O pasado 18 de outubro, os equipos galegos de fútbol gaélico protagonizaron unha destacada participación no Campionato Pan-Europeo celebrado en Maastricht, consolidando a presenza de Galicia nos escenarios internacionais deste deporte. A representación estivo encabezada polas seccións masculina e feminina do Estrela Vermelha, así como polo equipo feminino do Auriense, que competiron nas categorías senior e intermediate respectivamente.
O conxunto feminino do Auriense realizou unha notable traxectoria na categoría intermediate, culminando a súa participación coa conquista do título europeo. O transcurrir do torneo estivo marcado por un xogo sólido e consistente, contando os seus partidos por victorias, superando ás locáis de Maastritch, Nantes, Clermont, e Eindhoven por partida dobre (na fase de grupos e na final). Esta vitoria supón un fito histórico para o club ourensán e para o conxunto do fútbol gaélico galego, seguindo a estela marcada polas coruñesas Fillas de Breogán, vixentes campioas da categoría dende o ano pasado.
Pola súa parte, o equipo feminino senior do Estrela Vermelha enfrontouse a unha competencia de alto nivel, realizando unha digna representación contra clubs consolidados a nivel europeo. Con victorias fronte a París e Luxemburgo, caeu ante Varsovia (grupos) e Bruselas (semifináis), as grandes favoritas e finalistas do campionato. Con esta participación, as composteláns repiten o terceiro posto europeo acadado o anos pasado.
Na categoría masculina senior, o Estrela Vermelha competiu nun grupo de grande exigencia técnica, medíndose con equipos de recoñecido prestixio internacional, como Nantes, Luxemburgo, Valencia e Bruselas. A súa participación permitiu acumular unha experiencia valiosa que contribuirá ao desenvolvemento futuro do equipo.
En conxunto, a participación galega en Maastricht non só permitiu aos equipos galegos acumular experiencia internacional, senón que tamén contribuíu a fortalecer os lazos coa comunidade gaélica europea, abrindo novas vías de colaboración e intercambio que seguramente repercutirán positivamente no desenvolvemento futuro deste deporte en Galicia.
Resultados campionato europeo Maastritch 2025
Feminino (Senior)
- Grupos: Estrela Vermelha 0-00 (0) / Warsaw 3-03 (12)
- Grupos: Estrela Vermelha 5-05 (20) / Paris 4-03 (15)
- Grupos: Estrela Vermelha 5-06 (21) / Luxembourg 1-05 (8)
- Semifinal: Estrela Vermelha 0-03 (3) / Brussels 3-06 (15)
Feminino (Intermediate)
- Grupos: Auriense 2-04 (10) / Maastritch 0-02 (2)
- Grupos: Auriense 3-01 (10) / Nantes 0-02 (2)
- Grupos: Auriense 3-05 (14) / Eindhoven 3-03 (12)
- Semifinal: Auriense 3-04 (13) / Clermont 0-03 (6)
- Final: Auriense 2-04 (10) / Eindhoven 1-02 (5)
Masculino (Senior)
- Grupos: Estrela Vermelha 0-03 (3) / Nantes 3-09 (18)
- Grupos: Estrela Vermelha 1-03 (6) / Luxembourg 1-05 (8)
- Grupos: Estrela Vermelha 0-03 (3) / Valencia 3-05 (14)
- Semifinal Shield: Estrela Vermelha 0-02 (2) / Brussels 1-06 (9)
A vida continúa en Galicia
Na terceira xornada da liga masculina (na que xogaban equipos non participantes no campionato europeo), Keltoi e Keltoi Estibadores celebraron a súa particular festa cun derbi na que un sólido dominio dos primeiros serviou para importse por un 64-21, nun encontro disputado no campo de ETEA en Vigo. Tras o partido, que tamén serviu de homenaxe para Daniel (xogador do clube falecido por cancro de páncreas), os membros do clube celebraron do undécimo aniversario do clube. Pola súa banda, o domingo no campo de A Reiboa en Poio, Lorchos FG conseguiu unha importante vitoria fronte a Lume de Beltane por 14-10, nun partido caracterizado pola súa intensidade defensiva.
Tamén foi unha xornada de celebración na Coruña. Fillos de Breogán celebraba os seus 15 anos coa Copa McEvoy, desputada na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, e que continuou coa celebración polas rúas da cidade.


Vindeira xornada
Categoría Feminina
Esta fin de semana traerá máis actividade de fútbol gaélico, na que curiosamente actuarań como locatarios todos os clubes da provincia da Coruña:
- Categoría Masculina
- Fillos de Breogán recibirá a Lume de Beltane no C.D. Arsenio Iglesias da Coruña (25/10, 18:15).
- Lorchos FG xogará contra Auriense no campo de Vista Alegre en Boiro (26/10, 16:10).
- Estrela Gaels enfrontarase a Estrela Vermelha no campo de Chaián en Trazo (26/10, 17:30).
- Categoría Feminina
- Ártabras medirase con Grovias no C.D. Arsenio Iglesias da Coruña (25/10, 16:45).
- Lorchas recibirá a Auriense no campo de Vista Alegre en Boiro (26/10, 17:30).
A competición mantén o seu pulso con estes encontros que, sen dúbida, contribuírán a definir as posicións na clasificación en ambas categorías.




