Semana de descanso nas ligas galegas

A liga galega descanse esta semana debido aos festivos previstos para esta fin de semana.

Ata o de agora, competición feminina estivo igualmente cargada de emoción. Hai dúas semanas, Estrela Vermelha impúxose con autoridade a Lorchas (40-0), Lavandeiras de San Simón estreou o seu marcador gañando a Turonia (7-4) e Auriense venceu con claridade a Ártabras (49-3). Na última xornada, Grovias superou a Turonia (26-19) e Auriense conseguiu unha importante vitoria fronte a Fillas de Breogán (28-26), nun partido que se decidiu nos derradeiros minutos.

A categoría masculina disputou nesta franxa sete encontros entre o 22 e o 30 de novembro. Keltoi afirmouse como un dos grandes dominadores ao impoñerse a Turonia (60-23) e a Lorchos FG (26-12). Estrela Vermelha reaccionou con forza ante Lorchos FG (58-6), mentres que Estrela Gaels venceu a Keltoi Estibadores (36-16). Na última xornada, Turonia recuperouse fronte a Keltoi Estibadores (38-17), Lume de Beltane gañou por un punto a Estrela Gaels (15-14) e Fillos de Breogán superou a Auriense (33-16).

Próximos Encontros
A competición reanudarase a fin de semana do 13 e 14 de decembro, restando dúas xornadas para o remate da primeira fase da liga masculina, cos seguintes enfrontamentos:

Masculina:

  • Auriense vs Estrela Vermelha
  • Fillos de Breogán vs Turonia
  • Keltoi Estibadores vs Lorchos FG
  • Keltoi vs Estrela Gaels

Feminina:

  • Auriense vs Estrela Vermelha
  • Ártabras vs Turonia
  • Grovias vs Fillas de Breogán