· A competición comeza esta fin de semana, a partir do 4 de outubro.
· A Liga masculina conta con nove equipos e a feminina con oito.
A tempada 2025-26 de Liga Galega de fútbol gaélico comeza a vindeira fin de semana (desde o sábado 4 de outubro) tanto na competición feminina como na masculina.
Aumenta o número de equipos na competición feminina e mantense na masculina. No caso de Compostela e Vigo, os clubs chegan a ter incluso filiais na competición masculina (Estrela Gaels e Keltoi Estibadores) e no caso de Coruña acontece o mesmo na feminina co Ártabras, o cal dá conta do aumento de futbolistas que optan polo gaélico.
A Liga galega de fútbol gáelico masculina conta coa participación dose seguintes nove equipos:
1. Auriense – Ourense
2. Estrela Vermelha – Compostela
3. Estrela Gaels (filial Estrela Vermelha) – Compostela
4. Fillos de Breogán – A Coruña
5. Keltoi – Vigo
6. Keltoi Estibadores (filial Keltoi) – Vigo
7. Lorchos – Boiro
8. Lume de Beltane – Poio
9. Turonia – Gondomar
Repiten os mesmos nove equipos que competiron o curso anterior.
No caso da competición feminina os conxuntos participantes na competición ligueira son neste curso 2025-26 son dous máis sendo a relación a seguinte:
1. Auriense – Ourense
2. Estrela Vermelha – Compostela
3. Fillas de Breogán – A Coruña
4. Ártabras (filial Fillas de Breogán) – A Coruña
5. Grovias – A Guarda
6. Lavandeiras de San Simón – Vigo
7. Lorchas – Boiro
8. Turonia – Gondomar
Súmanse dous equipos con respecto á tempada 2024-25: o filial do Fillas de Breogán e o Lorchas que participara xa na Copa en Ribeira o pasado curso pero que se estrea na competición de Liga.
O sistema de competición na Liga Galega de fútbol mantén o formato do curso 2024-25. No caso da Liga galega feminina de fútbol gálico dispútase todos contra todos con ida e volta estándar.
A liga masculina terá dúas fases
O sistema de competición na Liga Galega de fútbol gaélico masculina contará con 2 roldas:
· 1.ª Rolda: Todos contra todos a 1 volta.
· 2.º Rolda: 2 grupos con ida e volta.
Unha vez finalizada a primeira rolda da competición confórmanse 2 grupos. Os catro mellores forman un grupo que aspira ao título de Liga 2025-26. Os outros cinco loitarán polo título shield. Nesa etapa da competición xa se compite nunha liga regular de todos contra todos a dobre volta. Dunha rolda á seguinte non se arrastran puntos. Todos os equipos parten coas mesmas opcións. A primeira fase é, polo tanto, un clasificatorio para a segunda.
A clasificación na primeira rolda será a que marque a participación nas finais Ibéricas de maio, unha competición na que poderán participar os dous mellores equipos nese momento.
Unicamente a provincia de Lugo carece neste momento de representantes la liga. Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) confían en que o traballo que se está a realizar coas Gaélico Escolas tamén nesta provincia dea froitos en forma de equipos que se vaian sumando segundo a rapazada vaia medrando. Nesta liña de traballo, valórase que o Lugh, que non ten sección senior aínda, si poida competir en torneos puntuais cos seus cadetes, como xa fixeron na Copa en Ribeira.

Calendarios de competición
Os calendarios definitivos da liga galega feminina e masculina xa están publicados na web da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG). Están accesibles nas seguintes ligazóns:
· https://gaelicogalego.gal/competicions/2025-26/liga-feminina
· https://gaelicogalego.gal/competicions/2025-26/liga-masculina
A primeira xornada da Liga de fútbol gaélico terá os seguintes enfrontamentos horarios e ubicacións:
Masculina
• Keltoi vs Auriense – Sábado 10:30 – ETEA (Vigo)
• Keltoi Estibadores vs Lume de Beltane – Sábado 12:15 – ETEA (Vigo)
• Lorchos vs Fillos de Breogán – Domingo 16:10 – Vista Alegre (Boiro)
• Estrela Vermelha vs Turonia – Domingo 19:00 – Chaián (Trazo)
Feminina
• Estrela Vermelha vs Turonia – Sábado 9:30 – O Forte (Boqueixón)
• Grovias vs Lavandeiras – Sábado 13:00 – A Sangriña (A Guarda)
• Lorchas vs Fillas de Breogán – Domingo 17:30 – Vista Alegre (Boiro)




