A selección Galega feminina, subcampioa no 18º Torneo Internacional da Haia de fútbol gaélico

  • Na cuarta participación das Seleccións Galegas no Gaelic Football Invitational Tournament o combinado masculino foi semifinalista, repetindo o resultado do ano pasado.
  • O equipo feminino, que defendía título,  perdeu na final  fronte a Felim Raparees. O masculino caeu en semis antes Clontarf Borus.
  • Este torneo enmárcase na preparación para a Celtic Cup do 14 de marzo en Compostela e para os World Games do vindeiro mes de xullo en Waterford (Irlanda).

As Seleccións Galegas feminina e masculina regresan do 18.º Gaelic Football Invitational Tournament con notables resultados. O combinado feminino, que defendía título, foi subcampioa ante Felim Raparees e o equipo masculino caeu en semifinais ante Clontarf Borus. O cansazo acumulado ao longo de todo o torneo fixo que nos partidos definitivos Galicia caera derrotada, aínda que deu a cara aos seus rivais. 

Esta foi a cuarta edición na que as Seleccións Galegas masculina e a feminina de fútbol gaélico eran convidadas a participar neste torneo internacional da Haia no que o Den Haag de Países Baixos foi o equipo anfitrión.

O combinado feminino foi finalista con estes resultados:

  • Fase de grupos: Galicia 4-04 (16) VS Wanderes 3-01 (10)
  • Fase de grupos: Galicia 3-02 (11) VS Clontarf 1-04 (7)
  • Fase de grupos: Galicia 5-03 (18) VS Stars of Erin 0-01 (1)
  • Semifináis: Galicia (19) VS Dulwich Harps (8)
  • Final: Galicia (8) VS Slieve Felim Raparees (10)

Namentres, o equipo masculino caeu en semifinais acadando estes resultados: 

  • Fase de grupos: Galicia 2-06 (12) VS Glasgow 2-02 (8)
  • Fase de grupos: Galicia 0-01 (1) VS Robert Emmets 0-03 (3)
  • Fase de grupos: Galicia 2-08 (14) VS Clontarf Bulls 2-00 (6)
  • Fase de grupos: Galicia 1-05 (8) VS Den Haag 0-02 (2)
  • Semifináis: Galicia 0-05 (5) VS Clontarf Borus 1-04 (7)

Ademais, este torneo serviu como preparación para a Celtic Cup do 14 de marzo en Compostela e para os World Games do vindeiro mes de xullo en Waterford (Irlanda).

Convocatoria da Selección Galega feminina

Silvia Álvarez (Turonia), Antonella Larrascq (Turonia), Alexandra Fugieroa (Turonia), María Arias (Auriense), Victoria Estévez (Auriense), Antía Botana (Auriense), Noelia Rodríguez (Auriense), Uxía Otero (Estrela Vermelha), Ánxela Estévez (Estrela Vermelha), Emma Rojas (Estrela Vermelha), Aldara Montero (Fillas de Breogán), Leticia Zapata (Fillas de Breogán), Sara López (Fillas de Breogán).

Adestradores: Pablo Da Silva (Estrela Vermelha), Juan Fernández (Turonia)

Convocatoria da Selección Galega masculina

Convocatoria: Mateo Fernández (Estrela Vermleha), Pablo Bermejo (Keltoi), Gábor Pazos (Estrela Vermelha), Iago Couso (Estrela Vermelha), Adriano Quiroga (Estrela Vermelha), Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha), Adrián Rey (Estrela Vermelha), Diego Rama (Estrela Vermelha), Samuel Lagoa (Estrela Vermelha), Pablo Bermejo (Keltoi), Raúl Barreiro (Keltoi), Noé Asensio (Turonia), Cristian Costas (Turonia), Ismael Méndez (Turonia), David Chaves (Lorchos), Bruno López (Fillos de Breogán)

Adestrador: Alexandre Sanmartín (Lugh)