Xornada decisiva na Liga masculina sénior. A pasada xornada, antepenúltima da Liga 2024-25, arrincou xun Keltoi que amosou o seu potencial ofensivo cunha contundente vitoria por 53-14 sobre Turonia na ETEA en Vigo.
Os partidos da fase final Shield concentráronse o domingo. Estrela Gaels non deu opción na súa visita a Montecastelo en Vigo, impoñéndose por 48-3 a un mermado Keltoi Estibadores que priorizou o partido do Keltoi. Paralelamente, no campo de Valiño en Boiro, Lorchos FG superou a Auriense nun partido igualado que finalizou 41-35.
Tres xornadas decisivas
A penúltima xornada da fase final Sénior antóllase crucial para o devenir do título de Liga, xa que os vigueses reciben ao seu rival directo polo título: Fillos de Breogán. Unha victoria local daría ao clube o seu primeiro título de Liga. De gañar os coruñeses, pasarían a depender de sí mesmos para acadar o que sería o seu sexto título, enfrontándose na última xornada ao Estrela Vermelha, descolgado desta carreira e que esta xornada recibe ao Turonia Gondomar.
Á fase final Shield, que consta de 5 equipor por contra dos 4 da sénior, aínda lle restan tres xornadas para concluír. Na próxima parada, Lume de Beltane recibe a Keltoi Estibadores mentres que os Gaels fan o propio cos Lorchos.
Próximos Encontros
Horarios e localizacións exactas por confirmar, podes consultalos na seguinte páxina.
- Lume de Beltane VS Keltoi Estibadores
- Keltoi VS Fillos de Breogán
- Estrela Vermelha VS Turonia
- Estrela Gaels VS Lorchos FG
