O comité de competición resolve:
- Sancionar a Estrela Gaels por non presentarse no seu partido da liga galega masculina con -1 puntos na clasificación e con Sanción económica correspondente a 50€.
- Sancionar a Estrela Gaels cunha multa de 25 €, por incumprimento da obriga de comunicación da súa non comparecencia a un partido da Liga Galega Masculina polos medios oficiais establecidos (email a competición, whatsapp en grupo de horarios…). Dito importe destinarase á compensación dos gastos derivados da arbitraxe e do alugueiro da instalación deportiva.
- Sancionar con 6€ ao equipo Auriense Masculino por non subir os horarios dos partidos a intranet.
- Sancionar con 6€ ao equipo Auriense Feminino por non subir os horarios dos partidos a intranet.
- Sancionar ao xogador Duran Fernandez, Pablo de Turonia con un partido por acumlación de tarxetas (2 amarelos + 1 negra). Lembramos que as sancións son efectivas dende este instante para os vindeiros partidos de liga (teñen que ser cumpridas en partidos consecutivos) nos cales, xs xogadorxs nomeadxs non poderán estar nos banquetos.




