O cómite resolve:
- Sancionar con 3€ ao equipo Auriense Masculino por non subir os horarios dos partidos a intranet. Lembrase que a sanción e progresiva en caso de reincidencia.
- Sancionar con 3€ ao equipo Auriense Feminino por non subir os horarios dos partidos a intranet. Lembrase que a sanción e progresiva en caso de reincidencia.
- Sancionar ao xogador FRANCO OUTON, BORJA de Lume de Beltane con un partido por tarxeta vermella directa. Lembramos que as sancións son efectivas dende este instante para os vindeiros partidos de liga (teñen que ser cumpridas en partidos consecutivos) nos cales, xs xogadorxs nomeadxs non poderán estar nos banquetos.
- Sancionar ao xogador BOULLON FANDIÑO, MATEO de Lorchos con un partido por acumlación de tarxetas (3 amarelos). Lembramos que as sancións son efectivas dende este instante para os vindeiros partidos de liga (teñen que ser cumpridas en partidos consecutivos) nos cales, xs xogadorxs nomeadxs non poderán estar nos banquetos.
- Sancionar ao xogador FAQYR, HAMZA de Estibadores Fútbol Gaélico con un partido por acumulación de tarxetas (2 cartóns negros). A sanción terá que ser cumprida no próximo partido de Keltoi Vigo, non podendo xogar con Estibadores no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.
O criterio de competición para as sancións nos casos de xogador@s con posibilidade de simultáneo no equipo A e B e o seguinte:
- Un xogador con ficha no B xoga un partido co A e recibe unha tarxeta cumprindo con iso o ciclo de puntos, a sanción aplicarase no seguinte partido do equipo A. Non podendo xogar co equipo B, no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.
- Un xogador con ficha no B xoga un partido co B e recibe unha tarxeta cumprindo con iso o ciclo de puntos, a sanción aplicarase no seguinte partido do equipo B. Non podendo xogar co equipo A, no mesmo fin de semana que cumpre a sanción




