As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games

As seleccións galegas marchan xogar a Irlanda da man da A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) coa finalidade de levar a cabo unha concentración de preparación de cara aos Worlds Games de 2026.

Durante tres días os equipos de Galicia masculino e feminino de fútbol gaélico xogarán en terras irlandesas medindo forzas contra conxuntos como como o St Brigids, o St. Pats Donabate, o St Sylvesters e mailo Kilmacud Crokes. Esta serie de encontros, seis en total, son o ‘Camiño Celta’ dos combinados galegos para preparar os Worlds Games 2026.

Os seleccionadores galegos masculinos, Alexandre Sanmartín e David de la Torre, citaron a 23 futbolistas que pertencen a nove clubs: Estrela Vermelha, Turonia, Lorchos, St. Peregrine’s, O Pino, Fillos de Breogán, Keltoi, O Forte Boqueixón e Paris Gaels. Todos eles defenderán a elástica de Galicia GAA. Entre deles está Samuel Lagoa, futbolista de Cee que agora xoga en Irlanda no St. Peregrine’s. Na súa etapa practicando o fútbol gaélico en Galicia militou no Estrela Vermelha.

O mesmo número de xogadoras (23) foron as que citaron na súa convocatoria os seleccionadores da Selección Galega feminina, Pablo da Silva e Juan Luis Fernández. As futbolistas do conxunto do Galicia LFGA chegan de sete clubs. Neste caso do Auriense, Estrela Vermelha, Lavandeiras, Turonia, Grovias, Fillas de Breogán e Kilmacud Crokes. Tamén na convocatoria feminina hai unha deportista que reside agora en Irlanda e que milita no Kilmacud Crokes. Trátase da pontevedresa Carmen Reboreda que en Galicia xogou no Pontevedra, no Keltoi e no Independiente.

É tamén significativa a presenza nesta convocatoria de catro rapaces de 15 anos que xogaron o Europeo (Fèile) e que militan no Pino (Martín Giao) e no O Forte Boqueixón (Simón Rouco, Iker Rodríguez e Daniel Cereijo, este último o nomeado MVP do Fèile). Tamén no equipo feminino están Uxía Otero e Emma Rojas futbolistas de categorías inferiores, pero que xa compiten co primeiro equipo no club Estrella Vermelha. Estas incorporacións ás seleccións galegas de deportistas da base dan conta, unha vez máis, de que o traballo feito coa canteira a través das Gaélico Escolas PuntoGal dá froitos e permite contar con remuda xeracional no fútbol gaélico galego.

Os horarios dos partidos que xogarán as seleccións galegas son os seguintes (hora irlandesa):

Xoves 17 de xullo

  • 19.30 horas Galicia GAA vs St Brigids
  • 19.30 horas Galicia LFGA vs St Brigids

Venres 18 de xullo

  • 19.00 horas Galicia GAA vs St. Pats Donabate
  • 19.00 horas Galicia LFGA vs St. Pats Donabate

Sábado 19 de xullo

  • 13.00 horas Galicia GAA vs St Sylvesters
  • 15.00 horas Galicia LFGA vs Kilmacud Crokes

Convocataria Selección Galega Masculina

  1. Mateo Fernandez – Estrela Vermelha
  2. Gabor Pazos – Estrela Vermelha
  3. Noé Asensio – Turonia
  4. Adrián Rey – Estrela Vermelha
  5. David Chaves – Lorchos
  6. Daniel García – Paris Gaels
  7. Miguel García – Turonia
  8. Pablo Bermejo – Keltoi
  9. Víctor Santos – Fillos de Breogán
  10. Iker Rodríguez – O Forte Boqueixón
  11. Ismael Méndez – Turonia
  12. Santiago Rodríguez – Keltoi
  13. Simón Rouco – O Forte Boqueixon
  14. Adriano Quiroga – Estrela Vermelha
  15. Brais Garcia – Keltoi
  16. Pablo Mascareñas – Estrela Vermelha
  17. Daniel Cereijo – O Forte Boqueixón
  18. Adrián Ambrosio – Keltoi
  19. Iago Couso – Estrela Vermelha
  20. Daniel Santalla – Fillos de Breogán
  21. Martín Giao – O Pino
  22. Rodrigo Mira – Estrela Vermelha
  23. Samuel Lagoa – St. Peregrine’s

Adestradores

  • Alexandre Sanmartín – Lugh CAG
  • David de La Torre – Estrela

Convocataria Selección Galega Feminina

  1. Alba  Rodríguez Fernández – Auriense
  2. Victoria  Estevez Álvarez – Auriense
  3. Laura – Nercellas García – Estrela Vermelha
  4. María Lourdes – Rey Cascallar – Estrela Vermelha
  5. Antía Iglesias Iglesias – Lavandeiras
  6. Tamara Mulaosmanovic – Estrela Vermelha
  7. Silvia Rita Álvarez Álvarez – Turonia
  8. Laura Gutiérrez Vara – Estrela Vermelha
  9. Loreto Alonso Fernández – Grovias
  10. Vanesa Puente Gil – Fillas de Breogán
  11. Leticia  Zapata Medina – Fillas de Breogán
  12. Emma  Rojas Amosa – Estrela Vermelha
  13. María Silveira Loureiro – Estrela Vermelha
  14. Iria Quiroga López – Fillas de Breogán
  15. Aldara Montero Pardavila – Fillas de Breogán
  16. Alexandra Figueroa Vázquez – Turonia
  17. Antonella Larrascaq Alvarez – Turonia
  18. Uxía Otero Fernández – Estrela Vermelha
  19. Sara López Pita – Fillas de Breogán
  20. Iria Labandeira Belda – Auriense
  21. Ánxela María Estévez Salguero – Estrela Vermelha
  22. Jenny González Álvarez – Fillas de Breogán
  23. Carme Reboreda – Kilmacud Crokes

Adestradores

  • Pablo da Silva – Estrela Vermelha
  • Juan Luis Fernández – Turonia