A Celtic Cup de Fútbol Gaélico chega a Compostela este sábado 8 de marzo

O torneo alcanza a súa terceira edición na que contará con seis equipos femininos e cinco masculinos

A III Celtic Cup terá lugar en Santiago de Compostela da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) o vindeiro sábado 8 de marzo. Á cita acoden un total de 11 equipos (seis femininos e cinco masculinos) chegados de Irlanda, Inglaterra, Bretaña e, por suposto, Galicia. Está previsto que asista á competición o embaixador de Irlanda.

A primeira edición desta competición de fútbol gaélico celebrouse en Lalín, a segunda foi en Ourense e a quenda neste 2025 é para Compostela. Na última edición desta competición a Selección Galega masculina conquistou o trofeo, mentres que o triunfo feminino foi para o Malahide.

A fase de grupos da III Celtic Cup xogarase de 9:00 a 17:00 horas no campo de Santa Isabel, usando de supletorio o terreo de xogo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Campus Sur, no tramo horario de 9:00 a 12:00 horas. As finais xogaranse ás 17:30 horas a masculina e ás 18:30 horas a feminina.

Con respecto a anteriores edicións aumenta o número de equipos participantes notablemente. En Lalín houbo tres equipos masculinos (xogouse un triangular) e dous femininos (partido único). En Ourense foi ao revés, houbo tres femininos e dous masculinos. Polo tanto o número de conxuntos en competición pasa de cinco a once.

Media ducia de equipos participarán na Celtic Cup feminina. Son os seguintes: Galicia A, Galicia B, Round Towers (Londres), selección de Bretaña, St. Eunans (Donegal) e Kilmacud Crokes (Dublín). A competición xogarase en dous grupos de tres equipos na fase de grupos, avanzando os dous primeiros a semifinais. As gañadoras pasarán á final.

No caso do torneo masculino hai cinco conxuntos competindo: Galicia A, Galicia B, St Brendans (Londres), St Sylvesters (Dublín), selección de Iberia. Neste caso disputarase unha liguilla todos contra todos. Serán os dous primeiros clasificados os que disputarán a final.

A entrega de trofeos e a festa post torneo terán lugar no Restaurante A Nave de Vidán.

Os partidos poderán seguirse a través da canle de YouTube da AGFG e as finais serán transmitidas pola TVG

Esta III Celtic Cup poderá seguirse nos terreos de xogo e tamén desde a casa a través da canle de Youtube da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) www.youtube.com/@gaelicogalego que emitirá toda a competición. Ademais, as finais masculina e feminina transmitiranse pola web da CRTVG www.agalega.gal en directo e pola canle G2 en diferido.

Lista de convocados

GALICIA FEMININO A

  • Alba Rodríguez Fernández (Auriense)
  • Iria Labandeira Belda (Auriense(
  • Ánxela Mª Estévez Salguero (Estrela Vermelha)
  • Emma Rojas Amosa (Estrela Vermelha)
  • Lourdes Rey Cascallar (Estrela Vermelha)
  • Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha)
  • Laura Nercellas (Estrela Vermelha)
  • Eva Lago Neira (Fillas de Breogán)
  • Sara López Pita (Fillas de Breogán)
  • Vanesa Puente (Fillas de Breogán)
  • Leticia Zapata (Fillas de Breogán)
  • Antonella Larrascq Alvarez (Turonia)
  • Silvia Álvarez Álvarez (Turonia)

GALICIA FEMININO B

  • Antía Botana Vazquez (Auriense)
  • María Arias vazquez (Auriense)
  • Nicole Lugo Toro (Auriense)
  • Lucía Fernández Ferrer (Auriense)
  • María Silveira Loureiro (Estrela Vermelha)
  • Laura Gutierrez Vara (Estrela Vermelha)
  • Rocio Aldrey Paz (Estrela Vermelha)
  • Uxía Otero Fernández (Estrela Vermelha)
  • Aldara Montero Pardavila (Fillas de Breogán)
  • Jenny González Alvarez (Fillas de Breogán)
  • Iria Quiroga lopez (Fillas de Breogán)
  • Antía Iglesias Iglesias (Lavandeiras)
  • Alexandra Figueroa Vázquez (Turonia)
  • Lidia Diaz González (Turonia)
  • Loreto Alonso Fernández (Grovias )
  • María Estrada Rodriguez (Grovias)

GALICIA MASCULINO A

  • Mateo Fernández (Estrela Vermelha)
  • Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha)
  • Gábor Pazos (Estrela Vermelha)
  • Bruno López (Fillos de Breogán)
  • Daniel Vaamonde (Fillos de Breogán)
  • Adrián Ambrosio (Keltoi)
  • Ismael Méndez (Turonia Gondomar)
  • Victor Santos (Fillos de Breogán)
  • Iago Couso (Estrela Vermelha)
  • Adriano Quiroga (Estrela Vermelha)
  • Ismael Pereira (Keltoi)
  • Samuel Lagoa (St. Peregrines, Dublín)
  • Víctor Mera (Estrela Vermelha)
  • Julio Docampo (Keltoi)
  • Millán Brea (Auriense)
  • Daniel Conde (Estrela Vermelha)

GALICIA MASCULINO B

  • David de la Torre (Estrela Vermelha)
  • Joaquim Fabres (Auriense)
  • Noé Asensio (Turonia Gondomar)
  • Edgar Cruz (Estrela Vermelha)
  • Iker Calvo (Lorchos)
  • David Chaves (Lorchos)
  • Sintayehu García (Auriense)
  • Tomás Lagoa (Estrela Vermelha)
  • Antonio Lago (Keltoi)
  • Alexandre Louzao (Estrela Vermelha)
  • Iker Nine (Lume de Beltane, Poio)
  • Andrés Novoa (Auriense)
  • Darío Eyre (Auriense)
  • Miguel García (Turonia Gondomar)
  • David Dios (Keltoi)
  • Daniel (escola Boqueixón)
  • Simón (escola Boqueixón)

Éxito galego no Hague International Tournament da Haia

O pasado sábado 1 de marzo as seleccións galegas de fútbol gaélico viaxaron a disputar o xa tradicional Torneo da Haia (Haque International Tournament). O equipo feminino de Galicia arrasou e o masculino quedou ás protas da final.

Estes foron os resultados e as convocatorias dos equipos de Galicia.

Feminino

  • Fase de grupos: Galicia (16) VS Balymun Kickhams (3)
  • Fase de grupos: Galicia (23) VS Den Haag (1)
  • Fase de grupos: Galicia (31) VS Kilconly (12)
  • Fase de grupos: Galicia (31) VS Stars of Erin (0)
  • Semifináis: Galicia (12) VS St Kierans (8)
  • Final: Galicia (29) VS Kilconly (5)

Convocatoria: Laura Guitiérrez, María Silveira, Ánxela Estévez, Carme Reboreda, Alba Rodríguez, Antía Iglesias, Emma Rojas, Alexandra Figueroa, Leticia Zapata, Uxía Otero, Iria Labandeira e María Caseiro.

Masculino

  • Fase de grupos: Galicia (7) VS Law Society of Ireland (2)
  • Fase de grupos: Galicia (11) VS Den Haag B (0)
  • Fase de grupos: Galicia (5) VS Stars of Erin (5)
  • Fase de grupos: Galicia (4) VS Robert Emmets (12)

Convocatoria: Mateo Fernández, David de la Torre, Samuel Lagoa, Gabor Pazos, Iago Couso, Pablo Mascareñas, Adriano Quiroga, David Dios, Víctor Mera, Ismael Méndez, Sintayehu García, David Chaves, Noé Asensio e Andrés Novoa.