Peche do primeiro mes de competición

Esta fin de semana supuxo o peche do primero mes da competicións da tempada 25/26 de fútbol gaélico.

Na quinta xornada da liga masculina, os equipos ofreceron uns encontros de notable nivel competitivo. Turonia impúxose con claridade a Lorchos FG por 31-17 no campo das Gaiandas en Gondomar. Na C.D. Arsenio Iglesias da Coruña, Fillos de Breogán logrou unha ajustada vitoria por 13-7 fronte a Estrela Gaels. Auriense mostrou a súa fortaleza como local na Universidade de Ourense, onde se impuxo a Lume de Beltane por 48-20. Para rematar a xornada, Estrela Vermelha conseguiu unha sólida vitoria por 28-17 contra Keltoi Estibadores no campo do Forte en Boqueixón.

A modalidade feminina estivo marcada por partidos de intenso rivalidade. Turonia conseguiu unha contundente vitoria por 50-1 sobre Lorchas en Gondomar. Auriense superou a Grovias por 37-28 na Universidade de Ourense, nun partido de alto rendemento ofensivo. A xornada pechouse cun verdadeiro choque de titáns na C.D. Arsenio Iglesias, onde Fillas de Breogán se impuxo por un axeitado 15-14 a Estrela Vermelha, nun encontro que se decidiu nos momentos finais.

Próximos Compromisos

Para a seguinte xornada, anunciáronse os seguintes encontros:

Categoría Masculina:

  • Lume de Beltane recibirá a Estrela Vermelha (data e lugar por confirmar)

Categoría Feminina:

  • Fillas de Breogán medirase con Lavandeiras de San Simón no C.D. Arsenio Iglesias da Coruña (8/11, 14:15)
  • Grovias acollerá a Lorchas no Campo de A Sangriña na Guarda (8/11, 16:00)