Estrela Vermelha, campioas de Liga

O Estrela Vermelha coroouse a pasada fin de semana campioa da Liga Galega de fútbol gaélico, culminando unha tempada de dominio absoluto. Cun pleno de vitorias e un xogo sólido en defensa e ataque, o equipo demostrou unha superioridade constante, converténdose nunha referencia durante toda a tempada. De feito, as estreleiras acadaron na dúas victorias en dous días consecutivos, primeiramente o venres 4 de abril na cidade das Burgas ás súas contendientes principáis, o Auriense, ás que superaron por 39-27, e posteriormente o sábado, xa como campioas matemáticas, ás Lavandeiras de San Simón por 28-5.

Lista completa de resultados que as levaron ao título:

  • Grovias 19-36 Estrela Vermelha
  • Estrela Vermelha 29-13 Fillas de Breogán
  • Estrela Vermelha 39-36 Auriense
  • Lavandeiras de San Simón 9-32 Estrela Vermelha
  • Turonia 29-30 Estrela Vermelha
  • Fillas de Breogán 20-24 Estrela Vermelha
  • Estrela Vermelha 22-15 Grovias
  • Estrela Vermelha 24-4 Turonia
  • Auriense 27-39 Estrela Vermelha
  • Estrela Vermelha 28-5 Lavandeiras de San Simón
Imaxe de arquivo: Estrela Vermelha contra Auriense na Copa Galega celebrada en Boiro

O título masculino está que arde

A competición masculina viviu varios encontros destacados durante a primeira quincena de abril. Keltoi Estibadores iniciou o mes cunha sólida vitoria por 44-22 fronte a Auriense no complexo deportivo ETEA de Vigo o sábado 5 de abril. Ao día seguinte, no campo de O Forte en Boqueixón , Estrela Vermelha superou a Fillos de Breogán nun encontro igualado (32-24). Estrela Gaels, pola súa parte, sumou dous puntos tras a non presentación de Lume de Beltane. Unha semana máis tarde, Estrela Vermelha volveu impoñerse, desta vez fronte a Turonia no Campo das Gaiandas (Gondomar), cun resultado final de 36-24.

Con estes resultados, a liga entra nun pequeno parón. Tras unha semana de descanso pola Semana Santa, o día 26 todos os equipos galegos visitarán Ribeira para disputar a Copa Galega 2025, a segunda organizada polo equipo referencia do Barbanza, o Lorchos.

A liga reanudarase a fin de semana do 3 de maio, estando en ambas fases fináis todo por decidir. Actualmente a clasificación fica así:

Fase final Sénior

  1. Estrela Vermelha (4 ptos)
  2. Fillos de Breogán (3 ptos)
  3. Keltoi (3 ptos)
  4. Turonia (0 ptos)

Fase final Shield

  1. Keltoi Estibadores (6 ptos)
  2. Estrela Gaels (6 ptos)
  3. Lorchos FG (4 ptos)
  4. Auriense (2 ptos)
  5. Lume de Beltane (0 ptos)