Reporte de sancións e outras consideracións (1ª División Masculina e feminina) 18 outubro – 19 de outubro 2025

  • Advertir con sanción económica progresiva aos clubs Lavandeiras de San Simón e Auriense por non subir os horarios dos partidos a intranet. Este feito vense repetindo, no caso dos clubs citados, de forma continuada toda a tempada pasada. Lembramos que é unha obriga dos clubs locatarios facelo en tempo e forma.

  • O comité de competición tamén quere chamar a atención en xeral aos clubs, da necesidade de ter umpires nos partidos e de ter preparados os paus e os conos a hora do partido evitando atrasos no inicio dos mesmos.