- Sancionar con 1 partido de sanción a PATRICK SAVAGE de Galicia Bealo Lorchos por cartón vermello directo, por insultos ao colexiado. Advertimos ao xogador de que este comportamento non se pode repetir no futuro e avisamos que as futuras sancións serán de maior contía.
- Sancionar con 1 partido de sanción a LORENZO OTERO, LUIS ARMANDO de Estrela Vermelha por acumulación de 3 cartóns amarelos. A sanción terá que ser cumprida no próximo partido de Estrela Vermelha, non podendo xogar con Estrela Gaels no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.
Aclaración da sanción: O xogador anteriormente citado pode xogar o partido Estibadores – E.Gaels programado para a finde do 24/25 da maio, pero non poderá xogar con Estrela Vermelha nen con E.Gaels na xornada de 31 de maio/1 de xuño.
Criterio de sancións para xogador@s de equipos con posibilidade de simultáneo entre os equipos A e B
O criterio de competición para as sancións nos casos de xogador@s con posibilidade de simultáneo no equipo A e B e o seguinte:
- Un xogador con ficha no B xoga un partido co A e recibe unha tarxeta cumprindo con iso o ciclo de puntos, a sanción aplicarase no seguinte partido do equipo A. Non podendo xogar co equipo B, no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.
- Un xogador con ficha no B xoga un partido co B e recibe unha tarxeta cumprindo con iso o ciclo de puntos, a sanción aplicarase no seguinte partido do equipo B. Non podendo xogar co equipo A, no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.