O Auriense feminino e o Keltoi masculino, vencedores da Copa Galega de fútbol gaélico disputada en Ribeira

Con preto de 300 futbolistas, esta cita foi a máis concorrida desde a COVID

Preto de 300 futbolistas de 20 equipos repartidos en tres categorías participaron na Copa Galega de fútbol gaélico organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG). O triunfo foi para o Keltoi na categoría senior masculina e para o Auriense na categoría senior feminina.

A competición celebrouse o sábado 26 de abril no Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira do Concello de Ribeira. Empregáronse terreos de xogo de herba natural e artificial. A Copa de Galicia de fútbol gaélico foi transmitida pola TVG.

O Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira acolleu a competición na que tomaron parte 20 equipos divididos en tres categorías

O número de equipos (20) e de futbolistas (case 300) fai que esta Copa de Galicia 2025 sexa a de maior participación desde a pandemia de COVID. Cómpre salientar o feito de que a base do fútbol gaélico na nosa terra vén pisando forte. Dous dos equipos participantes, o Supernova e o Lugh, estaban conformados exclusivamente por futbolistas de idade cadete. Este dato apunta, unha vez máis, a un crecemento en cantidade e calidade das categorías de base desta disciplina en Galicia. É importante subliñar que estes deportistas cadetes saen do proxecto Gaélico Escolas PuntoGal.

Na categoría senior feminina participaron sete equipos: Estrela Vermelha, Grovias, Fillas de Breogán, Turonia, Auriense, Lavandeiras de San Simón e Lorchas. Resultando gañadoras as futbolistas do Auriense.

Na categoría senior masculina tomaron parte dez clubs: Fillos de Breogán, Estrela Gaels, Keltoi Estibadores, Estrela Vermelha, Auriense, Lume de Beltane, Keltoi, Turonia, Lorchos FG e Estrela Supernova. O triunfo foi para o Keltoi.

Na categoría Intermediate competiron tres equipos: San Simón, Ártabras e Lugh. O San Simón foi o club gañador.

Á fase de consolación feminina, Shield, accederon catro clubs: Lorchas, Fillas de Breogán, Lugh e Lavandeiras. A vitoria foi para as Fillas de Breogán.

Na fase de consolación masculina, Shield, competiron catro equipos: Keltoi Estibadores, Lorchos, Lume de Beltane e Estrela Supernova. Os Lorchos foron os gañadores.

Dous dos conxuntos participantes, Supernova e Lugh, estiveron conformados exclusivamente por deportistas de categoría cadete, este dato fala novamente do crecemento e nivel da base do fútbol gaélico en Galicia

Na entrega de trofeos desta Copa de Galicia 2025 de fútbol gaélico estiveron presentes diferentes autoridades como Mar Ferreiro, directora territorial da Consellería de presidencia da Xunta de Galicia, Xabier Vidal, 3.º tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Ribeira, Manuel Lores, vogal de relacións institucionais da RFGF, José Manuel Fernández, vicepresidente na RFGF da zona de Pontevedra, do fútbol veterano e do fútbol gaélico.

Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) agradecen a colaboración do Concello de Ribeira que facilitou instalacións, colaborou co Terceiro Tempo, entre outras cuestións. Tamén á Xunta de Galicia, e ao club Galicia Bealo (matriz dos Lorchos.

Seguinte parada, o Fèile europeo

Proximamente o Supernova, composto por futbolistas do Pino (que gañou a Copa Galega U15), do Boqueixón e do Friol, aos que se sumará algunha futbolista do Lugh, vai acudir en representación de Galicia ao Fèile, o Campionato Europeo U15, que é mixto. O pasado ano esa competición continental celebrouse en Vigo.

Album de fotos

https://compartir.gaelicogalego.gal/?Fotos/Competicions%20oficiais/2024-25/2-Copa%20Galega

Clasificación e resultados

Ver resultados completos Copa Galega 2025.

SENIOR MASCULINO

CLASIFICACIÓN GRUPO A

EquipoPtosXGXEXPDif.
Fillos de Breogán Fillos de Breogán
42 0 014
Estrela Gaels Estrela Gaels
21 0 11
Keltoi Estibadores Keltoi Estibadores
00 0 2-15

CLASIFICACIÓN GRUPO B

EquipoPtosXGXEXPDif.
Estrela Vermelha Estrela Vermelha
42 0 033
Auriense Auriense
21 0 1-12
Lume de Beltane Lume de Beltane
00 0 2-21

CLASIFICACIÓN GRUPO C

EquipoPtosXGXEXPDif.
Keltoi Keltoi
63 0 036
Turonia Turonia
42 0 120
Lorchos FG Lorchos FG
21 0 2-23
Estrela Supernova Estrela Supernova
00 0 3-33

Fase final sénior

Cuartos de final
26/04 15:20
Estrela Gaels
Estrela Gaels
6
1-03
2
0-02
Auriense
Auriense
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
-
Campo
Cuartos de final
26/04 15:40
Turonia
Turonia
8
2-02
7
2-01
Estrela Gaels
Estrela Gaels
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
-
Campo
Semifináis
26/04 16:00
Fillos de Breogán
Fillos de Breogán
6
0-06
10
2-04
Keltoi
Keltoi
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
-
Campo
María Benavides
Semifináis
26/04 16:25
Estrela Vermelha
Estrela Vermelha
18
2-12
3
0-03
Turonia
Turonia
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
-
Campo
María Benavides
Final
26/04 17:45
Keltoi
Keltoi
15
3-06
12
0-12
Estrela Vermelha
Estrela Vermelha
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
Lume de Beltane (M)
Campo
María Benavides

SENIOR FEMININO

CLASIFICACIÓN GRUPO A

EquipoPtosXGXEXPDif.
Estrela Vermelha Estrela Vermelha
31 1 07
Grovias Grovias
31 1 01
Fillas de Breogán Fillas de Breogán
00 0 2-8

CLASIFICACIÓN GRUPO B

EquipoPtosXGXEXPDif.
Turonia Turonia
63 0 034
Auriense Auriense
42 0 140
Lavandeiras de San Simón Lavandeiras de San Simón
21 0 2-24
Lorchas Lorchas
00 0 3-50

Fase final Sénior

Semifináis
26/04 14:30
Estrela Vermelha
Estrela Vermelha
7
1-04
16
3-07
Auriense
Auriense
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
-
Campo
Daniel Conde
Semifináis
26/04 14:55
Turonia
Turonia
7
0-07
3
1-00
Grovias
Grovias
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
-
Campo
Daniel Conde
Final
26/04 17:00
Auriense
Auriense
9
2-03
8
1-05
Turonia
Turonia
Campo
Fieiteira (natural)
Campo
Turonia (M)
Campo
Daniel Conde