Reporte de sancións (1ª División Masculina) 12-13 abril 2025

O comité de competición resolve:

  • Sancionar a Lume de Beltane por non presentarse no seu partido de liga con -1 puntos na clasificación e con Sanción económica correspondente a 50€.
  • Sancionar con 1 partido de sanción a GABOR PAZOS ALTAI de Estrela Vermelha por acumulación de 3 cartóns amarelos. A sanción terá que ser cumprida no próximo partido de Estrela Vermelha, non podendo xogar con Estrela Gaels no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.

Aclaración Importante.

O criterio de competición para as sancións nos casos de xogador@s con posibilidad de simultanear no equipo A e B e o seguinte:

  • Un xogador con ficha no B xoga un partido co A e recibe unha tarxeta cumprindo con iso o ciclo de puntos, a sanción aplicarase no seguinte partido do equipo A. Non podendo xogar co equipo B, no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.
  • Un xogador con ficha no B xoga un partido co B e recibe unha tarxeta cumprindo con iso o ciclo de puntos, a sanción aplicarase no seguinte partido do equipo B. Non podendo xogar co equipo A, no mesmo fin de semana que cumpre a sanción.