndez (Estrela Vermella) 
  • Bruno López Ferro (A Coruña Fillos de Breogán) 
  • Alexandre Louzao Carreira (Estrela Vermella) 
  • Ismael Méndez Martínez (Turonia GFG) 
  • Rodrigo Mira Miñones (Estrela Vermella) 
  • Anxo Moreno Pena (Club Lugh) 
  • Gabor Pazos Oltai (Estrela Vermella) 
  • Diego Rama Arnaiz (Estrela Vermella) 
  • Adrián Rey Paz (Estrela Vermella)