Xornada repleta de partidos, coa vindeira semana focalizada no torneo interescolar das Gaélico Escolas

Na última xornada da liga galega de fútbol gaélico, celebrada entre o 1 e o 2 de febreiro de 2025, disputáronse varios encontros nas categorías masculina e feminina.

Na categoría masculina, Fillos de Breogán conseguiu unha estreita vitoria fronte a Keltoi cun marcador de 32 a 29 no campo de ETEA en Vigo, que prácticamente lle asegura o primeiro posto preto do peche da primeira volta, clasificándose como cabeza de serie para o Campionato Ibérico. Por outra parte, Turonia impúxose a Lume de Beltane cun resultado de 28 a 21 no campo da Reiboa en Poio. O partido entre Estrela Vermelha e Estrela Gaels, previsto inicialmente para esta fin de semana, xogarase o martes 11 de febreiro para que este pasado domingo os estreleiros recibiran a Auriense, partido aprazado correpondente á xornada 5. Estrela Vermelha demostrou un dominio absoluto ao vencer cun contundente resultado de 74 a 9 no campo de Chaián en Trazo.

Na categoría feminina, Estrela Vermelha continúa na senda da vitoria impóndose a Grovias cun marcador de 36 a 19 no campo da Sangriña na Guarda, partido adiado correspondente á primeira xornada de Liga.

Fin de semana chea de partidos

Para a próxima xornada, programada para os días 8 e 9 de febreiro de 2025, están previstos varios encontros nos que prácticamente todos os equipos da competición xogarán.

Na categoría masculina, Auriense enfrontarase a Turonia o sábado ás 16:30 no campo da Universidade en Ourense. O domingo Keltoi Estibadores recibirá ao Estrela Vermelha ás 10:15 no campo de ETEA en Vigo. Ese mesmo día, Estrela Gaels medirase con Lorchos FG ás 17:00 no campo de Chaián en Trazo, e Lume de Beltane enfrontarase a Fillos de Breogán ás 18:00 no campo de A Reiboa en Poio.

Na categoría feminina, o sábado disputaranse os tres partidos da novena xornada de Liga. Curiosamente, repetirase o enfrontamento entre Estrela Vermelha e Grovias, esta vez ás 14:00 no campo de O Forte en Boqueixón. Auriense enfrontarase a Fillas de Breogán ás 18:00 no campo da Universidade en Ourense, e Turonia medirase con Lavandeiras de San Simón ás 20:00 no Campo das Gaiandas en Gondomar.

Torneo interescolar das Gaélico Escolas PuntoGal

A vindeira semana terá lugar en Vigo o primeiro torneo interescolar de fútbol gaélico da cidade, na que participarán 14 centros educativos. A participación, dividida por días, será da seguinte forma:

  • Martes 11: Cluny A + B, Labor A + B
  • Mércores 12: El Castro, San Miguel, Barreiro e Andersen
  • Xoves 13: Ricardo Mella, Vista Alegre, Alborada e Acacias
  • Venres 14: Santa Cristina, Bouza Brey, Monterrey e Possumus