Cuarta praza sen definir a falta dun partido adiado
A pasada fin de semana ofreceu novamente partidos que se decidiron no último suspiro, así como algunha que outra sorpresa, concentrandos todos na mañán do sábado.
Na categoría masculina, Keltoi conseguir unha victoria cómoda ao vencer a Lorchos FG cun resultado de 35 a 12 no campo de ETEA en Vigo. Inmediatamente despóis, Keltoi Estibadores deu a campanada logrando ampla vitoria fronte a Auriense cun resultado de 56 a 21 no mesmo escenario. Pola súa parte, Turonia conseguiu unha estreita vitoria fronte a Estrela Gaels cun marcador de 21 a 17 no campo das Gaiandas en Gondomar. Estes resultados provocan que a cuarta praza, a última que da acceso á fase final Sénior, estea aínda no aire cos das Burgas e os do Val Miñor como contendientes.
O vindeiro domingo Lume de Beltane recibirá a Auriense ás 18:00 no campo da Reiboa en Poio. No caso de que os ourensáns gañen, empatarán a puntos do Turonia mais a súa victoria no enfrontamento directo daralles a ansiada cuarta praza. Se pola contra empatan ou perden, serán os turoniáns quenes avancen á fase final Sénior. A maiores deste encontro, o día antes Lorchos FG enfrontarase a Keltoi Estibadores o sábado 22 ás 18:00 no campo de Valiño en Boiro.
Resultados e clasificación masculina
O Estrela Vermelha pretende abrir brecha
Na categoría feminina, o partido entre Turonia e Estrela Vermelha foi moi igualado, coas composteláns impoñéndose por un estreito marxe de 30 a 29 no campo das Gaiandas en Gondomar o pasado sábado. Con esta victoria, encabezan a clasificación a 6 puntos das segundas clasificadas, Auriense, que conta cun partido aprazado pendente de disputa, e con quenes se medirán este domingo ás 17:00 no campo da Universidade en Ourense.
Pola súa parte, o sábado disputaranse dous partidos: Lavandeiras de San Simón enfrontarase a Fillas de Breogán ás 15:00 no campo de Montecastelo A en Vigo, e Grovias medirase con Turonia ás 16:30 no campo de A Sangriña en A Guarda.
Resultados e clasificación feminina
As seleccións galegas seguen preparando os seus compromisos de marzo
No medio da competición doméstica, os xogadores galegos compatibilizan os adestramentos cos seus clubes cos do combinado nacional. Este mércores a selección feminina concentrouse no campo do Forte, en Boqueixón, mentres que a masculina fará o propio na noite do xoves no Manuel Cortizo en Lalín.
Logo da vindeira xornada a Liga Galega terá un parón de dúas semanas por compromisos das seleccións galegas. O sábado 1 de marzo, os combinados viaxarán ata a Haia por terceiro ano consecutivo, mentres que o sábado 8 de marzo celebrarase en Compostela a III Celtic Cup. En ambos torneos os nosos equipos enfrontaranse a conxuntos provintes de Irlanda e varias partes de Europa occidental.
