Os Torneos de Nadal .gal do fútbol gaélico galego xuntan a 467 rapaces e rapazas case duplicando a inscrición do 2024

●        Alexandre Sanmartín, director das Gaélico Escolas Punto Gal: “Os torneos de Nadal .gal son xa un evento consolidado dentro do deporte escolar que non para de medrar edición tras edición”.

●        Celebráronse un total de sete torneos que acolleron as localidades de Trazo, Boqueixón, Ourense, Viveiro, Toén, Sarria e Chantada.

●        Nesta cita das Gaélico Escolas Punto Gal participaron 14 centros de ensino doutras tantas localidades e competiuse nas categorías alevín, infantil e cadete.

●        Os partidos celébranse en pavillóns en canchas de fútbol sala en formato 6 contra 6.

Sete concellos de Galicia acolleron este ano 2025 os Torneos de Nadal Punto Gal de fútbol gaélico. Estamos ante un clásico destas datas dentro da programación de actividades das Gaélico Escolas Punto Gal. “Un evento consolidado dentro do deporte escolar que non para de medrar edición tras edición”, como apunta Alexandre Sanmartín, director das Gaélico Escolas Punto Gal. A participación foi preto do dobre do ano anterior. Se en 2024 houbo uns 250 rapazas e rapaces das Gaélico Escolas Punto Gal disputando os Torneos de Nadal, este 2025 contouse con 467 futbolistas.

Nesta cita coa base do fútbol gaélico galego, competiuse nas categorías alevín, infantíl e cadete, sempre en formato mixto. Os partidos tiveron lugar en pavillóns nun terreo de xogo de fútbol sala (40×20) e xogouse en equipos de seis contra seis. En anos previos foran cinco contra cinco.

As datas, centros anfitrións e localizacións dos Torneos de Nadal .gal foron as seguintes:

  • 9 de decembro – CPI Viaño Pequeno (Trazo)
  • 11 de decembro – CPIP Antonio Orza Couto (Boqueixon)
  • 15 de decembro – CEIP Irmans Villar (Ourense)
  • 18 de decembro – María Sarmiento (Viveiro)
  • 18 de decembro – CEIP Saco e Arce (Toén)
  • 19 de decembro – IES Xograr Afonso (Sarria)
  • 19 de decembro – IES Lamas das Quendas (Chantada)

En total participaron 14 centros xuntando 462 futbolistas chegados dos concellos de Viveiro, Xove, Burela, Lugo, Sarria, Friol, O Pino, Boqueixón, Trazo, Urdilde, Ourense, Chantada, Toén e O Porriño:

  1. IES María Sarmiento (Viveiro)
  2. IES Illa de Sarón (Xove)
  3. IES Monte Castelo (Burela)
  4. IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
  5. IES Xograr Afonso (Sarria)
  6. CPI Dr Lopez Suarez (Friol)
  7. IES Camiño de Santiago  (O Pino)
  8. CPI Antonio Orza Couto (Boqueixon)
  9. CPI Viano Pequeno (Trazo)
  10. CPI Pumar (Urdilde)
  11. CEIP Irmans Villar  (Ourense)
  12. IES Lama das Quendas (Chantada)
  13. CEIP Saco e Arce (Toén)
  14. IES Ribeira do Louro (O Porriño)

Alexandre Sanmartín: “Os Torneos de Nadal .gal foron un éxito total”

O director das Gaélico Escolas Punto Gal, Alexandre Sanmartín, valoraba como un “éxito total esta nova edición dos Torneos de Nadal .gal na que batemos o récord de participación contabilizando un total de 467 nenas e nenos e 14 centros participantes”.

Explica Sanmartín que dende as Gaélico Escolas están “tremendamente contentos pola excelente acollida e a gran participación desta edición 2025. Os torneos de Nadal .gal son xa un evento consolidado dentro do deporte escolar que non para de medrar edición tras edición”.

Desde A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) agradecen a todas e todos os xogadores, centros educativos e especialmente aos nosos patrocinadores PuntoGal e Acontravento, a súa achega para facer posible estes cita que medra ano tras ano.